Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de mayo de 2014

CALENDARIO DE FESTIVOS DO 2015



O primeiro festivo coincide coa estrea do ano, o día un de xaneiro, xoves. O día de Reis de 2015 cae en martes.

A seguinte oportunidade para librar chega en marzo, coa novidade de que o san Xosé será non lectivo o venres 20, no canto do xoves 19. A Xunta opta por esta data en substitución do 6 de decembro que o ano que vén é domingo. 

 
A Semana Santa coincide na primeira semana de abril. Serán festivos o xoves 2 e o venres día 3.
O primeiro de maio de 2015, o día do traballo, celébrase en venres. E o día Nacional de Galicia, o 25 de xullo, en sábado. Tamén en sábado será festivo o día da Asunción, o 15 de agosto.
Ata o 12 de outubro non volve haber outro asueto laboral, neste caso en luns. O mesmo día da semana ó que se traslada a celebración de Tódolos Santos. O día 1 é domingo e o festivo será o día 2.
E no último mes do ano, decembro, serán festivos o martes día 8, con motivo da Inmaculada e o día de Nadal, o 25, que o ano que vén caerá en venres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.