Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de agosto de 2014

OS VILAGARCIÁNS EN CONTRA DOS "DESMADRES" DA FESTA DA AUGA




Os veciños e visitantes de Vilagarcía fixeron patente o seu malestar coa imaxe que está a dar a capital arousá nas celebracións da Festa da Auga.
No programa "La Opinión" da Cadena Ser varios veciños diron parte das suas queixas chegando incluso a comparar a Vilagarcía con cidades do Levante español ou das Baleares famosas últimamente polo turismo de sexo e alcohol.
Con todo esto non estamos a comparar a Festa do Albariño, (nin con outras doutros puntos de Galicia) onde non se aportan os datos que si se aportan en Vilagarcía, coa Festa da Auga pois tanto nunha coma noutra prodúcense excesos e situacións parecidas.
So chamamos a reflexión de todos e pensemos si esto é o que queremos para as nosas vilas.

99 positivos por alcoholemia (de 1.767 probas) en apenas 12 horas, 146 asistencias hospitalarias e un acoitelamento. Son as cifras de incidencias que deixou este ano a festa da auga de Vilagarcía. Batéronse récords, en alcoholemias, en atención sanitarias e en lixo recollido: 42 toneladas, 10 máis que o ano pasado. 
FOTO: ALZA LA VOZ CAMBADOS
A esto hai que engadir un acoitalamento, sexo nas ruas a plena luz do dia e xente que se adicou a botar grande globos con auga desde algún edificio de 7 ou 8 plantas  co risco que conleva.
É que no 16 de agosto non só corre auga polas rúas de Vilagarcía.
Ás intervencións en estrada houbo que sumar as incidencias que se rexistraron na noite. A máis grave, o acoitelamento dun mozo de 20 anos na rúa Rosalía de Castro. Ó parecer intentara mediar nunha pelexa e saíu danado. Foi unha ferida superficial. Non corre perigo. 
Tamén se atenderon trece intoxicacións etílicas e mancaduras como cortes e magoaduras. No hospital rexistráronse 146 atencións en urxencias durante o sábado, a meirande parte por patoloxías menores. O resultado de tanta diversión quedou logo plasmado nas rúas. 42 toneladas de lixo recolleu o operativo especial de limpeza na ‘zona cero’ das celebracións. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.