Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de septiembre de 2014

CONATO DE INCENDIO NUN EDIFICIO DO POMBAL




Esta mañán pasadas as 7:30 hrs prodúxose un conato de incendio nun edificio da rúa O Pombal de Cambados máis concretamente no edificio onde se ubica o Bar Camarote.

Ao parecer un veciño xoven e con problemas de saude, levaba toda a noite a molestar ao resto de moradores do edificio e segundo parece, prendeu lume nuns cartóns que deixaran pola noite, no portal do edificio. Un veciño apagou o lume polo que a dotación dos bombeiros que se achegou ao lugar so tivo que coordinar as incidencias. No momento de redactar esta nota o veciño permanecía co volumen da música moi alto e a Policía Local agardando para entrar na vivenda e facer entrar en razón ao xoven. 








1 comentario:

Patricia Villanueva dijo...

Precisións: o incendio produciuse ás 07,00 h. Os cartóns estaban no portal dende onte (ao menos duas caixas de cartón). E cando chegaron os bombeiros o lume xa estaba apagado. Sobre as causas espero que se aclaren pronto, ainda que solo sexa polo mal momento que pasamos os veciños do edificio.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.