Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de mayo de 2014

O ESTRANO CASO DA PRAZA DE FEFIÑÁNS






O alcalde de Cambados dixo no seu dia "que a praza non se pode declarar BIC porque xa o era, de cando o conxunto histórico do pobo merecera esa distinción".

  Agora nos preguntamos: Cantos Bens de Interese Cultural coñece o señor alcalde que sexan unha estrada e aparcamento?.


Está claro que peonalizar a conxunto da praza de Fefiñáns non estivo, está nin estará nos plans deste grupo de governo.
Nembargantes si pásalles pola cabeza facelo con outras rúas, aínda que despois recúen) menos importantes.

Cómo pode defender o Concello de Cambados que a peonalización é bóa para a Praza das Rodas (por exemplo) mentres se opón a que se discuta sequera o mesmo sobre a de Fefiñáns? Porqué o que se impón para unha praza non pode nin falarse para a outra?


Para que gastar 80.000 € nunhas obras que deixan as cousas como están. Que sentido ten ampliar as beirarrúas no tramo entre o arco e a Torre da Homenaxe, se van seguir pasando coches?.

Por outra banda destacar que a pesares de ser Ben de Interese Cultural, non se eliminan os puntos que afean a praza eo seu conxunto. Ese poste da luz cos seus cables dan unha penosa imaxe da praza.

Ou o letreiro que indica o nome do lugar leva anos sen adecentar.


Señores do PP de Cambados se queren mellorar en canto a peonalización, pidan consello como fan moitas cidades europeas ao concello de Pontevedra. Sabemos que non o van facer pero sería recomendable.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.