Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de septiembre de 2014

NOVAS ESPERANZADORAS PARA ADIANTAR A CAMPAÑA DA VIEIRA.





Este ano a campaña da vieira podería adiantarse máis dun mes. Na confraría de Cambados recoñecen que aumentaron as vendas deste producto. O stock actual non lles permitiría facer fronte a demanda cara o Nadal. Malia que as primeiras mostras demostran a presenza de toxina amnésica, confían en que a situación mellore en pouco tempo.

A demanda de vieira galega medrou tanto que este ano a confraría de Cambados quere adiantar a campaña máis dun mes. As primeiras análises detectaron a presenza de toxina amnésica, pero en niveis baixos, polo que o sector é optimista.
Ao ser un producto que se comercializa en boa medida conxelado, permítelles ser previsores.

O ano pasado só en decembro vendéronse 200.000 unidades. Agora, non teñen nin a metade almacenado. Hai novas esperanzadoras de poder comezar tamén antes as capturas.


"Os niveis de toxina son bastante esperanzadores para que dentro de pouco tempo poidase extraer a vieira. En previsión do que poida pasar coa toxina na campaña de Nadal, queren ter algo almacenado para responder á demanda", apunta o patrón maior da Confraría de Cambados.

Son uns 40 barcos os que traballan na captura de vieira para este porto de Cambados , que na pasada campaña deu traballo a 178 mariñeiros e outras 40 persoas para o eviscerado e envasado.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.