Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de agosto de 2014

ADXUDICADAS AS OBRAS DO POMBAL E DO INST. CABANILLAS





A empresa Copcisa será a responsable da execución dos traballos de  mellora de instalacións deportivas en O Pombal, no concello de Cambados. Así o acordou a Xunta de Goberno da Deputación, que adxudicou as obras en 649.729,15 €.
Os traballos afectarán tanto a diversas instalacións do Complexo Deportivo de O Pombal como ao pavillón polideportivo do IES Ramón Cabanillas.
No Pombal as obras afectarán ao campo de fútbol siatuado máis ao sur do complexo, que se dotará de herba artificial de última xeración e dunha grada cuberta, así como de novos accesos. O terreo de xogo marcarase para un campo do fútbol 11 e dous de fútbol 7 e dotarase de diverso equipamento, rede recolle balóns, iluminación, sistema de rego e drenaxe.
En canto á grada aumentará o aforo do campo e, ademais, estenderase a cuberta ata enlazar coa grada existente e renovarase o peche perimetral do campo.
Tamén no Complexo de O Pombal, procederase á substitución do peche perimetral das pistas de tenis.

Pola súa banda, o Pavillón do Ramón Cabanillas dotarase de nova pista deportiva e dunha grada con capacidade para 124 persoas. Ademáis, ampliarase a cuberta do pavillón e construiranse aseos para o público, almacéns de pista e cuarto de instalacións. Tamén se farán melloras nos acabados interiores e na fachada do edificio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.