Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de septiembre de 2014

EMPRESARIOS PELOTAS DAN ROLDA DE PRENSA NA DEPUTACIÓN





O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, recibeu onte a unha delegación, (gañas de inflar datos, so eran dous) do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS), encabezada polo seu presidente, Alejandro Touriño, que destacou os datos "moi satisfatorios" da tempada de verán en Sanxenxo. Desde logo si traballan tambén como actualizada teñen a sua web, non sei como teñen clientes.Touriño suliñou que xullo, cunha ocupación do 66,09%, presentou unha subida do 9% respecto ao mesmo mes do ano anterior e que agosto tivo cifras de ocupación do 82,12%, seis décimas máis que o ano anterior.                                                     Según dixo, os datos mostran a estabilidade do sector e revelan que se consolida unha tendencia á alza tendo en conta a mala climatoloxía habida no mes de agosto.
Todo esto é moi bonito e moi satisfactorio para os empresarios, pero a pregunta é..... non poden dar unha rolda de prensa nun local da asociación ou en calquer lugar "neutral", parece que o éxito de ocupación, que non é tal, fora debido ao traballo da Deputación. Decimos que non é tal o éxito porque os datos de Sanxenxo poden estar ben pero, e o resto da provincia? Acaso a deputación non traballou para eles? Cando se lles cederá un espazo na Deputación aos que non digan que a cousa vai ben?



1 comentario:

Chajo dijo...

porqué seguen empeñandose en falsear os datos, porque non vende decir que foi un desastre de mes ó de xullo e regular ó de Agosto, porque iso non vende claro. Sempre igual, mentireiros por sistema

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.