Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de abril de 2014

LOUZÁN VOLVE A "METER A ZOCA"





Rafael Louzán e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, entregaron esta onte  diferente material para favorecer a accesibilidade ás praias de persoas con mobilidade reducida.  Fixérono na praia da Lanzada e dado o lugar, unha das preguntas que lle fixeron a Louzán foi sobre a polémica que xurdeu a semán pasada pola titularidade da mesma.

O presidente da Deputación no quixo entrar en polémicas, normal ao tratarse de dous concellos governados polo PP. Amosaríase tan neutral de ser a situación de forma diferente, dous concellos governados, un polo PP e outro por outro partido? Eso sí, como é habitual non puido evitar "meter a  zoca". Tras decir que non era o tema polo que se atopaban alí dixo que o importante era que a Lanzada estivese en boas condicións, algo, como asegurou Louzán, compete aos dous concellos e a Deputación. Nun arranque de loucura, supoñemos, dixo: "Os dous concellos deben nestes intres involucrarse na limpeza ao igual que a Deputación para que o aspecto que ten esta mañán sexa o normal", veu a decir Louzán. O que non debe saber é que foron voluntarios os que limparon esta fin de semán, en concreto o sábado o areal.

Cabe destacar sobre a xornada de limpeza do areal compartido por O Grove e Sanxenxo as verba publicadas por Alfredo Bea no seu Facebook: ""Si fuese un buen político diría que fue una gran jornada del medio ambiente y bla, bla, bla. A los que vinieron mil gracias, a los que ayudaron otras mil, y a los que colaboraron, también. Pero eché de menos al sector del mar, hostelería, comunidades de montes, entidades culturales, a los que dicen no al campo de golf, a entidades deportivas y a muchos más; por decir esto nunca seré un buen político, pero estoy para mover conciencias y no para decir a todos que son guapos. Al planeta tierra el ´donde pago cago´ no le vale".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.