Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de mayo de 2014

O COLEXIO DE CASTRELO RECIBE UN PREMIO DO PARLAMENTO GALEGO






As estancias do Parlamento de Galicia enchéronse hoxe de... mozos. Si, de nenos e nenas que recibiron da man de Pilar Rojo os premios do concurso escolar.
Participaron colexios de toda a comunidade. Os galardoados na modalidade "Imaxina a pintura" foron os alumnos do Colexio de Castrelo, en Cambados. En "Escribe o teu conto" os gañadores foron rapaces do Instituto Antón Fraguas de Santiago. E o premio
“Exprésate” foi tamén para un centro da capital, o Rosalía de Castro.
Todos eles recibiron unha tablet, un lote de libros e diñeiro para facer unha excursión coa clase.


 Os compoñentes do equipo gañador foron
•  Saray Dadín Casal, Marta Castro Castro, Andrés González Arosa e Brais Wernink Portas.
• Clase: 1º de Primaria.
• Profesora que supervisou o traballo: Dª Natalia Lama González.
• Centro educativo: CEIP DE CASTRELO de Cambados. Pontevedra.
Noraboa a todos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.