Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de julio de 2014

FÁTIMA ABAL SERÁ A CANDIDATA DOS SOCIALISTAS NAS MUNICIPAIS







O motivo da rolda de prensa foi para informar que onte a Asamblea da Agrupación Socialista de Cambados, composta por todos os militantes do PSOE, acordou (por unanimidade) proclamar candidata a Alcaldía de Cambados cara as próximas eleccións municipais maio de 2015 a Fátima Abal.
Ademáis, a executiva local foi modificada, quedando formada da seguinte maneira:
Secretaria Xeral: Fátima Abal
Secretario de Organización e Administración: Miguel Pérez
Secretaria de Cultura e Educación: Milagros Martínez
Secretario de Política Municipal: José Fontenla
Secretario de Deportes: Dionisio Muñiz
Secretario de Comunicación e N.Tecnoloxías: Ismael Agra
Secretaria de Muller, Igualdade e Servizos Sociais e Movementos Sociais e Formación: Regina Núñez
Secretario de Medioambiente: Alfonso Agra

Nas primeiras palabras como candidata oficial foron para agradecer aos compañeiros e compañeiras a súa confianza.


Lembrou Fátima Abal como accedeu a os cargos que agora ostenta dentro do partido "primeiro como Concelleira, despois como Secretaria Xeral e Voceira no Concello, nunhas circunstancias moi difíciles e tristes para o noso partido, dende aquí gustaríame agradecer o seu traballo a Domigo Tabuyo, e tamen a Rafael Blanco, o noso Rafa, o meu amigo e mestre, e espero que o camiño que hoxe comenzo culmine o seu soño de cambio no noso Concello".

Lembrou tamén que o PSOE ten mais de 130 anos de historia, o partido da igualdade e do Estado do Benestar, o partido dos dereitos laborais e dos dereitos civís, o partido en definitiva que transformou o noso país, e comenzou a facelo dende os concellos.
Tamén admitiu " a responsabilidade de encabezar o proxecto de cambio dun partido xoven e centenario, e como cambadesa sinto unha inmensa honra de ser a primeira muller que vai ser candidata a Alcaldía do noso Concello".


Fátima Abal presenta a sua candidatura "por moitos motivos, creo que Cambados necesita un cambio nas formas de facer política, creo nun Concello mais aberto e transparente", ou os "1.614 motivos, que son os veciños e veciñas que están sufrindo a consecuencia mais dramática da crise, o paro".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.