Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de agosto de 2014

ÚLTIMAS NOVAS ENTORNO AO PRESUNTO SECUESTRO DE ONTE EN CAMBADOS




Trala publicación onte polo blog "A TI MEU CAMBADOS", e posterior denuncia ante a Benemérita, do veciño que abortou os feitos, polo  presunto secuestro fustrado dunha moza en Cacabelos, Vilariño (Cambados) a Garda Civil púxose enseguida a investigar o suceso.
Unha vez interrogado o veciño de Cambados non supo confirmar o que nun primeiro momento dixera sobre o vehículo que ocupaban os presuntos secuestradores. Nun primeiro momento e como reflexa o blog "A ti meu Cambados" o home confirmara a cor da furgoneta que ocupaban tres homes en concreto gris era a cor segundo a sua testemuña e os derradeiros números da matrícula "005" cousa que ao fin non puido confirmar.
Malia todo a Garda Civil segue coa sua investigación co fin de aclarar o sucedido. 
De todas maneiras e sexa como sexa o remate desta historia toda precaución cos nosos fillos é pouca.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.