Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de agosto de 2014

TERESA PLASENCIA




Un amigo fíxonos chegar esta publicación e nos cumprindo os seus desexos facémola pública.
Teresa de vermello
A principios dos oitenta empezaba os meus estudos de B.U.P. no Instituto Cabanillas de Cambados.Con trece anos abríase ante min outra vida moi diferente a todo o anterior.
As hormona sobre todo moi alteradas ao ver a cantidade de rapazas guapas e menos guapas que por alí había. Maiores que eu moitas delas mulleres xa, por contra do que ata entón topara na E.X.B.. As profesoras moito máis novas que na etapa anterior e sobre todo máis modernas.
A primeira na que me fixei foi en Teresa Plasencia. Desde logo non era a máis guapa das profesoras pero non sei que foi o que me fixo quedar prendado dela. Nunca lle dixen nada. Nin cando estudaba nin despois nas moitas conversas que tiven con ela despois de deixar o Cabanillas. Ese amor platónico diminuía ao chegar a época dos exames. A sua asignatura nunca foi a miña preferida. Pero volvía como as ondas a orilla da praia. Nos dous anos que a tiven coma profesora sempre era igual a admiración tiña oscilacións. Pero moito ou pouco sempre estaba aí.

Hai uns meses escoitei a unha rapaza queixarse do estricta que era, i eu a pesar dos anos pasados comentinlle con firmeza. "Ti faille caso a Teresa i estuda que ben che irá". Nese momento volveu a admiración que o paso do tempo fixera evaporar, pero que me lembrou que aínda, medio adormiñada existía no meu interior.
Estés onde estés que sepas que deixaste pegada nos teus alumnos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.