Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de julio de 2014

A GARDA CIVIL DE CAMBADOS IDENTIFICA A UN CÁNTABRO POR PORNOGRAFÍA INFANTIL




Detectáronse preto dun centenar de menores afectados, todos eles en idades comprendidas entre os 10 e 12 anos.
A Garda Civil detivo a pasada semana un mozo, veciño da localidade cántabra de San Vicente de la Barquera, como presunto autor dun delito de pornografía infantil cometido a través da Internet, pola suposta utilización de imaxes de menores con fins pornográficos.

As investigacións iniciáronse o pasado mes de maio cando os pais de varios menores do municipio pontevedrés de Meis denunciaron ante a Garda Civil de Cambados que os seus fillos estaban a ser coaccionados e ameazado a través das rede social Tuenti, por parte dunha suposta moza que lles esixía o envío de imaxes e vídeos con contido sexual relativo aos propios menores, a través da mensaxería de Whatsapp.
O autor destas ameazas identificábase na rede como unha rapaza de quince anos, utilizaba a fotografía dunha nena no seu perfil de Tuenti, primeiramente gañábase a amizade do menor e despois conseguía que lle enviase fotografías e videos realizando prácticas sexuais que, en principio, intercambiaba con outras imaxes similares que lles facía crer que eran dela mesma.
As ameazas sobreviñan inmediatamente. No momento no que os menores pretendían cesar co intercambio de imaxes esta suposta rapaza ameazábaos dicíndolles que sabía onde vivían e quen eran os seus pais.

Durante os dous meses de investigación, que correu a cargo do Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Cambados, todos eles en idades comprendidas entre os 10 e 12 anos, residentes nas comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, Madrid e Valencia.
Finalmente, as pescudas concluíron coa identificación e detención do presunto autor que resultou ser un varón de 24 anos, J.C.G., veciño de San Vicente de la Barquera (Cantabria), que sería detido o pasado día 3 nesta localidade cántabra.

Fonte: Pontevedraviva.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.