Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de septiembre de 2014

NOVA MANIFESTACIÓN DOS EMIGRANTES RETORNADOS






A Plataforma de Emigrantes Retornados da Comarca do Salnés continúa coa súa axenda de mobilizacións para reclamar ao Goberno do PP a anulación das sancións impostas pola Axencia Tributaria por non ter declarado as pensións que reciben os emigrantes retornados desde outros países desde o 2008 e para reclamar un cambio lexislativo. Así, este xoves, 2 de outubro, ás 11:00 horas, convocan unha manifestación comarcal, con saída do Concello de Vilagarcía ata diante da delegación da Axencia Tributaria en Vilagarcía de Arousa, a que convidamos e instamos a pelexar con nós aos: afectad@s, familiares, amig@s, veciñ@s e sociedade en xeral, xa que, por desgraza, vemos que o Goberno Español do PP está a meter man en tódalas caixas posíbeis con nocturnidade e alevosía...
A Plat. de Emigrantes Retornados do Salnés quere con esta manifestación trasladar ás seguintes peticións en relación coa posición que está mantendo o Ministerio de Hacienda coa problemática da tributación das nosas pensións percibidas no estranxeiro:
1. Que non imos consentir que se lle dea unha solución simplemente cosmética ao noso contencioso coa Axencia Tributaria por atopármonos nas vésperas dun ano de importantes envites electorais, e que, pola contra adopten medidas eficaces para que a tributación das nosas pensións sexa xusta e igualitaria.
2. Congratulámonos de que por fin saiba quen son os verdadeiros defraudadores, que non somos ás e os pensionistas retornados. Porén iso non é suficiente e polo tanto trasladámoslle as propostas para que no ámbito da reforma fiscal se adopten decisións para resolver de verdade a nosa problemática.
3. As e os emigrantes retornados non renunciaremos ata que se modifique a lei 35/2006 para que as pensións das persoas retornadas tributen igual que a do resto dos galegos:
• Coa elaboración dun informe no que se poña de manifesto como por idénticas cantidades tributan máis que outros pensionistas.
• Que no paquete de modificacións legais se inclúan as modificacións na lei 35/2006 necesarias para garantir un trato igualitario. Concretamente o artigo 96 en relación co 17, de tal forma que se estableza a obriga de declarar a partir de 22.000 euros ano de ingresos e que para os restantes se estableza un réxime de retencións idéntico ao do resto dos e das pensionistas.
• Que tendo en conta que moitos emigrantes retornados para teren dereito á prestación sanitaria teñen que ou pagar no país de orixe un seguro ou establecer un convenio coa seguridade social española (arredor de 90 €/mes) que estas cantidades se poidan incluír como gastos deducibeis no IRPF, igual que xa ocorre cos gastos de seguridade social dos e das traballadoras.
4. Hai cambios que para nós son esenciais na proposta de modificación legal remitida ás Cortes Xerais en relación coas pensións dos e das emigrantes retornadas:
• Modificar o texto remitido ás Cortes no sentido de que en ningún caso a obriga de presentar declaración do IRPF se aplique con carácter retroactivo. Polo tanto que o período de regularización só afecte a partir deste ano.
• Aclaración sobre como se vai realizar a devolución ás persoas que xa foron requiridas e que aboaron sancións e intereses: trámites a realizar. Do mesmo xeito que nos sancionaron e ameazaron con embargos de oficio, tamén de oficio deberán devolvernos os nosos cartos.
5. E finalmente tamén queremos que vexan que existen importantes lagoas na actuación da Axencia Tributaria que poden dar lugar a un trato discriminatorio aos emigrantes retornados e mesmo provocar que se vexan obrigados a tributar sen teren que facelo. Nalgúns casos incorrendo mesmo na dobre imposición que está explicitamente excluída nos convenios internacionais asinados polo Estado español. Nese sentido solicitamos:
• Informar a todas as persoas afectadas e que se indique quen ten obriga de incluír as pensións na declaración tendo en conta: país de procedencia das pensións, as sentenzas existentes, as resolucións do Tribunal Económico Administrativo e os cambios dos últimos anos nos diferentes convenios bilaterais.


• Solicitar información dos países de procedencia das pensións, sobre todo Suíza, para verificar que prestacións xa están sometidas a gravame no país de orixe para evitar a dobre imposición. (Hai persoas que por determinadas cantidades xa tributan no país de orixe malia o cal a AT lles reclama a súa inclusión na declaración).
• Pensións por incapacidade. Recoñecer de oficio o recoñecemento das invalideces realizadas nos países de procedencia coa finalidade de acreditar a exención na tributación de ditas pensión. (Actualmente hai persoas con incapacidade total no país de orixe, que segundo o INSS é equiparábel á absoluta, que están sendo requiridas pola AT para a súa tributación) Os e as emigrantes retornadas non abandonaremos as nosas reivindicacións e mobilizacións até conseguir os obxectivos que consideramos de xustiza.
Por todalas razóns expostas con esta manifestación queren solicitar que na tramitación nas Cortes Xerais do Proxecto de Lei pola que se modifican a lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persóas Físicas, o texto refundido da Lei do Imposto sobre a Renda de Non Residentes, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2004, 5 de marzo, e outras normas tributarias, SE INTRODUZAN AS MODIFICACIÓNS no articulado correspondente á Disposición Adicional Única coa finalidade de incluír medidas concretas QUE RESOLVAN as carencias antes mencionadas.


Agardando que se den as ordes pertinentes ao Ministro de Facenda para que inclúa todas e cada unha das xustas demandas dos emigrantes retornados.
Tampouco deixaremos de sinalar co dedo a aqueles que como Montoro, Rajoy ou Feijóo pretenden só un enxaugue electoralista no canto de resolver o problema da nosa discriminación.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.