Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de septiembre de 2014

EDUCACIÓN MANDA UN RECADIÑO A DIRECCIÓN E PROFESORADO DO MAGARIÑOS.




A continuación podedes ver parte do texto dunha nota de prensa da Xunta publicada no dia de hoxe.

"A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a reducir ao mínimo as molestias ocasionadas polas obras de mellora do CEIP Antonio Magariños (Cambados) uns traballos que suman un investimento de máis de 250.000 euros – 200.000 na primeira fase, xa rematada, e algo máis de 50.000 na segunda, que se está a realizar- que dá resposta ás demandas da comunidade educativa. Neste sentido cómpre sinalar que con esta actuación se busca, precisamente, mellorar as instalacións para que o alumnado poida desenvolver as clases de educación física no exterior, algo que levaban tempo sen facer polas reticencias dalgún profesor, malia que o patio cuberto reunía as condicións de seguridade. En calquera caso, cómpre sinalar que o centro dispón dun patio alternativo de máis de 200 metros cadrados – cunha parte cuberta- no que poden desenvolver esta materia".

Inclúen nas obras a facer a ampliación da Biblioteca e a creación do Comedor que vai polo terceiro curso funcionando. Postos a incluir podían engadir todas as obras feitas desde que se inaugurou o colexi hai máis de corenta anos.
 Do que non falan é de que tendo todo un verán para facer a obra agardaron a comezar o curso.
NOTA DE PRENSA DA XUNTA


1 comentario:

Unknown dijo...

Esto só ten un nome PROVOCACIÓN e INDIGNACIÖN,
O Colexio Antonio Magariños Pastoriza é un CEP e non un CEIP. Primeiro deberían correxir ese erro.
Nos somos MESTRES que optamos a unha praza tras unha oposición, non somos polïticos.. A única preocupación dos mestres son SEMPRE os ALUMNOS e a nosa LOITA e a DEFENSA DO ENSINO PÜBLICO.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.