Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de julio de 2014

EXPLICACIÓNS QUE NON CONVENCEN








Porque non se pode usar un lado desta rúa
Aparecen na prensa as declaracións da Policía Local de Cambados decindo que están a multar aos vehículos mal estacionados porque: "Recibimos queixas de veciños que non podían pasar cos carriños polas aceras e doutros que non podían entrar nin ás súas casas».
 
Non dubidamos da sua palabra, pero parece bastante raro que despois de varios anos de queixas de veciños e da oposición, neste caso o PSOE denunciou a situación da rúa Castelao hai máis de dous anos, se poñan agora se previo aviso a multar sen aviso e con sinais de obra.
Resulta chocante que non pidan os policías que o Concello poña sinais fixas para evitar os malentendidos.
Porque antes non cumprían coa sua labor e multaban aos coches mal estacionados?
Consideramos que eso nunca se debeu permitir e a forza da costume instalouse en veciños e visitantes que agora ven como algo non permitido facer algo que antes si o era.
Outra cousa que podía facer a nosa Policía Local era recomendarlle ao Alcalde que as beirarrúas estivesen a diferente nivel ou delimitada por pivotes onde non os haxa e así evitarían estes problemas. 
Outra solución sería que deixaran un lado da rúa onde poder aparcar. Hai rúas coma a Lugo onde ben se podería dixar un lado e non molestaría a ninguén.
Pero case todo o que se pode facer ten que sair da alcaldía, a Policía Local cumpre co seu deber, con anos de retraso pero cumpre.
Por último recoñecen que existe algo de tensión coa Alcaldía pois estase a negociar a RPT, pero de aí a que vaiamos cargar contra os veciños hai moito», desde logo nestes intres que está a pagar o "bo facer" da Policía Local son veciños, comerciantes e visitantes.
Estes dias tocaralle a zona de Fefiñáns.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.