Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de agosto de 2013

OS CARTOS E A POLÍTICA






O diñeiro público é o máis rechamante para moitos políticos  i en Galicia non lle podería deixar indiferente a caixa dos galegos. Últimamente a dereita española lévase a palma(algo que non é exclusivo desta ideoloxía, pero sí máis descarado)  A oposición en concellos, deputacións e Xunta intentado solicitar información sobre o despilfarro multimillonario, pero néganse datos e cifras aos cidadáns para que non se coñeza como se levan ou gastan o diñeiro que non lles pertence.
Nada se pode facer ou quitar dos fondos públicos sen non hai diñeiro na caixa, Entón hai que facer caixa? Chámaselle "austeridade", é a única forma de meter diñeiro na caixa para levalo despois, e para meter diñeiro na caixa invócase a austeridad, deixar sen axudas ás xentes do mar e a pesca, do campoe da agricultura, recortar investimentos previstos, cancelar acordos, etc, etc, etc.



Para poder, levarse o diñeiro da suposta "austeridad" e para non ir en contra do promulgado, nada mellor que os "Chiringuitos", chamados tambien, Foros, Xornadas, Inauguración, Promocións, Eventos, Cursos e un longo etc, dos que nunca veran nin un céntimo de euro os destinatarios de tan importantes eventos (chiringuitos), pero quen si, lévase todo o diñeiro público son os organizadores, ponentes, asistentes, invitados, etc, Sempre se queda o diñeiro público en mans dos membros dos governantes ou afines e invitados.  Pero xa esta fóra da caixa pública, "Que yá non lle pertence aos galegos" ....que verán como resultado deste tinglado, máis austeridad.





CAMBADOS ENTRE OS DESTINOS PREFERIDOS EN TURISMO RURAL




 Os povos pontevedreses de Cangas do Morrazo, Cambados, Poio, Vilaboa, A Estrada e Marín entraron na lista dos cen pobos máis solicitados en Escapadarural.com, a principal páxina web sobre turismo rural en España. A estas localidades pontevedresas, se lles unén as cidades galegas da Coruña e Rianxo no ranking.

A lista é un resultado dos aloxamentos e lugares que máis tráfico xeraron no portal ao longo de xullo e agosto, cun total de 66.000 solicitudes de información durante este período. Cangas do Morrazo está entre os pobos máis populares cun 21,08% das solicitudes.



30 de agosto de 2013

MOITAS EMPRESAS DA PROVINCIA PASAN DA DEPUTACIÓN







Tras ver unha información da Deputación de Pontevedra temos claro que algunhas empresas da provincia so están interesadas en que esta teña a ben darlle traballo porque polo que se ve non colaboran cando as necesitan para dar formación a xente desempregada. Cecáis se cobraran por elo habería máis colaboración. Outra causa pode ser que aunque Louzán augure unha pronta saída da crise os empresarios non son tan optimistas e non queren contratar a ninguén máis. Aínda que sexan subvencionados pola Deputación.



O prazo para que as empresas privadas se adhiran ó II Plan de práctica laboral da Deputación de Pontevedra, a través do cal se lles concederán bolsas a 400 titulados universitarios e de ciclos superiores de FP, cunha finalización prevista para o 31 de agosto, ampliouse en 10 días hábiles segundo a resolución publicada hoxe no BOPPO.(Páxina 20)
Poden presentarse as empresas con sede social na provincia de Pontevedra, de calquera natureza xurídica e sector, sempre e cando cumpran cos requisitos de non ter contrato de servizos coa Deputación, que a súa actividade estea relacionada co perfil das titulacións demandadas ou que non realizasen despedidos improcedentes, entre outros.

Á hora de seleccionar as empresas puntuarase cun máximo de cinco puntos o proxecto de práctica laboral e con ata catro puntos o deseño de itinerarios alternativos de inserción que lle dean opción ó bolseiro de ter continuidade na empresa.
A cooperación entre o organismo provincial e as empresas da provincia que resulten beneficiarias materializarase a través dun convenio no que se establezan os dereitos, as obrigas e os compromisos de cada unha das partes.
Determinación do perfil
Esta primeira fase permitiralle á Deputación determinar a demanda de bolseiros existente para, baseándose nela, abrir a fase de selección de titulados. Unha vez decididas as titulacións e as prazas que se convocan farase a convocatoria pública e procederase á selección dos traballadores.
Os beneficiarios deste plan serán titulados sen experiencia laboral previa, menores de 35 anos, ós que se lles vai ofrecer a oportunidade de desenvolveren labores relacionados coa profesión na que se formaron en diversas empresas da provincia.




REMATA A ESCOLA DE FÚTBOL DE VERÁN NO POMBAL





O alcalde, Luis Aragunde, e a concelleira delegada de Educación, Candelaria Martínez Eiras, entregaron esta mañá os diplomas correspondentes ós preto de 90 alumnos da Escola de Verán de Fútbol impartido durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do complexo polideportivo do Pombal. Neste acto estiveron presentes os rapaces participantes, xunto cos oito monitores da escola futbolística que pertencen na súa meirande parte ó plantel do Juventud de Cambados, club que contou coa colaboración do Concello.

A escola desenvolveuse durante os dous meses de verán os luns, mércores e venres en horario de 10 a 13 horas. Ademáis da formación deportiva os escolares asistentes realizaron unha excursión en catamarán pola ría de Arousa, así como saídas ó Museo do Viño, Muiño da Seca e Torre de San Sadurniño, entre outras.


Fonte: Concello de Cambados


ARAGUNDE O CONQUISTADOR QUERE O SEU "PEÑÓN" OU "PEREJIL"





Atención amigos e veciños de Ribadumia o Alcalde de Cambados quere conquistar terras máis alá dos límites de Cambados. Emulando a os seus xefes nacionais nos casos Perejil e Gibraltar  ven de declarar nun periódico que unha parte de Ribadumia, en concreto na parroquia de Sisán é de Cambados.

O peor dos casos é que os propios "habitantes" deste enclave recoñécense cambadeses, igualiño que os de Gibraltar se recoñecen británicos.
E moito mellor ser dun gran país que non de un que a este paso irá a parar as listas do terceiro mundo.

Así aparece en internet.

Hotel San Marcos

www.hotel-sanmarcos.com/
Traducir esta página
BienvenidosElija. su Idioma / Choose your languaje. Síguenos en Facebook.
Página de Google+ ·

Calle Barca, 16  36636 Sisan (San Clemente P)
986 71 84 62
Ou así
  1. ..::: Hotel Sanmarcos / Puente Castrelo - Cambados Telfs. 986 718462

    www.hotel-sanmarcos.com/inicio.asp
    Traducir esta página
    www.hotel-sanmarcos.com Puente Castrelo Cambados-Ribadumia CP 36638 ...

O código postal que aparece non pertence a Cambados.
PONTEVEDRACOVAS (SANTA CRISTINA)36638
PONTEVEDRAPADRENDA (SAN MARTIÑO)36638
Así definía Aragunde, o éxito para Cambados o paso  de "La Vuelta"... "e aínda que o paso do pelotón por Cambados foi relativamente fugaz -foi unha das localidades de paso da contrarreloj por equipos do primeiro día"- sinala que tamén se notou "porque houbo equipos aloxados en hoteis de aquí"
Para información de Aragunde temos que decirlle que so un equipo se aloxou en Cambados e foi o Katusha e ningún outro máis. O BMC aloxouse no San Marcos que como decíamos antes pertence a Ribadumia. Polo tanto para evitar conflictos "diplomáticos" habería que falar con propiedade. En descargo de Luís Aragunde hai que decir que é xa costume, que non verdade, ubicar dito hotel en Cambados. 
A nova de "Faro de Vigo"  AQUÍ


O B.N.G. TACHA DE LAMENTABLE A XESTIÓN NAS CONTAS DO 2012







CONTA XERAL 2012: A LAMENTABLE XESTIÓN DO PP
Semella que coma  de costume, na Conta Xeral 2012 non hai moitas novidades  con respecto a outros anos e o BNG, xa no seu momento, non apoiou o orzamento correspondente ao 2012 e non ve motivos, despois de consultar o documento, para  apoiar agora  a aprobación da Conta 2012.
As Contas Xerais son moito máis ca números, son cantidades con contido que mostran a forma de xestionar e  gobernar o concello, e o que transcende deste documento non deixa ben parado ao PP. Os números son interpretables pero outras cousas non.

O BNG leva nos criticando a falta de previsión dos consecutivos orzamentos que queda logo de manifesto nas sucesivas Contas como a presente, na que se prevén ingresos de 9.150.143 €, que logo se aproban 7.988.129 € e que finalmente se recadan 7.430.252 €, o que non daría para pagar todo o gasto aprobado, 8.379.218 € (déficit de recadación  de 811.054 €). Aprobáronse máis gastos dos que se poderían pagar.
Ademais a recadación agardada foi menor do esperado en case que todas as partidas (-1.162.013 €), o que indicaría que a previsión en todos estes apartados foi moi deficiente. Razón pola que quedaron pagos por realizar, por valor de aproximadamente un 10%  do orzamento (811.054 €) inicial.
Ademais e como sempre nas Contas do concello de Cambados, estamos a falar dunha obra exclusiva do PP, onde non se introduce ningunha proposta do BNG e que non se dan as explicacións necesarias para que se asuman ou, polo menos, se comprendan claramente as repetitivas e inaceptables  irregularidades e ilegalidades; a maioría das cales se repiten consecutivamente todos os anos e o PP non  fai nada para solucionalo:
-Ilegalidades nos cobros de gratificacións (sempre para as mesmas persoas, sempre nas mesmas cantidades: “ en realidade non é unha gratificación, é un soldo”. Máximo legal: 80 horas/ano, mentres que no concello rondan  as 300 horas anuais).
-Danse complementos de produtividade sen que existan criterios obxectivos (o que significa complementos para os mesmos traballadores todos os meses), ademais a final de ano, a partida para complementos de produtividade presenta un déficit de -5.600 €.
-Seguen as irregularidades nas contratacións de persoal temporal (non suficientemente xustificados e prorrogados ilegalmente: “se este persoal quere, podería esixir un contrato indefinido; que pasaría cos contratos destes traballadores -colocados a dedo polo PP- se houbera un cambio político no goberno municipal?Canto lle custarían ao concello as indemnizacións?).

-Asesor Xurídico, Arqueólogo: páganselle soldos en formato de facturas con categoría de pago preferencial aínda que haxa obrigas contables anteriores (asesor xurídico, arqueólogo, arquitecto). Tería graza que apoiaramos as Contas do 2012 cando non se nos facilitou a información sobre o “traballo real e concreto” do asesor xurídico no concello (8 meses de preguntas para non ser contestadas nin acudindo ao Valedor e para transformar irregularmente ao Asesor en indefinido; como di a intervención: reparo por convertelo (Asesor) a persoal  indefinido; co agravante de que se trata dunha designación de natureza política (o concello non é propiedade do PP, é de todos os cambadeses e cambadesas). Non se pode contratar a dedo aos traballadores e despois facelos fixos; este non é o negocio privado do PP (mellor dito, non debería selo).
-Irregularidades nos pagos de facturas  por valor total superior a 700.000, sen entenderse que  se facture de xeito irregular cousas tan previsibles como a Cabalgata de reis (14.600 €), os torneos deportivos anuais como a milla urbana, torneo de xadrez … (9.100 €), actuacións do Albariño (54.280 €, 17. 990 €, 11.392 €). Onde está a planificación que se presupoñía no orzamento?
-Irregularidades nas contratacións de servizos que deberían ser consideradas  contratos menores (+ 18.000 €) é polo tanto sería necesario realizar un procedemento de contratación pública, que non se fai con determinadas empresas: Sercon (60.000 €), CEPSA, Establecementos Otero (Transparencia, máis ben pouca)
-Irregularidades en facturas onde se fixo unha contratación verbal e, polo tanto,  ilegal por ser un contrato menor, onde non consta o orzamento, nin aprobación previa de gasto, nin sinatura do técnico municipal. (Transparencia, máis ben pouca)
Foto: "A ti meu Cambados"
Pero ademais de non apoiar, no seu momento, os orzamentos correspondentes a esta Conta, tampouco apoiamos, ao longo do ano 2012, cuestións que considerabamos exemplos da mala xestión  e que hoxe forman parte deste documento que se pretende aprobar. Iso foi o que fixemos no seu momento ao opoñernos aos diferentes Recoñecementos Extraxudiciais (total: 314.835 €, pagos sen que exista partida orzamentaria para elo) por considerar que son un exemplo máis da improvisación coa que se executan os orzamentos. Róndase, todos os anos, unhas cantidades semellantes a pesar de que o orzamento cada ano é menor o que significaría que co paso dos anos, a planificación que se fai neste concello é máis precaria
Así mesmo, estas Contas reflicten  actuacións  imposibles de aceptar, e a interpretación que fai o BNG delas non deixa en bo lugar ao PP (ampárase a empresas ou persoas – non se trata a todos por igual-  en prexuizo da arcas do concello):
Alleamento parcela polígono. Respecto aos dereitos recoñecidos pendentes de cobro dos exercicios 2001, 2002, procedentes do alleamento de parcelas do Polígono Industrial de Sete Pías (114.369 €). Que actuacións realizou ou vai a realizar o concello nestes casos? (pregunta que segue sen ser contestada despois de moitos anos de ser repetida polo BNG) Intervención di: …o que non pode continuar é a inacción deste Concello, sobre todo porque os referidos dereitos continúan pendentes de ingreso á Facenda municipal, debendo realizarse as actuacións necesarias para o seu ingreso, pois en caso contrario menoscabaríase a Facenda municipal coa correspondente responsabilidade por tal actuación. Non pode continuar a inacción deste concello. Estase a falar dunha cantidade importante que viría moi ben para as mermadas arcas municipais
Non pensa solucionar este asunto? Que fixo ata o de agora para elo? Que vai facer neste asunto de cara ao futuro? Como pensa o concello  solucionar definitivamente esta situación? Quen son os propietarios destas parcelas?
Reservas Nave Loxística. Pendentes de cobrar a empresas adxudicatarias (reincidentes): Vicar SL (23.614 €), Forvi S.G.C. (21.371 €), Transportes Núñez Sayar (12.040 €). Contrato di: as tarifas aboaranse por mensualidades anticipadas.
Aspir Center (13.373 €), renunciou ao espazo pero non pagou; por que non se lle esixe o pago da débeda vía xudicial?

Piscina Municipal. Para cando a prometida regulación do contrato da piscina? Cando deixará de ser unha sangría económica para o concello?
Soterramento transformador. Pendente de Ingreso da Xunta 42.044 €. Perigo de posible prescrición -4 anos-. A que se agarda para esixir o pago?
Carpa do Albariño. (Concurso –deserto- por 30.000 € pero se concede irregularmente por 18.000 € vulnerando os principios de publicidade e competencia) Porque non se lle ofertou e ese prezo a diferentes empresas?
Estación náutica Rías Baixas. Un timo pagado con cartos públicos (pendente de pago do concello: 6.326 €. Segundo a documentación existente (expediente chapuceiro) o concello asume a obriga de pagar a unha entidade privada sen recibir contraprestación ningunha. Que pasa; é que ao concello sóbranlle os cartos?
Para rematar: tampouco aprobamos o custo da páxina web “publicitaria” do concello (42.000 €) -con eses cartos poderíanse facer tres coma esa-. Nin entendemos como se poden gastar 9.000 € na Cope; precisamente.

Como dicía ao comezo, as Contas dun concello son moito máis ca números; as Contas reflicten non so resultados numéricos senón, sobre todo, a forma de xestionar o concello e as Contas 2012, que se nos presentan hoxe, deixan en evidencia a lamentable xestión que está a facer o PP no concello de Cambados.




29 de agosto de 2013

LOUZÁN DA AS GRAZAS A OS PONTEVEDRESES POLA COLABORACIÓN EN "LA VUELTA 2013"



SEN OS NOSOS CARTOS NON SERÍA POSIBLE


O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, agradeceu onte a activa colaboración e multitudinaria participación dos cidadáns das Rías Baixas, e de toda a provincia, nas catro etapas que a Volta a España 2013 desenvolveu en Pontevedra. "Sen eles, non sería posible nin a brilantez nin o éxito acadado", dixo. Ou mellor decir: "sen os cartos de eles".
A gran cantidade de xente que se congregou nas rúas e estradas foi fundamental para mostrar nos 180 países que emitiron as imaxes da Volta "a beleza das nosas rías, a hospitalidade da nosa xente e os nosos grandes recursos e potencialidades".
"Non é o mesmo que as imaxes recollan lugares desertos que localidades dinámicas, vivas e prósperas", dixo. Por iso, a gran presenza de xente no paso da Volta por vilas, aldeas e cidades contribuíu decisivamente a proxectar as Rías Baixas como "o mellor escaparate de Galicia e o seu máis óptimo embaixador no mundo".
O presidente da Deputación de Pontevedra expresou tamén as desculpas polas posibles molestias ocasionadas polo paso da carreira.


Pero o que non fai Louzán é explicar polo miúdo os gastos que xerou o paso de "La Vuelta" pola nosa provincia.
O que tampouco fai e decir a quen, como e de que forma se contratou para facer posible a saída da etapa contrarreloxo de Vilanova desde a famosa batea. 

Que nos explique, porque a batea un dia pertenza a un señor e tres dias despois o dono sexa outro, como o un xornal da comarca  da a entender. 
Que explique canto i en que empresa se gastou para facer os abanos para publicitar a "Mexi-llón"  e
"Turismo Rias Baixas".
Que explique o custo se o hubo(pois publicidade tiveron bastante) nas embarcacións que levaron a os ciclistas na contrarreloxo de Vilanova.
Esa sería a mellor forma de agradecerlle a os veciños a colaboración xa que colaboramos cos nosos cartos.


O EX-ALCALDE QUE BLANQUEOU CARTOS COS PARQUES EOLICOS



A CONTINUACIÓN PODEDES LER UN ARTIGO DE "EL PAÍS" DE HOXE QUE NON TEN DESPERDICIO. A AUTORA É A XORNALISTA ELISA LOIS.


NENÉ BARRAL
O exrexedor popular do Concello pontevedrés de Ribadumia, José Ramón Barral, popularmente coñecido por Nené, será citado a declarar como imputado por haber blanqueado polo menos tres millóns de dólares procedentes dunha conta localizada nas illas Virxes británicas, un paraíso fiscal no Caribe. A causa, que estivo secreta dous anos, instrúea o titular do Xulgado número 2 de Cambados, Juan Manuel Hermo, que tamén interrogará como imputadas a tres fillas de Barral a petición da fiscalía. Unha sociedade matriz radicada no paraíso fiscal e que controlaba Nené Barral foi a que supuestamente proporcionou o diñeiro para realizar investimentos eólicos na República Chinesa e financiar cultivos mariños en Chile. Segundo a investigación do Servizo de Vixilancia Aduanera, o exalcalde crearía unha empresa para a explotación de parques eólicos na cidade de Qingdao, na provincia de Shandong, ao leste de Chinesa, outra en Hong Kong e unha terceira para produción de moluscos en bateas fondeadas na costa chilena.


Desde os fondos supuestamente opacos de illas Virxes, segundo a Axencia Tributaria, realizáronse polo menos dúas transferencias con destino ao sector energético. Unha primeira de 1,8 millóns de dólares e outra posterior de 1,2 millóns, ademais doutras que supuestamente realizáronse para investir nos proxectos marisqueros chilenos que se están investigando. A denuncia da Fiscalía de Delitos Económicos presentouse no xulgado en marzo de 2001 a partir dun informe preliminar da Axencia Tributaria que recollía múltiples indicios de blanqueo así como o testemuño crave dun galego que se atopa nunha prisión chinesa e que foi colaborador de Nené Barral nestes proxectos económicos.

ELISA LOIS


A aparente trama societaria que creou Barral para blanquear diñeiro remóntase a finais da pasada década, cando o expolítico pelexaba nos xulgados para defenderse doutra vella causa por contrabando de tabaco pola que foi detido en 2011 e que precipitou a súa cese logo de 18 anos á fronte da alcaldía.

A causa aberta trala aprehensión de medio millón de cajetillas falsificadas e procedentes de China converteuse na máis antiga dos xulgados de Vilagarcía pola lentitud de centos de comisións rogatorias internacionais, sobre todo a Suiza, que, ou non se contestaron, ou se han ter que repetir varias veces. A prescripción planea sobre o caso 12 anos logo da imputación de Barral Martínez e outras 41 persoas, entre elas o seu irmán Feliciano, a súa muller e os seus catro fillos contra os que aínda o Ministerio Público non formulou escrito de acusación.



O exrexedor de Ribadumia tamén ten cultivos mariños en Chile
O mesmo podería ocorrer co asunto de blanqueo si os países implicados non colaboran. De feito, as autoridades británicas non facilitaron aínda ao xulgado ningunha das probas e documentos solicitados pese a que algúns se reclamaron reiteradamente. En Chinesa, a colaboración xudicial pode ser moito máis longa ou ata unha misión imposible para os investigadores.




 ARTIGO DE INTERESE   
ARTIGO DE INTERESE   






PRÓXIMAMENTE COMENZA "A BATEA SALNÉS TOUR"





O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, a partir de agora "cabesiñas" (por aquelo de "a cabesa non para") manifestou estes dias en relación á batea que "a xente estanos pedindo que non nos desfagamos dela, pero é algo que hai que falar con Portos de Galicia, co Consello Regulador do Mexillón, coa empresa organizadora da Volta... O que está claro é que non temos ningunha présa por desfacela".

 De feito, Durán asegura que lle gustaría tela polo menos ata as festas patronales da Pastoriza, que son entre mediados e finais de setembro. Finalmente, Durán afirma que outros alcaldes suscitáronlle a posibilidade de levar a batea a outros portos como imán publicitario. 

Polo tanto non sería nada raro que a máis famosa das bateas do mundo andivera en procesión polos povos e vilas da comarca. 
Como temos poucas festas na comarca parece ser que G. Durán vai sacar unha da chistera. O nome aínda non está definido pero podería ser algo tan simple como "Festa da Batea". A batea polas suas dimensións tería que ir por mar, polo que os concellos de interior terían que conformarse con non facer a festa ou facela con unha réplica de menor tamaño, que supoñemos faría a mesma empresa que arranxou a orixinal.


Un problema que ten é como vai convencer a J.J., o seu irmán,  pois os rumores apuntan a un distanciamento bastante grande, do bo que sería darlle esa utilidade a batea. Co Consello Regulador do Mexilón teno máis sinxelo xa que non van desbotar a posibilidade de ter promoción gratuita durante máis tempo. E coa xente de "La Vuelta" poden contar porque para o ano que ven xa teñen solicitudes de paso ou saída de etapa de algún Concello arousán, que podería voltar a usar a batea. 
Xa sabedes pronto teremos a batea en procesión por Sanxenxo, O Grove, Cambados, A Illa, Vilanova, Vilagarcía e cecáis Catoira. A orde está supeditada a os proxectos que presenten cada un dos Concellos sinalados.

A batea está sendo unha das grandes sensacións da Volta. O seu propietario, Manuel Francisco Melón Lorenzo, declarou  que "non estaría mal que estivese aí un pouco tempo máis", e que el non ten presa por recuperala, pois o acordo entre os organizadores da Volta e o Consello Regulador Mexillón de Galicia, que xestionou a sua cesión, establece a sustitución desa batea por outra, para que Melón siga traballando.

Francisco Melón di que está disposto a escoitar as propostas de futuro do Concello de Vilanova cara á batea. Ata non descartaría unha cesión definitiva, aínda que a ve difícil. "O problema non son os temporais, porque hai bateas fondeadas en lugares moito máis perigosos, senón que aí onde está pode estorbar á actividade portuaria".


28 de agosto de 2013

OS GOVERNOS EMPREGAN FACEBOOK PARA INVESTIGAR A OS CIDADÁNS





O Governo de Mariano Rajoy reclamou información sobre 715 contas de usuarios de Facebook no primeiro semestre de 2013, segundo un informe feito público por esta rede social. En concreto, España solicitou 479 solicitudes referidas a 715 contas de usuarios, das que Facebook respondeu revelando datos no 51% dos casos.

Segundo explica a empresa fundada por Mark Zuckerberg, os governos fan solicitudes a Facebook e a outras moitas empresas dentro das

"investigacións oficiais", estando a "inmensa maioría destas solicitudes relacionadas con casos criminais, como roubos ou secuestros".

Os números totais nestes primeiros meses de 2013 reclamados por España a Facebook son menores si compáranse con outros países. Estados Unidos é o país con maiores reclamaciones, xa que presentou entre 11.000 e 12.000 solicitudes, referidas a entre 20.000 e 21.000 usuarios, dos que a rede social respondeu afirmativamente no 79%. Séguelle India, con 3.245 solicitudes referentes a 4.144 usuarios.

Reino Unido tramitou 1.975 peticións que afectaron a 2.337 contas; Italia 1.705, referentes a 2.306 contas; Alemania 1.886, referentes a 2.068 contas de usuarios; ou Francia 1.547, referentes a 1.598 usuarios. 


Segundo explica Facebook, en moitos destes casos as solicitudes gobernamentais solicitan información básica do suscriptor, como o nome e a duración do servizo. Noutras solicitudes tamén se poden pedir os registros de direccións IP ou o contido de conta real.




"Esta recopilación é un primeiro informe importante, aínda que, non o último", explica en devandito informe Colin Stretch, director xurídico de Facebook. "Nos nosos seguintes informes, esperamos poder proporcionar aínda máis información sobre as solicitudes que recibimos das autoridades da orde pública", engade.






MARIANO RAJOY SO FALA DE FÚTBOL E CICLISMO





O presidente do Goberno, gran afeccionado ao ciclismo, non se quixo perder o pasado sábado o comezo da Volta a España en Vilanova de Arousa. Alí concedeu unha entrevista ao director de Radioestadio de Onda Cero, Javier Ares, o que sen dúbida é o mellor narrador de ciclismo deste país. 

Así é Mariano Rajoy, non quere ver aos xornalistas nin en pintura, salvo que sexa para falar de bicicletas ou do Real Madrid. Son as suas temáticas preferidas. A economía, o paro, o incumprimiento do programa electoral ou os sobres de Bárcenas, prodúcenlle, canto menos, preguiza. 



 Algunha confidencia si que fixo o presidente a Javier Ares. Coñécese que, de barbudo a barbudo, estableceuse unha certa confianza, que lle levou a dicir que esta vez non terá moito tempo para ver as etapas da Volta, porque o luns comeza o novo curso político e hai "moitas asignaturas que aprobar este ano". Tamén asegurou que ten intención de "estudar". Agardemos que estude como levantar o pais porque para jodelo non lle fixo falta, nin a el nin a os seus amigos. Seguramente en poucos meses poderá facelo con toda a intensidade que desexe, porque logo de mentir reiteradamente aos españois "a última vez en sé parlamentaria", todo fai indicar que o mandato de Rajoy está próximo a expirar. 


Non é que estea moito mellor o seu partido, que segundo todas as enquisas, non para de perder respaldo popular. Dino as que manexa o PSOE en Andalucía, e as encargadas polo propio PP no seu tradicional caladeiro de votos da Comunidade Valenciana, onde parece que os populares viven as vésperas do gran batacazo, que en 2015 poñerá punto 
e final a 20 anos de usufructo do Palau da Generalitat. E a mandatos máis lonxevos, ata, como o de Rita Barberá, que leva instalada no Concello de Valencia desde 1991.