Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de marzo de 2014

UNHA CAMBADESA ENTRE OS DETIDOS NAS MARCHAS POLA DIGNIDADE





O mozo de O Carballiño detido o sábado en Madrid no marco da Manifestación das Marchas pola Dignidade fala de "criminalización de manifestantes que exercían o seu dereito e foron tratados como terroristas".

Á súa chegada á estación de tren de Ourense, Emilio Cao explicou que o arrestaron dentro do horario fixado para a manifestación e dixo que entre os prendidos aquel día había outros dous galegos: un de Pontevedra e outra de Cambados.Da que non temos datos, polo de agora. 

O mozo contou que o trato durante as horas que pasou na cela en Comisaría foi "pésimo" e negou calquera relación con grupos radicais ou "independentistas extremistas" como, segundo el, os tildou a Policía.
O representante da plataforma Marchas pola Dignidade do sur de Galicia convocou á prensa este mediodía diante do Parlamento para falar das "mentiras vertidas estes días para aplastar unha mobilización lexítima".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.