Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de febrero de 2014

O CONCELLO DE CAMBADOS NON COIDA O SEU PATRIMONIO




ANTE A SARTA DE TONTERÍAS DE PARTE DO CONCELLO .....MERDA PARA ELES!!!!!

Os temporais das últimas semanas deixaron ao descuberto no illote de San Sadurniño unha muralla da época na que a zona estivo habitada, a finais da Idade Media. E nesa zona, un veciño de San Tomé recuperou a semana pasada restos de cerámica, cunchas e incluso ósos, aínda que todo parece indicar que de orixe animal. O veciño dirixiuse ao Concello de Cambados para informar sobre o achádego.

Coa desculpa da falla de cartos no Concello, non se fai un estudo máis detallado. Pero a Deputación ten un departamento que se adica a os xacementos arqueolóxicos e non botan man del. Os restos poderían proceder con toda a seguridade dos asentamentos de finais da Idade Media que había na zona. Os restos de cerámica componse dunha peza grande cor marrón que podería ser o pescozo e a parte central dunha vasija do século XV ou XVI que seguramente utilizaban os moradores como recipiente para líquidos. En canto ás cunchas, serían restos de moluscos, xa que os habitantes da zona tamén se alimentaban de marisco. O veciño de San Tomé que atopou os restos recolleu tamén ósos. Pero, en principio todo apunta a que serían de animais.

Para outras cousas pídese axuda a Deputación 
O Concello de Cambados mantén a súa idea orixinal de levar a cabo na zona unha actuación branda que permita polo menos conservar o que o temporal deixou á luz e evitar así a súa deterioración. Tan branda que non durou nin tres dias en voltar a saír todo a luz.
Agora mesmo, din dende o Concello que"carece de fondos para unha actuación máis complexa" engadindo "que non ten pensado sacar á luz o muro habitacional de cuxa existencia xa se sabía e que quedou ao descuberto agora cos temporais". Xa se tratou de ocultar no 2011 pero a natureza é máis lista que os que governan Cambados.
Tome exemplo sr. Aragunde da campaña que está a facer o seu homónimo de Vilanova co Castelo do Monte Lobeira.
Artigos relacionados...                
http://cxusto.blogspot.com.es/2014/01/aparece-un-castro-na-torre-de-san.html
http://cxusto.blogspot.com.es/2014/02/a-propositos-dos-restos-aparecidos-na.html
http://cxusto.blogspot.com.es/2014/01/unha-cousa-e-predicar-e-outra-dar-trigo.html
http://cxusto.blogspot.com.es/2014/01/o-concello-volve-atentar-contra.html





2 comentarios:

Alicia dijo...

O Patrimonio no sempre se saca á luz por motivos de conservación. Descubrir os restos da muralla pode facerlle máis dano que ben. Deixala descoberta, por moito que se interveña nela, pode provocar que as inclemencias do tempo acaben por destruila, do mesmo xeito que a destaparon agora. Por outra banda, en canto á cerámica e restos de ósos, para poder facer unha introspección fan falta un proxecto previo, e non só os cartos. Igualmente pode ser mellor esperar para levantar o xacemento, deixalo por agora como está, e actuar cando se teñan os medios necesarios. Se non, quedaremos con un patrimonio mal conservado e acabaremos perdéndoo, como lle vai pasar en breve ó Castro de Vilagarcía, descuberto e agora mal conservado. Espero que a raiz desta noticia a xente non se dedique a ir a Santo Tomé para levar como recordo as pezas que quedaron á vista, moi habitual desde casos. Si se descoñece como actuar, e mellor deixalo estar.

CORES DE CAMBADOS dijo...

O ideal no caso de non querer descubrilo polas razóns que das é que quede ben cuberto para que non aconteza o que está a pasar. Cada pouco queda ao descuberto co deterioro que eso conleva. Eu neste caso son partidario de estudar as fórmulas de que ou ben quede ben tapado ou descuberto e protexido. Pero algo haberá que facer e con sentido e criterio.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.