Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de diciembre de 2013

MOITAS GRAZAS




Moitas grazas polo voso apoio neste segundo ano de CORES DE CAMBADOS. 
Grazas a vos seguimos crecendo, de tal xeito que dobramos o número de visitas respeto a o noso ano de partida, o 2012. 
En poucos dias faremos os dous anos, con tal motivo sacaremos unha nova sección, ou máis ben un artigo por dia a ser posible, pero por agora esto é o que poido decir.
Que o ano 2014 sexa bo para todos bos e para todos os vosos. E que a os governantes lles entre un pouco de sentido, sensibilidade e bo facer nesas cabeciñas tan grandes e cerradas.


30 de diciembre de 2013

MORREU UN DEMÓCRATA?



Despois de escoitar a "bonitas verbas" que Aragunde lle adicou nunha emisora de radio viñéronme a cabeza dous episodios dignos da plena época negra do tardofranquismo.


O exconcelleiro do Partido Popular no Concello de Cambados José Antonio Domínguez Padín faleceu o sábado aos 59 anos de idade a consecuencia dunha enfermidade que padecía. 

No momento de escribir esto todo o mundo parece esquecer que aparte de polo seu traballo como adegueiro e taxista, foi coñecido o seu lado malo de concelleiro.
5 de decembro do 2001  José Antonio Domínguez Padín, conducía o seu coche polo centro de Cambados cando observou que o axente Santiago Otero non levaba a gorra posta. O concelleiro recriminou e ata chegou a insultar ao policía, quen lle advertiu entón de que, si insistía na súa actitude, sería denunciado.
O concelleiro, lonxe de seguir as recomendaciones do policía local, aparcou o seu coche e volveu ao lugar gritando: «Es un impresentable e un payaso, de que me vas a denunciar?». E cando o axente díxolle que non tiña razóns para insultarlle, o edil propinoulle un empujón e lanzou unha bofetada que o axente puido esquivar, aínda que só en parte, xa que impactou no seu pescozo.
Ante esta tesitura, o policía agarrou ao concelleiro dun brazo, púxolle as esposas nunha man e púxoo contra a parede. Pero non conseguiu axustar os grilletes ante a gran resistencia que ofrecía o edil. O cabo da policía local apareceu na escena e separounos.
Policía e concelleiro cruzáronse denuncias. Con todo, no xuízo, as testemuñas propostas polo edil ratificaron a versión do axente. A sentenza condena a José Antonio Domínguez a dúas penas de vinte días de multa cunha cota diaria de doce euros e prevé un día de privación de liberdade por cada dúas cotas impagadas.Finalmente o Xulgado número 2 de Cambados condenou cunha multa de 480 euros ao concelleiro do goberno local cambadés 

Cores Tourís non foi quen de cesar a o edil tras este episodio e que non foi o único.  Todo o contrario pois abreulle un expediente ao policía local pouco tempo despois.                                                                     José Antonio Domínguez, recibiu unha segunda denuncia por insultos e ameazas. Nesta ocasión a demanda proviña dun taxista do municipio, Jorge Carballo. Casualmente, este autopatrono era unha das principais testemuñas do policía municipal que o detivo.

O feito, que se remonta ao 2002, tivo lugar  á entrada das dependencias xudiciais cambadesas, nas que Domínguez ía presentar o recurso contra o auto que decretaba o arquivo da súa demanda contra o axente que o detivo. Un documento que interpreta que a actuación do policía local, no primeiro caso, foi correcta e que o concelleiro puido ter cometido unha falta ao insultar ao axente.
Segundo a versión de Jorge Carballo, el dirixíase cara ao seu garaxe, situado á beira do xulgado cambadés, cando apareceu o concelleiro insultándoo, ameazándoo de morte e intentando agredilo. Ante esta situación, o taxista decidiu refuxiarse nos xulgados, onde se abriron novas dilixencias contra o edil. Afirmaba que tiña testemuñas que viran como o concelleiro o insultaba.

FESTA FIN DE ANO DE CAMBADOS ZONA CENTRO




Cambados Zona centro convida a todos os cambadeses, especialmente aos máis cativos a despedir o 2013 coa festa que celebrara como en anos anteriores. Este ano será no Salón José Peña.

Coa persenza da TVG que retransmitirá as badaladas en directo.
A partir das 11:00 horas, no Salón José Peña de Cambados, festa infantil de

Fin de Ano con:

- Musica


- Xogos

- Obradoiros

- Inchables ......

 .....e por suposto, a celebración das 12

badaladas con lacasitos

Agardan contar coa vosa presenza.



POR ORDEN DO SEÑOR ALCALDE ........................








O prestixioso Restaurante Grovense Culler de Pau ven de ser precintado polo Concello. O chef Javi Olleros ordeou ó seu plantel adiantar as vacacións a estes días namentres non se arranxan os problemas legais, xurdidos á raíz da denuncia dun constructor da zona. Na rúa ninguén entende como se está a ser tan duro neste caso cando noutros peores nin se repara.

O Grove non ten a día de hoxe ningún restaurante con Estrela Michelín; o único que había, o Culler de Pau, de Javi Olleros, ven de ser precintado nesta xornada polo Concello do Grove. O Consistorio meco dá así cumprimento á un dictame do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia interposto polo constructor local Oscar Miniño. Segundo se ven de publicar, o problema viríase arrastrando desde os tempos nos que gobernaba o socialista José Antonio Cacabelos, co irmán do propietario do antedito restaurante, Jorge Olleros, como edil. Daquela houbo varias denuncias cruzadas entre o goberno tripartito grovense e o constructor por temas urbanísticos. 
Unha destas denuncias, por vinganza, en verbas do exalcalde Cacabelos, era contra este local do lugar de Reboredo, en San Vicente do Mar, por abrir ó público cunha simple licencia provisional de actividade tendo unha parte dun alero fora da legalidade. Arestora, a dirección de Culler de Pau está á espera de que o Concello resolva os trámites administrativos precisos para a súa apertura definitiva para poder volver a abrir as súas portas. Polo de agora, adiantaron as vacacións de Nadal a estes días á espera de que todo se resolva favorablemente. Mentres tanto na rúa todo eran opinión favorables ó Chef: afirman que o local da prestixio ó Grove e que amais emprega a dez persoas e a denuncia non ten nada que ver ca súa actividade. 
E se de irregularidades urbanísticas se trata, aseguran que habería moito que tirar antes que este Restaurante. Javi Olleros traballa agora na procura de novos productos e proveedores. Está a espera da resolución do conflicto tralo que pensa volver con máis forzas. En caso contrario, veríase obrigado a trasladar o seu Restaurante de ubicación.




APOIO AO RESTAURANTE CULLER DE PAU





Por carecer de licenza de apertura, ese é o motivo que esgrime o Concello do Grove para que hoxe luns se proceda ao precinto do restaurante Culler de Pau, o único con estrela Michelin que existe na localidade.
O propietario, Javier Olleros, confía en que o goberno local axilice os trámites burocráticos do expediente de reposición da legalidade, para poder reabrir canto antes o establecemento. Para iso terá de demoler unha pequena parte do inmoble.
Os problemas para Culler de Pau derivan do enfrontamento entre o construtor local, Óscar Miniño, e o ex alcalde socialista do Grove, José Antonio Cacabelos e o seu concelleiro de Turismo, Jorge Olleros (irmán do estrela Michelin).
Segundo chegou a dicir o propio Cacabelos, o empresario local Óscar Miniño "perségueme politicamente e como persoa a causa dun desmesurado afán de revancha e vinganza", o motivo segundo o ex alcalde era que lle expedientaran varias das súas obras e o Concello denunciouno por usurpar e pechar un camiño público.
Entre a multitude de denuncias presentadas polo construtor figuraba unha contra o local de Culler de Pau por abrir o público cunha simple licenza provisional de actividade.
O Tribunal Superior de Xusticia de Galicia deulle finalmente a razón ao construtor obrigando o Concello do Grove ao precinto ata que o propietario derrube un pequeno oco do local e obteña a licenza de actividade.
Olleros e o seu equipo adoitaban tomarse unhas vacacións no negocio a principios de xaneiro, decidiu precipitar os acontecementos e iniciar xa o seu periodo de descanso.A intención do chef é reabrir o negocio en menos de tres meses, e de non ser posible, no caso de que o proceso se dilate no tempo, non descarta -aínda que tampouco o desexa- unha pechadura definitiva e o seu traslado a outro lugar.

As redes sociais xa se fan eco da nova e creouse un grupo de apoio en Facebook co nome " APOIO AO RESTAURANTE CULLER DE PAU " e que en poucos dias conta con case 2500 membros.


28 de diciembre de 2013

UN ANO DE CONTRASTES





A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, vén de publicar o avance do informe climatolóxico deste ano, no que se presenta a descrición climatolóxica que caracterizou o 2013, no que se pode indicar que este 2013 foi un ano de contrastes, rexistrando o maio máis frío dende 1984 e o mes de xullo máis cálido dende 1981.

En relación ás temperaturas, no mes de xaneiro foron suaves, pola contra, dúas entradas de aire frío, que viñeron acompañadas de neve en cotas baixas, fixeron que febreiro resultase frío. No documento, o mes de abril sobresaíu polas temperaturas máximas rexistradas a finais de mes con valores que superaron os 30ºC en vales do interior.
Os meses de agosto, setembro e outubro presentaron valores de temperatura máis altos do agardado e deron paso a un novembro frío. Decembro presentou temperaturas moi baixas na primeira metade con fortes xeadas no interior.
Precipitacións
 
No eido das precipitacións, o ano comezou cun mes de xaneiro con chuvias abondosas, destacando a chegada a Galicia da cicloxénese explosiva denominada Gong. Tras un febreiro seco, o mes de marzo presentouse moi chuvioso debido á continua presenza de baixas presións no Atlántico norte. En abril, concretamente o día 10, recolléronse máis de 100 L/m2 en moitas localidades galegas.

De maio a agosto as precipitacións foron en xeral escasas, destacando unicamente xullo no que se rexistraron chuvias cuantiosas concentradas unicamente en dúas xornadas. O mes de setembro foi de gran contraste entre o norte, máis seco, e o sur da comunidade, deu paso a un outubro húmido, no que destaca a xornada do 21, novamente con valores por riba dos 100 L/m2. En novembro o tempo estivo seco agás no norte e leste da provincia de Lugo e un principio de decembro con ausencia de chuvias, a segunda metade caracterizouse por predominio dos ventos de compoñente oeste e a presenza das chuvias.
 
Anomalías
Como se indicaba antes, no mes de maio houbo un predominio en Galicia de situacións anticiclónicas, o que explica que as chuvias non fosen en xeral moi cuantiosas, pero os anticiclóns non conseguiron en ningún momento do mes achegar aire cálido dende o sur e, polo tanto, as temperaturas asociadas a estes períodos foron en xeral bastante discretos. As chuvias soamente acadaron os valores normais nun mes de maio no norte, por mor dos ventos que foron predominantes nesa compoñente. Foi o maio máis frío dende 1984, cunha anomalía negativa de 2ºC. Respecto ás precipitacións, resultou un mes seco na maior parte de Galicia.
Por outra banda, o mes de xullo caracterizouse en xeral pola presenza das altas presións ao norte da península Ibérica, co conseguinte arrastre de aire cálido procedente do norte de África. Este anticiclón soamente moveuse na derradeira semana do mes, aínda que a mediados do mesmo chegou aire frío en altura que deixou un importante episodio de treboadas. Con estes factores, o mes resultou ser o máis cálido dende o ano 1989, cunha anomalía positiva nas temperaturas medias de 2 ºC.
En canto a precipitacións, moi irregular, con áreas máis afectadas polas tormentas onde se rexistrou chuvia en exceso e outras onde estas precipitacións estiveron por debaixo do agardado. En conxunto un 30% inferior aos valores normais, destacando o baixo número medio de días de chuvia que foi de 2.
Durante o mes de outubro a presenza de baixas presións no Atlántico e ventos do suroeste fixo que as condicións meteorolóxicas estiveron caracterizadas polas chuvias, pero tamén polas temperaturas elevadas, particularmente no caso dos valores mínimos. No día 28 o paso da cicloxénese explosiva Christian, aínda que non moi preto de Galicia, deixou refachos fortes e chuvias por momentos intensas pero de menor entidade cas do 21. O número medio de días de chuvia foi de 16.


O F.C. BARCELONA PESCA NA RIA DE AROUSA




O F.C. Barcelona fixou a sua mirada en catro rapaces do fútbol base da nosa comarca, concretamente en dous xogadores do Cambados, un do Portonovo e un do Arousa. 
Trátase de rapaces de entre os dez e catorce anos. Os rapaces do Cambados son un alevín e un cadete, un infantil do Portonovo e outro cadete do Arousa. 
Por expeso desexo do clube catalán e das familias non se poden dar nomes namentras non rematen as negociacións.

A idea dos culés é que tanto os cadetes coma o infantil poidan empezar a traballar na canteira barcelonista tralo parón de nadal. As familias sen embargo prefiren que sexa despois do verán e que rematen o curso aquí para que o traslado non supoña unha baixada nos estudos. 
O responsable de observar novos talentos para o Barça na zona destaca que aínda que non é unha petición de obrigado cumprimento, gustaríalle poder contar cos rapaces en xaneiro pero tamén entenden a postura dos pais.
Resulta para dóxico que clubes coma o Celta ou o Deportivo deixen escapar a estes rapaces, que algo terán cando son chamados por equipos de fora de Galicia.

Todo parece indicar que en pouco tempo teremos a catro rapaces da nosa comarca defendendo a camiseta do F.C. Barcelona. E CORES DE CAMBADOS seguirá informando do que aconteza.



27 de diciembre de 2013

EMIGRANTES RETORNADOS E PREFERENTISTAS PROTAGONISTAS NA DEPUTACIÓN




As Plataformas de afectados polas Preferentes e de Emigrantes Retornados  buscaron o apoio dos tres grupos que integran o pleno da Deputación de Pontevedra. No pouco tempo que lles deixaron os preferentistas, os emigrantes, protestaron pola estafa á que aseguran que pretende sometelos a Axencia Tributaria ó cobrarlles polas pensións que reciben de países estranxeiros sen previo aviso.

Os xubilados que no seu día traballaron no estranxeiro aseguran que son máis de 250.000 só en Galicia os que están a recibir este tipo de sancións. Unha persecución económica que continuará a primeiros do ano que ven, din, cunha nova remesa de 30.000 multas por parte do Ministerio de Facenda. E é que ós xubilados ven a sorprendelos esta actuación desde primeiros de ano posto que desde sempre, en virtude do Modelo de Convenio da OCDE, nunca tributaran en España polos cartos que chegan por vía legal desde os países que no seu día traballaron. Estes xubilados contrapoñen a súa situación á dos defraudadores ós que se lles ofreceu unha amnistía fiscal recentemente con toda a publicidade posible, cando a eles ninguén lles informou deste cambio normativo. Unha postura, a súa, que apoiaron desde o Parlamento Galego e na súa chegada ó Congreso o PP votou abaixo ca súa maioría absoluta. Piden pois unha solución política a este “saqueo planificado” do que aseguran sentirse víctimas, e que lles devolvan o recadado este ano en Galicia máis de 3,5 millóns. 

Dende os grupos provinciais do BNG e PSdeG-PSOE animaron ó Partido Popular a propoñer conxuntamente ao Goberno que cambie a lei para alcanzar a exención naqueles casos de pensións de retornados que non superen os 22.000 euros anuais. De non obteren unha resposta satisfactoria, os xubilados retornarán, desta volta ó Pleno da Deputación, dentro dun mes.






3,5 MILLÓNS DE EUROS PARA ACTIVIDADES SOCIAIS, CULTURAIS E DEPORTIVAS





Sairán publicadas no BOPPO o 8 de xaneiro e os colectivos disporán de 30 
días para solicitar as axudas
A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa Xunta de Goberno, as bases de varios programas para colectivos sociais, culturais, comunitarios e deportivos, por un importe de 3,5 millóns de euros. Estas bases sairán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o vindeiro día 8; os citados colectivos disporán de 30 días, a partir desa data, para presentar as súas solicitudes.

As bases e contías hoxe aprobadas beneficiaron o ano pasado a 4500 colectivos da provincia; este ano beneficiarán a uns 5000.
Entre as bases aprobadas destacan as de cultura, cunha contía total de 1,3 millóns para o Plan Cultural (o ano pasado participaron 1.124 grupos e promovéronse 1.908 actuacións), 300.000 euros para actividades culturais (o ano pasado foron 360 as que se realizaron), 150.000 euros para a adquisición de instrumentos e vestiario (140 colectivos favorecidos en 2013) e 300.000 euros para obras en instalacións culturais (80 realizadas o ano pasado).

As bases para as entidades de servizos sociais especializados acadan os 382.000 euros; en 2013 acolléronse a estas axudas 119 entidades.
As bases de apoio ós clubs deportivos de competición federada representan unha contía de 400.000 euros; o ano pasado, cunha cifra similar, a Deputación apoiou a actividade de preto de 600 clubs de toda a provincia.
Finalmente, as bases do Programa de Acción Comunitaria chegan ó millón de euros. Dentro deste programa o ano pasado foron 241 as comunidades veciñais que executaron diversas obras.


APROBADOS OS PRESUPOSTOS DA DEPUTACIÓN PARA O 2014


A institución provincial destina 93,4 millóns a investimentos nos concellos

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o seu orzamento para o ano 2014 de forma automática ó non presentaren alegacións nin os grupos políticos, nin os sindicatos nin as entidades ou particulares. Os orzamentos acadan os 146,8 millóns de euros.
Louzán destacou que o dato máis salientable das contas provinciais para o vindeiro ano é que se destinarán 93,4 millóns para investimentos nos concellos da provincia: 51,7 proceden da incorporación de remanentes e 41,7 son para os gastos correntes dos concellos, os investimentos nestes e as transferencias.
Nos investimentos derivados da incorporación de remanentes destacan 12,4 millóns para estradas provinciais, 9,7 para o Plan de Investimentos (PID), 11,5 para desenvolver os proxectos municipais DepoGap e DepoTic –a implantación da Administración electrónica–, 12,8 millóns para o Plan de Obras e Servizos Municipais (POS) e 4,9 para as instalacións deportivas e recreativas.
Pola súa banda, os investimentos xestionados pola Deputación para os concellos alcanzan a cifra de 26,4 millóns: neste capítulo destacan as melloras, os proxectos e as expropiacións nas estradas provinciais (10 millóns), as instalacións recreativas e de lecer (2,5 millóns) e as obras nos concellos (12,5 millóns). A cantidade restante (1,4 millóns) está dirixida a investimentos relativos a temas medioambientais, á arqueoloxía e ó turismo.

Finalmente, os orzamentos da Deputación de Pontevedra inclúen 15,3 millóns para gastos correntes e transferencias, para investimentos dos concellos en capítulos coma servizos comunitarios básicos (2,2 millóns), Plan de Emprego (3,2 millóns), actividades (1 millón), grupos de emerxencias, obras municipais, conservatorios, escolas de música e outros.
Para financiar este orzamento a Deputación de Pontevedra non acudirá a préstamos e, polo tanto, non haberá incremento da débeda. Este ano a institución provincial amortizou 15 millóns de débeda, co cal a débeda da Deputación non chega ó 60% dos seus recursos correntes.



OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA O 2014









FEIJÓO PARCHEA O DESAGUISADO DE RAJOY




Feijóo tenta con esta medida desfacer o desaguisado do Governo central ao non subir as pensións.

Uns 43 mil pensionistas galegos verán incrementada a súa paga en 206 euros a comezos do ano que vén. Será así despois de que a Xunta aprobe hoxe o abono do complemento autonómico prás pensións máis baixas, as non contributivas.

O goberno galego daralle o visto bo a esta paga extra prós pensionistas con menos ingresos. Será un único ingreso anual de 206 euros que os beneficiarios de pensións non contributivas recibirán nos vindeiros días.
A Xunta calcula que serán arredor de 43 mil os perceptores.

O único requisito é ter residencia habitual en Galicia e figurar de alta como pensionista a 1 de xaneiro deste ano.

Este complemento autonómico terá un custo prás arcas públicas de 9 millóns de euros.







PROGRAMACIÓN PARA OS DERRADEIROS DIAS DO 2013






Venres 27 de decembro 12.00 h. No Auditorio Municipal, dentro da programación especial de Nadal espectáculo de Chrystyan Magic, entrada de balde, para público familiar. Ata completar aforamento.

O sábado 28 de Decembro 21.00 h. No Auditorio Municipal concerto de Fin de Ano a cargo da Banda de Música de Castrelo.

Domingo 29 de decembro 19.00 h. No Auditorio, Concerto de piano, a cargo de Estefanía Sánchez.

Por último o  31 de Decembro, ás 11.30 horas, festa infantil na Praza do Concello en colaboración con Zona Centro. As 12 badaladas con Lacasitos.






26 de diciembre de 2013

BENITO GONZÁLEZ DEBERÁ PASAR OUTRA VEZ POLO XULGADO







xulgado de Cambados admitiu a trámite a denuncia presentada por varios integrantes da Agrupación de Mariscadores de Vara contra Benito González, o patrón maior da confraría de Cambados na que está englobada este colectivo con independencia organizativa.
A causa desta denuncia, que foi presentada a principios deste mes, relaciónase cunhaapropiación indebida de 2.783 euros dos rañeiros. Segundo se relata no escrito de denuncia, a confraría levou a cabo un desconto de 100 euros a cada un destes mariscadores a través de dúas cotas para a compra extra de semente de ameixa para batea, a pesar da oposición da Agrupación. Os denunciantes afirman que se lles retirou ese diñeiro en outubro das vendas en lonxa aplicándolles ademais o IVE correspondente e, non obstante, as sementes non chegaron a comprarse nunca.
A denuncia foi presentada por 24 rañeiros encabezados por Carlos Manuel Martínez que recorda que o patrón maior da confraría está imputado xa en dúas causas por malversación de caudais públicos, unha tramitada en Santiago e a outra no xulgado número 2 de Cambados.



INAUGURADA A E.D.A.R. DE RIBADUMIA

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e mailo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, presidiron hoxe a posta en marcha da Estación Depuradora de Augas Residuais do río Umia, na que se investiron preto de 8 millóns de euros. No acto púxose de manifesto que esta nova EDAR é un exemplo do compromiso do Goberno galego co saneamento das rías e dos ríos da Comunidade. De feito, no que atinxe ao conxunto de Galicia, cómpre lembrar que a Xunta mobilizou desde o ano 2009 máis de 430 millóns de euros en infraestruturas de depuración de augas, dos cales 270 millóns de euros procederon de recursos propios.
A nota de prensa da Xunta amosa a ignorancia de quen a escribe ou que a dicta.
A nova EDAR do Umia representa un factor de progreso para os 15.000 (adiántanse a despoboación que se albisca para dentro dun anos, pois agora a poboación destes concellos supera os 50.000) veciños da comarca do Salnés, que engloba os concellos de Ribadumia, Vilanova de Arousa, Vilagarcía e Cambados. E, ao mesmo tempo, conleva máis opcións de desenvolvemento para dous sectores económicos con importancia estratéxica na ría de Arousa, como son o marisqueo e o turismo. 

Esta actuación –que contribuirá a aliviar a sobrecarga que padece desde hai tempo a de Tragove, en Cambados- enmárcase no proxecto de saneamento da ría de Arousa, no que a Xunta leva xa mobilizados xa 56 millóns de euros, dos cales 36 proceden da Administración autonómica. Ademais dos plans de saneamento local da ría de Arousa que se están a desenvolver concello por concello, hai que engadir a recentes licitacións do saco de Fefiñáns (Cambados) por 1 millón de euros e das obras de construción da EDAR de Ribeira, na que se investirán 25 millóns de euros.

Así mesmo, a Xunta dispón dun Plan específico para o río Umia no que se están a investir máis de 20 millóns de euros coa fin de desenvolver unha xestión integral da conca que garanta tanto a calidade das augas como o abastecemento seguro da poboación. A este respecto, están en marcha 33 das 42 actuacións previstas, entre as que se inclúen, por exemplo, a do abastecemento dos veciños de Caldas de Reis.



VALORACIÓN POSITIVA DO NADAL PARA TODOS DOS SOCIALISTAS DE CAMBADOS





A Secretaria Xeral do PSdeG Fátima Abal amosou a sua satisfacción co resultado que tivo a campaña posta en marcha co nome ‘’Nadal para todos’’ de recollida de alimentos.


Fátima Abal destaca a gran colaboración da cidadanía cambadesa que aportou
varios centos de quilos de alimentos non perecedeiros para axudar aos veciños que máis o necesitan, unha mostra da gran solidaridade dos cambadeses.

Así mesmo, a dirixente socialista quere mostrar o seu agradecemento a todos os que axudaron para conseguir o éxito desta campaña, tanto aos veciños como establecementos da vila que colaboraron nesta iniciativa solidaria.

DECLARACIÓNS DE BENITO GONZÁLEZ NA RADIO GALEGA




Na entrevista non fixo referencia a os temas referentes a confraría que el preside e que está sempre no epicentro polos continuo litixios.

O presidente da Federación Galega de Confrarías fixo balance na Radio Galega do ano que remata. Na entrevista do "Galicia por diante", Benito González sinalou que o 2103 foi un ano atípico na pesca polos cambios bruscos de tempo, pero destaca que se está a pechar de forma positiva coa campaña de Nadal.
González explicou que varias especies están acadando bos prezos nas lonxas, unha situación que lles dá un respiro ós produtores. 
De feito, o presidente da Federación Galega de Confrarías asegura que no último ano aumentou o número de mozos que volven ver no mar unha saída laboral.


Normativa europea
Sobre o acordo acadado este mes en Bruxelas para os topes de capturas do 2014, o presidente da Federación Galega de Confrarías afirma que non está de todo satisfeito. Ó abeiro desa norma comunitaria os barcos galegos poderán coller máis pescada, máis xarda e máis lirio, pero menos xurelo. González sinala que prexudica á frota do cerco, que vive principalmente do xurelo.

O responsable das confrarías galegas tamén tivo críticas cara a lexislación comunitaria noutros puntos, como o relativo á renovación da frota. Asegurou que Europa non ten en conta as peculiaridades das embarcación galegas, nomeadamente as que se dedican ó marisqueo.
Neste sentido, reclamou máis unidade das distintas forzas políticas e do sector para defender en Bruxelas os intereses de Galicia.

Novo decreto de confrarías

Benito González lembrou que o sector está pendente de que se aprobe o novo decreto de confrarías, que recibiu múltiples alegacións e mesmo demandas xudiciais. Sinalou que moitos pósitos están pendentes de convocaren eleccións, pero que non o poden facer mentres a norma autonómica non estea lista.
Sobre o contido do decreto, o presidente da Federación ve aínda moitas eivas e estima que os xuristas que o elaboran non tiveron en conta moitas das demandas realizadas dende as confrarías.






TODA A PROGRAMACIÓN DO NADAL EN CAMBADOS







Baixo o lema Cambados… Vive o Nadal!, o departamento de Cultura elaborou unha variada programación de concertos, teatro, festivais, promocións e actividades infantís para este derradeiro mes de 2013 e primeira semana do 2014.
Presentación da programación
A programación empeza o domingo 15 no que a recoñecida soprano arousán Laura Alonso brindará un concerto, ás 20.30 horas, no auditorio da Xuventude, baixo o título xenérico Canciones del Mundo, no que estará acompañada polo pianista Lorenzo de los Santos.
tamén no Auditorio ese mesmo dia, ás 18.00 horas, no Auditorio Municipal da Xuventude, o ciclo de Teatro Infantil presenta O Crebanoces, de María Larraitz Urruzola Tolosa.

21 de Decembro 19.00 h. No Auditorio Municipal, Gala de Nadal de Volandeira.

22 de Decembro 19.00h. Na Praza do Concello, Panxoliñas na rúa da mando Coro do Conservatorio, dirixido por Marco Lucato (en caso de mal tempo trasladaríase á igrexa parroquial de Santa Mariña).
Tamén ese mesmo dia, ás 18.00 horas, o ciclo de teatro infantil e xuvenil ofrece Nuncabunga de Elefante Elegante. Producción recoñecida co premio María Casares 2013.

23, 26, 27 de Decembro (luns,xoves venres) 11.00-13.00 h. Obradoiros de Nadal na Biblioteca Municipal de Cambados e nos centros culturais das parroquias (inscrición previa).
Durante as vacacións de Nadal dos nenos haberá 2 Festas infantís o 24 e o 31 de Nadal con inchables, globoflexia, maquillaxe e música de Nadal.



O 24 de decembro, Noiteboa, ás 16.00 horas, festa infantil con inchables e xogos para nenos na Praza do Concello, en colaboración con Zona Centro (en caso de mal tempo farase no Salón José Peña).


27 de decembro 12.00 h. No Auditorio Municipal, dentro da programación especial de Nadal espectáculo de Chrystyan Magic, entrada de balde, para público familiar. Ata completar aforamento.

28 de Decembro 21.00 h. No Auditorio Municipal concerto de Fin de Ano a cargo da Banda de Música de Castrelo.

29 de decembro 19.00 h. No Auditorio, Concerto de piano, a cargo de Estefanía Sánchez.

O 31 de Decembro, ás 11.30 horas, festa infantil na Praza do Concello en colaboración con Zona Centro. As 12 badaladas con Lacasitos.

3 de Xaneiro (venres) No Auditorio Municipal proxección da nova curta do cambadés Juan Galiñanes "3-1=0".

5 de Xaneiro 18.00 h. Cabalgata de Reis dende a praza de Fefiñáns e percorrido por Cambados e San Tomé.





24 de diciembre de 2013

FESTA INFANTIL DE NOITEBOA





Hoxe 24 de decembro, Noiteboa, ás 16.00 horas, festa infantil con inchables e xogos para nenos, e a visita de Papá Noel na Praza do Concello, en colaboración con Zona Centro (en caso de mal tempo farase no Salón José Peña). Polo que, visto o panorama podemos asegurar que será no Salón José Peña.
Os nenos que o dexesen poderán facerse unha foto con Papa Noel, e recollela totalmente gratis na festa de fin de ano...... que organiza tamén Zona Centro.

21 de diciembre de 2013

NOTA DE PRENSA DE ANOVA






O CONCELLO DE CAMBADOS APROBA UNHA MODIFICACION DO REGULAMENTO DOS FICHEIROS DE DATOS DE CARACTER PERSOAL, SEN INSCRIBIR O ANTERIOR REGULAMENTO NA AGPD COMO ESTABLECE A LEXISLACION

No último pleno do 19/12/2013, foi aprobada por unanimidade a modificación do regulamento dos Ficheiros de Datos de Carácter Persoal do Concello de Cambados, publicado no BOP do 11/04/2013, pero que a dia de hoxe, oito meses despois de ser publicado no BOP, inda non foi inscrito no Rexistro da AGPD como establece a lexislación vixente.

Dende ANOVA I.N. de Cambados, queremos mostrar como dende o Concello de Cambados, a pesar de contar con varios asesores a cargo das cada vez mais reducidas arcas publicas, non se están a levar a cabo unha correcta xestión en materia de protección de datos, que si se lles esixe ao resto de veciños dende as distintas administracións. Neste caso, temos un claro exemplo no proceder coa implantación do Regulamento dos Ficheiros de Datos de Carácter Persoal, que foi publicado no BOP do pasado 11/04/2013, e que foi aprobada a súa modificación por unanimidade no pasado pleno, pero o que mais nos chama a atención é como a pesares de aprobarse agora a modificación deste regulamento, e ser publicado hai mais de oito meses, o Concello de Cambados, volve a saltarse a lexislación vixente nesta materia, e a día de hoxe non constan inscritos a súa notificación na Axencia Española de Protección de Datos polo Responsable dos ficheiros, o Alcalde Luís Aragunde, como establece o art. 55.1 do RDL 1720/2007 do Regulamento da L.O.P.D. e o Art. 39.2 da lei 15/1999 de Protección de datos de Carácter Persoal.

Como podemos comprobar no Regulamento de Ficheiros de Datos de Carácter Persoal do Concello de Cambados, publicado no pasado BOP do 11/04/2013, o concello de Cambados aprobou a a creación de seis novos ficheiros dos xa existentes anteriormente:

1.—Rexistro de entrada e saída de documentos do Concello.
2.—Rexistro de entrada e saída de documentos da policía local.
3.—Policía administrativa.
4.—Seguridade cidadá.
5.—Multas.
6.—Videovixilancia da Casa do Concello.  

Pois segundo podemos comprobar na Paxina web da Axencia Española de Protección de Datos de Carácter Persoal (AGPD), o Concello de Cambados so ten inscrito un destes ficheiros, o de videovixilancia, e polo tanto segue sen cumprir a lexislación vixente nesta materia, ao non ter inscrito o resto de ficheiros de carácter persoal, como si o fixeron a maioría dos concellos, e que si se poden consultar na propia web da AGPD. 
Polo que dende ANOVA non entendemos como non se realiza por parte do Concello de Cambados tódolos tramites precisos nesta materia, e como despois de 8 meses non se remite a inscrición do Ficheiro a AGPD, e polo tanto cumprir a lexislación vixente que si se lles esixe en troques o resto de veciños de Cambados. O mais grave de todo é que se tratan de ficheiros que no propio BOP son clasificados de nivel medio, e que polo tanto teñen que ter un maior grado de seguridade, e que en todos eles o Responsable do Ficheiro é o propio Alcalde do Concello de Cambados, e polo tanto, quen debe ser o encargado de remitir a inscricións destes ficheiros a Axencia Española de Protección de Datos, e que a dia de hoxe inda non consta, e que polo tanto debido a quedarse durmido nas súas funcións, a pesares de contar con varios Asesores, o Concello de Cambados non cumpre a lexislación vixente nesta materia, polo que non ten sentido modificar este regulamento cando este inda non cumpre a lexislación, oito meses despois da súa creación.



O XUVEN BUSCA A SUA QUINTA VICTORIA









O Xuventude Conservas de Cambados, unha vez superada a súa xeira negativa de resultados gañando ao Araberri no Pombal, enfrontarase a outro conxunto vasco coa intención de ascender postos cara á zona cómoda da táboa.
Os amarelos visitan a cancha do Azpeitia (domingo 18:00 horas), un equipo vinculado ao Guipuzkoa Basket de ACB e que ao igual que os de Cambados conta cun balance de catro vitorias e seis derrotas.

Non o terán sinxelo os de Yago Casal, posto que o Azpeitia gañou os seus tres últimos encontros como local.
Tras esta xornada a Adecco Prata para ata a primeira fin de semana de 2014, na que o Xuven enfrotarase  ao Amics Castelló no Pombal.



20 de diciembre de 2013

TEMPORAL DE NIVEL LARANXA






A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia alerta dun temporal de mar de nivel laranxa que afecta durante toda a xornada de hoxe á costa noroeste e oeste da provincia da Coruña e a todo o litoral da provincia de Lugo, con ondas que acadarán entre os cinco e o seis metros de altura. Está previsto que a alerta laranxa siga en activo durante a xornada de mañá na Coruña e a partir das seis da tarde en Lugo e en Pontevedra.

A Coruña
Segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a alerta laranxa por temporal costeiro afectará durante toda a xornada de hoxe e mañá ao litoral noroeste e oeste da Coruña. A partires das 18,00 horas de mañá, sábado, está previsto que a alerta laranxa costeira estenda tamén ao suroeste desta provincia.

Lugo
Toda o litoral de Lugo permanecerá en alerta laranxa durante a xornada de hoxe. Está previsto que remita durante a noite e a mañá do sábado, para volver a nivel laranxa a partires da media tarde de mañá por temporal costeiro nesta zona.
Pontevedra
Pola súa banda, o temporal estenderase ao litoral de Pontevedra a partires das seis da tarde de mañá, quedando nese momento toda a costa galega en alerta laranxa.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das tres provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e asociacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.