Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de marzo de 2014

O B.N.G. PIDE INFORMACIÓN DOS CONTRATOS DE TELEFONÍA DO CONCELLO





Na acta da sesión extraordinaria celebrada pola Xunta de Goberno Local do Concello de Cambados, celebrada o 7 de xaneiro de 2014, dase conta do expediente para a contratación dos Servizos de Telecomunicacións para o concello, que ascenden a un orzamento total de 51.526´64 €; e especifícase que a contratación se realizará por procedemento negociado e sen publicidade, debendo solicitarse orzamentos a tres empresas de conformidade co establecido no artigo 162 da LCSP.

O B.N.G. solicita que o concello responda ás seguintes preguntas;
1.- A que tres empresas de telecomunicación se lles solicitará orzamento para cubrir os requisitos esixidos polo concello?
2.- Concretamente, que servizos de telecomunicación do concello cubrirá dita contratación?
3.- Como o lóxico é que dentro dos servizos de telecomunicación  que deberá cubrir a empresa para o concello, estará a telefonía móbil, queremos coñecer o número actual de móbiles propiedade do concello?
4.- Que persoal ten asignado un móbil propiedade do concello? Existe algún tope de gasto para a utilización de ditos móbiles?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.