Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de abril de 2014

AUMENTAN A PENA POR MATAR A UN CAMBADÉS






O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia aumenta ata os 16 anos de internamento a condena ó mozo sentenzado polo homicidio da parella da súa nai en Cangas en 2011. Aumenta o tempo de internamento, pero exímeo do delicto de asasinato. Por iso resolve que permaneza eses 16 anos ingresado nun centro "axeitado para o seu padecemento", un trastorno da personalidade, e non nun centro psiquiátrico penitenciario, como pedían o fiscal e a acusación particular, que entendían que cometera un asasinato e non un homicidio.

O Alto Tribunal si entende que os feitos son constitutivos dun delicto de asasinato, ó existir aleivosía, pero absólveo do mesmo ó ser "inimputable" polo trastorno que padece. Ademais revoga as penas accesorias de prohibición de comunicarse e achegarse ós fillos da vítima.



Os feitos probaron que o 8 de xaneiro de 2011, cando se encontraba na cociña do domicilio da súa nai, en torno ás 16.15 horas, sen formulación previa debido ao seu estado mental e sen que mediase discusión previa, de forma súbita lle cravou un coitelo no colo en dúas ocasións ao noivo da súa nai. O agredido, Jorge Fernández Silvoso, faleceu como consecuencia de shock hemorráxico por sección da arteria carótida, producíndose a morte entre 2 e 10 minutos tras a agresión.

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenárao a doce anos e medio de internamento médico nun centro axeitado para o seu trastorno. E explicaba que a razón de que non decretase prisión para el era precisamente ese trastorno da personalidade que sofre: un trastorno que "non lle impide comprender o alcance dos feitos", pero polo que "non pode actuar conforme a esa comprensión, porque non pode controlar o xeito no que actúa para expresar as súas emocións, necesidades e impulsos".







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.