Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de septiembre de 2014

O GOBERNO GALEGO A ESPERA DUNS ANALISES DO VERTIDO NAS TOUZAS




 O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, destacou esta mañá que o Goberno galego está a espera dunha análise máis exhaustiva, por raios x, que permitan determinar a orixe do vertido rexistrado no mes de agosto na zona do Porto de Tragove, no Concello de Cambados. O director de Augas de Galicia compareceu esta mañá na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo.
As distintas mostras recollidas e analizadas non identificaron a orixe da vertedura, polo que na actualidade estase pendente dunha mostra que se estuda con técnicas máis complexas das habitualmente aplicadas. A previsión é que unha vez recibidos os resultados se poida establecer a causa e procedencia do vertido e, se estes resultados son concluíntes, abrir o expediente sancionador ao responsable do mesmo.
Desde o momento no que se produciu este suceso, Augas de Galicia, Seprona e Confraría estableceron un protocolo de actuación que consistiu na toma de mostra e realización de inmersións para determinar a zona e procedencia da vertedura.
Pola súa banda, Augas de Galicia realizou un inventariado das industrias potencialmente contaminantes da zona, para poder contrastar o resultado das análises coas sustancias que potencialmente poderían emitir estas industrias. Tamén se realizaron comprobacións do funcionamento da depuradora neses días, para descartar outras orixes.
As mostras e analíticas recollidas ata o momento apuntan a que se tratou dun suceso contaminante puntual e acotada nunha zona moi concreta das Touzas de san Alberto en Tragrove.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.