Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de septiembre de 2014

FELIPE E LETIZIA METEN A PATA



FEIJÓO ANDA A PROVOCAR
Invitar aos reis a inaugurar ou aceptar que veñan inaugurar o curso precisamente a un colexio co nome de BEN-CHO-SHEY parece unha provocación do presidente da Xunta.


Os Reis presiden esta mañá en Galicia a inauguración do curso escolar 2014/2015 vano facer no Colexio de Educación Infantil e Primaria Ben-Cho-Shey, na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar. Felipe VI e Letizia estarán acompañados polo presidente da Xunta, polo Delegado do Goberno e polo conselleiro e o ministro de Educación, entre outras autoridades.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ten previsto concentrarse nas inmediacións do centro para denunciar as carencias que ve neste novo curso. Falan de recortes no profesorado e no material dos centros, de ataque ó ensino público en favor do privado ou concertado, e de improvisación na implantación da LOMCE, unha Lei que seguen criticando.


I é que precisamente van a inaugurar un curso 2014-15 o primeiro da Ley Wert, máis confesional, castelanizante e segregacionista nun colexio que leva o nome de Ben-Cho-Shey un home destacado pola defensa do galego, pola defensa do laicismo e da igualdade entre sexos e polo que foi represaliado durante o Franquismo no que algúns dos seus compañeiros e amigos foron mortos por defender eses valores.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.