Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de agosto de 2014

OUTRA DE ENCHUFES NO CONCELLO DE CAMBADOS





Que diferencia hai entre estar empadroado en Cambados ou non a hora de pedir axudas para material escolar ou para que che den un posto de traballo no Concello?.

Dentro da campaña para denunciar o enchufismo no Concello de Cambados temos que facernos esta pregunta.
Porque se contrata a xente que aínda sendo de Cambados leva anos vivindo fora do noso concello, as razóns son o de menos, e pagando os seus impostos nestes concellos de adopción mentras xente de Cambados e que reside en Cambados non ten esa posibilidade. 
Nestes intres duas persoas alomenos residentes fora do noso concello están a traballar en Cambados coa particularidade de que un deles xa foi contratado en varias ocasións e o outro o curriculum que presentou foi aos seus pais montando "un Cristo" no Concello para que a contrataran. Decir que a xente presente nese momento no concello "sinteu vergoña allea" do comportamento destes pais e das palabras que alí se escoitaron.

Por outro lado, decir que aínda que os teus fillos estuden en Cambados e ti sexas do povo pero polos mesmos motivos que os anteriores vivas fora de Cambados, non se beneficiarán das axudas que o Concello, da para material escolar.
Porqué esta discriminación?.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.