Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de mayo de 2014

LISTAS ABERTAS NAS ELECCIÓNS DAS CONFRARÍAS





O vindeiro 28 de xuño 13.000 profesionais da pesca, o marisqueo e os recursos específicos, das 63 confrarías de pescadores de Galicia, están convocados a renovar os órganos de goberno dos pósitos polo sistema de listas abertas.
A xunta xeral de cada cabido pode estar formada por entre 12 e 24 vogais, dependendo do número de membros de cada confraría.
Unha xunta electoral única para toda Galicia velará pola correcta coordinación do proceso electoral, ademais encargarase de resolver todas as consultas e os recursos que se presenten.

Esta xunta electoral estará formada por membros da Consellería de Medio Rural e Mar e das comisións electorais, a razón dunha para cada confraría.
Unha vez que se renoven os órganos reitores das confrarías procederase a reformar as federacións provinciais e constituír a dirección da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

Ao día seguinte das votacións "a comisión electoral proclamará provisionalmente as persoas que formarán parte da xunta xeral e os vogais das xuntas directivas das agrupacións sectoriais".
Unha vez finalizado o prazo de presentación de recursos administrativos, será no primeiro pleno que celebre a sesión constitutiva da xunta xeral cando se inicie o procedemento para elixir o patrón maior, vicepatróns e vogais de cada cabildo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.