Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de mayo de 2014

CHARO PITA NA BEBETECA DE CAMBADOS






Mañán sábado, ás 12 horas do mediodía, o Concello presenta unha nova motivación para gozar coa lectura e mais cos libros. A actividade convértese nunha homenaxe ás nais, na véspera do seu día, e consiste nunha sesión de bebeteca sensorial da man da experimentada contadora de historias Charo Pita. Vaise celebrar na biblioteca Casa dos Fraga, e chega a través do programa Ler Conta Moito da consellería de Educación e Cultura da Xunta.
Palabras, trabalinguas, historias, algún silencio, libros, xogos co corpo, cancións arrolantes, sons sorprendentes, e todo un triquitraque (ou un traquetriqui) para que -na biblioteca- os que dormen no berce tamén poidan gozar coas historias no colo daquelas (e daqueles) que ben os queren.
Dada a singularidade deste contacontos para bebés, recoméndase inscribirse previamente dado que as prazas limítanse, para un mellor desenvolvemento da actividade, a 25-30 bebés de 0 a 3 anos (preferentemente) acompañados dun adulto.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.