Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de septiembre de 2014

LOUZÁN FOMENTA O ABSENTISMO ESCOLAR




A seis días de que a Volta Ciclista a España chegue á provincia de Pontevedra, Rafael Louzán agarda que sexa numeroso o público que, como nos dous anos anteriores, siga a proba en directo ao longo de todo o percorrido.
Por iso, e dado que nesta ocasión a proba ciclista entra en Pontevedra ao día seguinte do inicio do curso nos colexios da provincia, Louzán fixo un chamamento para que, nos máis de 30 concellos polos que pasa o pelotón, "os colexios teñan toda a sensibilidade para que os cativos que estou seguro de que desexarán participar e estar nos puntos de saída e chegada" poidan facelo.
Faltoulle pedir que as empresas dos pais deses cativos tiveran sensibilidade e deixaran que acompañaran tamén aos seus fillos. 
Supoñemos que os traballadores da institución provincial xa contan con ese permiso.
Co que se gasta en "La Vuelta" pagaba o material escolar de todos os nenos da provincia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.