Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de agosto de 2014

ATA SEMPRE TERESA PLASENCIA





Teresa Plasencia falece víctima dunha enfermidade que a barreu en 2 semanas. 
Teresa de vermello nunha cea de profesores
Unha hepatite autoinmune fixo que a profesora do Instituto Ramón Cabanillas deixáranos aos 59 anos e cando alviscaba o descanso laboral tras 30 anos sentándo cátedra nos xóvenes cambadeses. Esixente e, como non decilo "mala" profesora para os malos alumnos, os que suspenden sempre poñíamos excusas para xustificar a nosa pouca cabeza e as nosas poucas ganas de estudar.

Pero a pesares de todo, todos os seus alumnos gardan boas lembranzas de Teresa. 

Chegou a Cambados en plena efervescencia oitenteira, cando os xóvenes máis inquedos abrazaban as doutrinas culturais e musicais do momento. Na época don punk, do rock e do pop.... da contracultura.
Unha época de movidas, a "movida madrileña" a "movida viguesa" e a "movida do Cabanillas". Unha época de grandes recordos e que agora votando a vista atrás votamos en falta. Na época cecáis máis revolucionaria de cantas pasaron por alí.


Esta tarde será incinerada nunha cerimonia estictamente familiar en Ourense, no tanatorio "As Burgas" ata onde onte se desprazaron os seus compañeiros profesores para darlle o último adeus no seu nome e no de centos de alumnos i ex-alumnos de Teresa.


ATA SEMPRE!!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.