Os espectadores galegos serán testemuñas
directas de todo canto aconteceu nesta festa, que contou coa presenza
de tres restaurantes cambadeses: Pandemonium, Ribadomar e A Taberna do Trasno, encargados de facer un 'showcooking' ante todos os asistentes que desexen probar os seus pratos coa vieira como protagonista.
Continuando coas propostas gastronómicas
de exaltación deste produto, o equipo de “Sopa de Festa” tamén se
achegará ata o restaurante Yayo Daporta, que conta cunha estrela Michelín para que elabore outra receita deste saboroso manxar da ría.
Doutro lado, un representante da Confraría de pescadores San Antonio de Cambados
explicará polo miúdo como se efectúa a captura da vieira, as mellores
épocas de extración e como se comercializa, tanto en Galicia coma fóra.
Para concluir, no tempo de “Sopa de Festa” tamén haberá oco para
mostrarlles as belezas arquitectónicas e turísticas de Cambados e todo
aderezado coa boa música que require toda celebración.
Fonte:T.V.G.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.