Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de agosto de 2014

A GARDA CIVIL DE CAMBADOS DETÉN A DOUS HOMES






A Garda Civil detivo en Pontecesures dous homes acusados de abusar e de intentar secuestrar unha nena de dez anos.

Os veciños fixeron fuxir os presuntos agresores ao acudir na súa axuda cando a escoitaron berrar.
A nena estaba cos seus pais e uns amigos da familia na terraza dun bar. Entón foi ao coche aparcado uns centos de metros máis adiante, no centro de Pontecesures na rúa Sagasta.

Durante o traxecto dous homes, un de 54 e outro de 44 anos, abordárona, fixéronlle tocamentos e despois tentaron que os acompañara pola forza.
A menor empezou a berrar e os veciños da zona saíron ás ventás e mesmo baixaron á rúa. 
Isto puxo en fuga os dous presuntos agresores. Un deles véndose perseguido buscou acubillo no cuarto de baño doutro bar onde se pechou porque ao parecer algúns intentaron agredilo. 


Non saíu de alí ata que chegou a Garda Civil que o detivo e o sacou esposado, baixo a atenta mirada de varias ducias de persoas que estaban na rúa e que mesmo o insultaron de camiño ao coche patrulla.
Máis tarde detiveron o outro implicado no caso, que ao parecer fuxiu nunha bicicleta do lugar dos feitos. 
A policía xudicial da Garda Civil de Cambados leva a investigación e detívoos por abuso sexual e detención ilegal en grao de tentativa.
A nena rematou no centro de saúde de Valga, xa que presentaba síntomas de ansiedade.
Os dous homes está detidos á espera de pasar a disposición xudicial no xulgado de Caldas de Reis.



Fonte:TVG

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.