Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de marzo de 2014

O PIRAGUISMO CAMBADOS GAÑA COMO LOCAL





En Cambados celebrouse unha espectacular regata da Copa Sipre de kayak de mar. Máis de douscentos palistas afrontaron a proba de doce quilómetros para a categoría sénior e cinco quilómetros para os cadetes e afeccionados en xeral. O Club Piragüismo Cambados, organizador da proba, foi o que se levou o triunfo final. O segundo foi o Club de Mar Ría de Aldán Irmáns Galdón, o terceiro lugar correspondeu ao Náutico de Ribadumia, o cuarto ao Kayak Vigo e o sexto ao Piragüismo Aldán.
O vindeiro sábado continuará o intenso calendario do piragüismo en Galicia. Verducido será o escenario do Campionato Galego de K-2 e C-2 sobre a distancia de cinco mil metros. Á competición acudirán todos os clubs galegos, polo que se espera unha masiva participación.


Foron doce quilómetros sobre un mar en calma, pero que puxo a proba a resistencia dos palistas. En K-1 impúxose Arturo Miguel Martino, do Fao de Portugal. Paulino Otero, do Náutico de Ribadumia, mentres José Ramón Estévez, do Pontecesures, ocupou a terceira posición. Na modalidade de K-2 sénior, os ganadores foron Javier Illanes Rodríguez e Marcos Illanes Rodríguez que pertencen ao Club Piragüismo Viveiro

Na categoría feminina, Areceli Menduiña, do Club de Mar Ría de Aldán Irmáns Gandón, foi a primeira en cruzar a liña de chegada. Sara López e Gloria Silva, do Illa de Arousa, foron as primeiras en K-2.

María Pérez, do Club Piragüismo Aldán, é que lidera a clasificación da mellor palista feminina, mentres José Ramón Estévez, do Náutico de Pontecesures, colocouse primeiro na categoría masculina.

A competición reuniu a máis de douscentos palistas durante toda a mañá do domingo. Foron doce quilómetros, para os 'maiores' e cinco para os cadetes. Realizáronse dúas saídas. Ademais, disputouse a competición de Padel Surf e a de afeccionados. Destacou a presenza do checo Pavulik Matheus e o francés Mathieu Carpentra. Á cita tamén acudiron doutros lugares de España, como de Pamplona.



Na clasificación por clubs foi primeiro no Club Piragüismo Cambados, que tamén era o organizador da proba. En segundo lugar quedou o Ría de Aldán Irmáns Galdón e despois o Náutico de Ribadumia, Kayak Vigo e Piragüismo Aldán. Á cita acudiron representantes de 35 clubs.

A Copa Sipre de kayak de mar consta de varias probas ao longo da tempada. Xa se disputaron as de Noia e Cambados. Quedan por celebrarse as citas en Rianxo, Vilagarcía e Vigo ademais do Campionato Galego en Cabanas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.