Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de junio de 2013

PRESENTADA A XII FESTA DA VIEIRA DE CAMBADOS





A 12 edición da Festa da Vieira de Cambados foi presentada este xoves polo patrón maior de Cambados, Benito González e o alcalde, Luis Aragunde, nun acto que tivo lugar nas instalacións da Oficina de Turismo de Cambados.
A edición deste ano celebrarase entre os días 18 e 21 de xullo, ambos os dous inclusive, no recinto de carpas montadas na Calzada e espérase que aumente considerablemente o número de visitantes e consumidores.

O xornalista e recoñecido comunicador Luis del Olmo será o encargado de facer o discurso de exaltación da vieira cuxa festa conta nesta ocasión co patrocinio das prestixiosas adegas Martín Códax. Adegas as que criticamos onte e voltaremos a facelo sempre que o creamos oportuno.
Por outra parte xa está en marcha a I Mostra da Canción Mariñeira dentro do programa da festa que inclúen numerosas actividades culturais, deportivas, musicais e gastronómicas, que se celebrarán no municipio e na zona urbana de Cambados.

AS PRESIÓNS DAN OS SEUS FROITOS POR MOITO QUE O NEGUEN DENDE A XUNTA





A Consellería de Educación manterá abertas o próximo curso todas as escolas unitarias que conten con 6 alumnos matriculados.
A nova estase a celebrar na comarca de O Salnés, onde estaban en perigo as escolas unitarias de Solobeira e Pedroso, en Vilagarcía, a de Covas, en Cambados, e a de Xil, en Meaño.
A Xunta fixo público un comunicado no que sinala que diante de posibles cambios nos datos de matriculación, a Consellería advirte que a cifra de escolas unitarias que finalmente haxa que suprimir –que incluso pode ser menor á existente a día de hoxe-  coñecerase coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia no mes de agosto.
Igualmente, a Consellería quere chamar a atención a respecto de que, "como todos os anos, quedaron desautorizados os agoiros dos diferentes colectivos que certificaron a desaparición de escolas que van continuar abertas".
Segundo dí a Consellería no seu comunicado "trátase de organizacións interesadas en politizar o ensino, e en crear innecesariamente alarma, malestar e tensión onde non existe, para despois atribuírlle ás súas mobilizacións o feito de que os centros continúen co seu labor docente, continuidade que lonxe de deberse ás súas reivindicacións resulta da simple aplicación dun mesmo criterio de matrícula nos últimos catro anos".
Por eso tardaron tanto en respostar as dúbidas que eles mesmos sembraron na comunidade escolar de esas escolas!
Queremos recordarlle a Consellería que os únicos que crean malestar e dúbidas nos cidadáns, son eles coa sua política e que si os pais e nais e os partidos da oposición non se mobilizaran esta historia remataría de outro xeito.

27 de junio de 2013

POLA SANIDADE PÚBLICA MOBILÍZATE!!!!!!!!!!!!!!!!






A Plataforma SOS-Sanidade Pública, de defensa e mellora da Sanidade Pública, convopca para hoxe unha xornada de loita que se levará a cabo nas distintas comarcas e áreas por medio das Plataformas locais.

O eixo desta xornada mobilizadora é o inmediato debate en sede parlamentaria do Proxecto de Lei de Garantías, unha lei que, de aprobarse, traerá consecuencias moi negativas para o noso sistema público de saúde, afondando no camiño privatizador que leva este goberno.
Esta nova afrenta, sumada ás xa moitas que leva denunciando SOS SANIDADE PÚBLICA  (re-pagos de medicamentos, re-pagos de ortopróteses, re-pagos de transporte sanitario, privatizacións de servizos, construción de hospitais co modelo PFI, suspensión dos proxectos de centros de saúde, suspensión do Plan Mellora...), fai que sexa máis importante que nunca a defensa deste servizo básico que se nos está roubando pouco a pouco, para facer del un negocio do que se lucren unhas poucas empresas a costa da nosa saúde e dos nosos cartos.

Desde SOS-Sanidade Pública queren convidar a toda a cidadanía, persoal da sanidade, usuarios/as, xente moza e xente de idade, homes e mulleres, a que se unan á loita por unha Sanidade PÚBLICA, de calidade, que se preste en condicións de universalidade, equidade e gratuidade, sen que cheguemos a unha sanidade para ricos e outra de beneficiencia para quen non poida pagar.


A saúde é un dereito, non un negocio!


Xornada de loita
A Sanidade Pública no Salnés é o teu dereito!
Contra os recortes e a privatización da sanidade pública, e pola amplicación do hospital do salnés xa!
MOBILIZATE!
xoves 27 de xuño ás 21:00 h.
Praza de Galicia, Vilagarcía de Arousa
Convoca: Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés.















VOLVEN OS XOVES DE CÓDAX (BOICOT?)





Tralo éxito do pasado verán, chega a segunda edición de Os Xoves de Códax, un ciclo de oito concertos de artistas galegos de renome que permitirán descubrir aos asistentes novas formas de sentir e vivir os viños da adega. Estas tardes de música e viño terán lugar todos os xoves de xullo e agosto na terraza de Bodegas Martín Códax (Vilariño, Cambados) a partir das 20.30 horas.

A terraza desta adega atópase no outeiro de Burgáns, desde a cal divísase o Val do Salnés, así como a Ría de Arousa. É, polo tanto, un enclave privilexiado para divisar as postas de sol estivais. Os asistentes, ademais da música destes artistas, poderán gozar tamén dunha degustación dos viños de Martín Códax.
O calendario de concertos previsto é o seguinte:
  • 4 de xullo: Sés e Tito Calviño
  • 11 de xulo: Mercedes Peón
  • 18 de xullo: Teté Delgado e Martín Esturao
  • 1 de agosto: Di Elas
  • 8 de agosto: Primordiais
  • 15 de agosto: Diego Pacheco e Hugo Chamizo
  • 22 de agosto: Sumrrá
  • 29 de agosto: Uxía e Joao Afonso

Pero digo eu que os arousáns en xeneral e os cambadeses en particular deberíamos de pensar si é necesaria a nosa presencia nestes actos, toda vez que esta adega como outras non amosan o interés suficiente por promocionar o deporte da nosa bisbarra e si patrocinar o deporte de elite e regatas fora da nosa zona. Engado que o "boicot" debería chegar a que ninguén consuma productos desta adega. Cecáis non lle afectara moito económicamente pero sería unha mala publicidade para eles.



26 de junio de 2013

ROSA QUINTANA RIESE DOS GALEGOS




Nunha nota de prensa emitida onte a titular do Mar como si de "recochineo" mariño se tratase afirma que a defensa do litoral mariño e contaminación e cousa de todos, pero dende Pladesemapesga recordanlle que nos lumes das Fragas do Eume, non se activou o Plan de Continxencias Mariñas, contaminandose toda a Ría deo Eume ante a pasividade das autoridades da Xunta de Galicia, e mais concretamente de Rosa Quintana como máxima responsable, que a día de hoxe incumpliron todos os acordos feitos no seu día cos concellos implicados e xentes afectadas da zona.

A continuación publicamos a nota de prensa na que se demostra que a Conselleira di unha cousa e fai a contraria

A conselleira do Medio Rural e do Mar inaugurou o obradoiro sobre plans de continxencia locais dos concellos costeiros de Galicia

ROSA QUINTANA: “A DEFENSA DO LITORAL GALEGO FRONTE Á CONTAMINACIÓN MARIÑA É TRABALLO DE TODOS”

 A conselleira destacou que os municipios son os que mellor coñecen as características do seu territorio, e por iso é tan importante a súa implicación nesta tarefa
 Sinalou tamén que Galicia foi a primeira Comunidade Autónoma en dotarse dun protocolo de actuacións dos distintos departamentos e administracións con competencias na materia

 Santiago, 25 de xuño de 2013.- “A defensa dos nosos litorais é traballo de todos” e os concellos “son os que mellor coñecen as características do seu territorio, de aí a importancia da súa implicación” no desenvolvemento do Plan Territorial de Contaminación Accidental de Galicia (CAMGAL). 

Así o afirmou esta mañá a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na inauguración do obradoiro sobre plans de continxencia locais dos concellos costeiros de Galicia, que se celebra en Santiago ao amparo do proxecto europeo ARCOPOLplus, que ten como obxectivo reforzar a seguridade marítima e a loita contra a contaminación nas rexións atlánticas europeas.

Na súa intervención, a conselleira advertiu que Galicia, ao ter tantos quilómetros de costa (1.500) e estar estratexicamente situada, ten máis posibilidades que ningunha outra rexión de padecer episodios de contaminación mariña. Por iso, en aras de conservar e protexer o noso mar, a Xunta aprobou o Plan CAMGAL, converténdose na primeira Comunidade Autónoma que publica un protocolo de actuacións dos distintos departamentos e administracións con competencias na materia.

Segundo explicou Rosa Quintana, este documento pretende que ante unha situación de crise como é a derivada dun accidente que provoca contaminación mariña, todos e cada un dos axentes coñezan de antemán o seu papel e grao de participación.

Protección
O principal obxectivo que se persegue é obter a máxima protección para as persoas, o medio ambiente e os bens que resulten ou poidan resultar afectados en calquera continxencia derivada dun episodio destas características, planificando e coordinando as actuacións a nivel territorial.

Dentro desta planificación, a titular de Medio Rural e Mar destacou a importancia da implicación dos concellos no desenvolvemento deste plan e destacou que a defensa do litoral é un labor de todos, lembrando que “a unión fai a forza”, algo fundamental –engadiu– “no empeño da defensa do que é noso”.

Neste obradoiro, dirixido a responsables e técnicos municipais dos concellos do litoral galego, intervirán representantes das consellerías do Medio Rural e do Mar e de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; do Centro Tecnolóxico do Mar; do Instituto Tecnolóxico do Mar e do Servizo de Gardacostas de Galicia. Os diferentes relatorios pretenden servir para explicar os detalles do Plan CAMGAL, así como para presentar o proxecto ARCOPOLplus aos participantes.


SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR







 

GRAN RETO RUNNING POR DEREITO 2013 ESTA VEZ NA ILLA DE AROUSA






Os días 6 e 7 de xullo celebrase o novo reto running Por Dereito, Este ano será na Illa de Arousa . Contarán novamente coa colaboración do ultrafondista asturiano Demetrio Álvarez, que por terceiro ano consecutivo quere estar durante 24 horas correndo polos rapaces e rapazas da asociación.
O percorrido tamén se pode facer en bicicleta, en dorna, en piragua, acompañado da túa mascota...
A finalidade principal deste evento è recaudar fondos para Por Dereito, grazas aos que voltarase a por en marcha un novo plan de formación para as familias e valorarán o volver a convocar becas para que as familias con menos recursos poidan seguir facendo frente a un mínimo de sesións de terapia. Con este tipo de eventos tambén estase a dar cada vez maior visibilidade ao autismo e ao traballo de Por Dereito.
Haberá varias actividades paralelas, que en breve serán presentadas no programa, pero si que  podemos adiantar algunhas delas:
- Exhibición e exposición de cerca de 15 aves de cetrería de " As aves rapaces do Salnés"
- Demostración de habilidades caninas a cargo do "Refugio de Animales de Cambados".
-Globoflexia
-Música actual a cargo de Conexiondance
-Sorteo de varios productos para deportistas de varias marcas de gran prestixio,un bono para o club termal do Hesperia La Toja...
- Regalos para os participantes mais xóvenes: medallas, varios artígos publicitarios
- Camisetas e avituallamento para todos os participantes hasta agotar existencias.

Todo polo módico precio de 5 euros.

Tamén é unha boa ocasión para que o Banco de Alimentos Rías Baixas esté presente e poder axudalos a recoller alimentos para as familias que mais o necesitan, por desgracia cada vez teñen mais demanda e o movemento no seu almacén é constante. Piden dende o Banco que sobre todo apórtese leite, alimentos infantiles e fabas, pero será benvenido todo tipo de alimentos non perecedeiros.

Dende "POR DEREITO" queren agradecer a colaboración de todos os que fan posible este evento moi especialmente a o Concello da Illa de Arousa sempre disposto a colaborar con eles.


25 de junio de 2013

ACTIVIDADES DO FÚTBOL BASE CLUB JUVENTUD CAMBADOS




Parte dos monitores da base do Cambados

Os responsables do fútbol base do Juventud de Cambados e o alcalde Luís Aragunde presentaron o II Festival de Música, Gastronomía, e Fútbol que terá lugar o vindeiro sábado 29 no parque de Torrado. Neste mesmo escenario déronse cita os organizadores e o regidor para explicar os detalles dun evento co que se persegue recaudar fondos para a canteira do club de cara á próxima tempada. 
A idea primordial parte de levar a cabo varios competicións de fútbol 4x4 en dous campos de fútbol indoor que se habilitarán no propio parque. Os protagonistas serán os rapaces da canteira nas diferentes categorías de formación, e tamén os que desexen sumarse de idade xuvenil e sénior, nese caso cada equipo abonará 5 euros de inscripción.
Pola mañá comezarán os partidos dos torneos de categorías base, desde chupetes  ata cadetes. No propio parque e mercé á axuda logística do Concello, habilitarán zonas de bar, parrillas para asar e tamén un merendero. Os organizadores recoñecen que esperan que non só os pais das categorías base gocen da oferta gastronómica, senón que se sumen máis persoas a unha festa que continuará pola tarde e pola noite.
Tralo xantar chegará a quenda da competición en categoría xuvenil -sénior. A disputa das finais de todas pechará o evento deportivo. A partir de entón seguirá o Festival, con actuacións musicais (grupos locais de folk, o grupo de rock cambadés Stand By) e o final de festa xa de madrugada poñerano varios dj´s de Conexión Dance e Arousa Si Radio.




ESCOLA DE VERÁN DE FÚTBOL

Luís Aragunde e os responsables da base do club aproveitaron a presentación do Festival para anunciar a posta en marcha da Escola de Verán de Fútbol do Cambados, que será en xullo e agosto nas instalacións de O Pombal. Dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos, ofrece fútbol e diferentes actividades de lecer organizadas polos monitores do club e o Concello. O custo é de 35 euros cota quincenal e 50 euros cota mensual (con descontos para irmáns) e inclúe material deportivo. Os interesados poden inscribirse nos teléfonos 626 860 449, 686 338 787 e 627 932 336.




OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS CONTRA O CERRE DA ESCOLA UNITARIA DE COVAS DE LOBOS







Os Socialistas Cambadeses cren que o problema demográfico que foi progresivamente deixando sen rapaces o interior de Galicia, é unha realidade moi diferente á que se está vivir no noso entorno. Pensan que é máis a cuestión económica a que se agocha detrás detrás do proceso de peche de unitarias, a meirande parte delas vinculadas ao medio rural galego.  De feito, estas unitarias ao longo dos anos veñen sufrindo recortes e desatención.

Fátima Abal ten claro o que representan as unitarias: teñen a vantaxe da proximidade, da cercanía entre as casas dos rapaces e a escola, o que elimina ou reduce temas como o do transporte escolar. Ten a vantaxe da especificidade, de ser só un nivel educativo o que comparte cada día o espazo de formación e o patio de xogos. E ten a vantaxe de crear un microcosmos escolar a escala reducida, onde todo está a man e permite establecer vínculos educativos que facilitan unha aprendizaxe máis directa e personalizada, xa que son poucos rapaces en cada ámbito xeográfico, o que representa un elemento moi positivo e nunca ao contrario.
A unitaria de Covas de Lobos ven cumprindo unha importante labor socioeducativa nesa zona de Vilariño e a pesar dos distintos avatares, foi sobrevivindo a tódolos problemas e unha institución educativa consolidada e querida polas familias de Vilariño e que ten un amplo apoio popular.
Por iso, a portavoz Socialista Fátima Abal, quere e agarda do Concello unha defensa total  desta unitaria que permita e garantice a súa supervivencia  e
querida polas familias de Vilariño e que ten un amplo apoio popular.
Por iso, a portavoz Socialista Fátima Abal, quere e agarda do Concello unha defensa total  desta unitaria que permita e garantice a súa supervivencia.



20 de junio de 2013

A FACULTADE DE BELAS ARTES DE PONTEVEDRA ABRE A SUA CUARTA EXPOSICIÓN NO PAZO TORRADO






O alcalde, Luís Aragunde, xunto co profesor de Belas Artes Javier Tudela, inaugurou o pasado xoves a exposición  "6 proxectos de espazo para un espazo", unha mostra realizada en colaboración entre o Concello de Cambados e a Universidade de Vigo (facultade de Belas Artes de Pontevedra). Asistiron ao acto catro dos seis artistas participantes nesta exposición, entre eles o portugués Alexandre Costa e os galegos Jesús de la Iglesia, Lucía Romaní e Carlos Suárez.

 6 PROXECTOS DE ESPAZO PARA 1 ESPAZO é a cuarta colaboración entre o Concello de Cambados e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Na primeira edición do ano 2010 expuxeron os seus traballos 15 artistas egresados da Facultade. Doce proxectos máis, tamén de alumnos, víronse no 2011; o ano pasado tres artistas e profesores: Fernando Casás, Juan Fernando de Laiglesia e Manuel Moldes aceptaron o reto para un diálogo entre as súas obras, sempre no marco dos espazos do Pazo Torrado. O proxecto buscaba establecer sinergias entre as dúas institucións e materializouse mediante a firma dun convenio que outra vez renóvase: "Mantemos o diálogo para que os 25 km. que nos separan non sexan un obstáculo, para que un lugar como Cambados, tan xeneroso coa creación artística, e unha Facultade que está transformando a paisaxe da arte contemporánea galego poidan redescubrirse e conversar". Isto propoñiamos entón e niso seguimos empeñados volvendo coas nosas obras a Cambados. 



Nesta cuarta edición presentan algúns dos seus traballos seis artistas que teñen un percorrido profesional, á vez que se manteñen vinculados cos seus proxectos de investigación ao Departamento de Escultura da Universidade de Vigo. Alexandre Costa desde a súa preocupación pola entropía e o control dos procesos da creación, Jesús da Igrexa ocupado na hibridación dos procedementos de representación, Joan Morera indaga na condición dinámica e aberta da paisaxe, Lucia Romaní na complejidad do espazo público, Carlota Salgado percorre as marxes da actividade artística, e Carlos Suarez cruza as liñas fronterizas entre os asentamientos humanos e as migraciones. 

Nestes catro anos traballamos con dúas intencións: en primeiro lugar quixemos desenvolver os proxectos artísticos en relación a un marco específico o Pazo de Torrado- dialogando coas súas peculiaridades e buscando que o propio espazo sexa coprotagonista do que nel acontece. En segundo lugar constatamos o potencial da Facultade de Belas Artes de Pontevedra na transformación do ámbito das artes plásticas de Galicia. Somos conscientes desta responsabilidade, e da importancia de construír proxectos para ensaiar e redefinir os nosos obxectivos no contexto da creación plástica galega do século XXI. 




6 PROXECTOS DE ESPAZO PARA UN ESPAZO 
Pazo de Torrado 
Rúa Príncipe, 10. Cambados.
Datas: 13.06.2013 / 20.07.2013 
Inauguración: xoves 13 de xuño ás 8 da tarde 
Horario: martes a venres de 5 a 8h. 
Sábados, domingos e festivos de 11 a 1,30h. e de 5 a 8h. 
Comisario: Javier Tudela Proxecto realizado en colaboración entre o Concello de Cambados e a Universidade de Vigo 




19 de junio de 2013

CLAUSURADO O OBRADOIRO DE EMPREGO DA LANZADA





O presidente da Deputación, Rafael Louzán, salientou este martes que o centro de A Lanzada seguirá dispoñible para novos obradoiros de hostalería.
Para Louzán hai "absoluta compatibilidade " entre o uso do centro de A Lanzada como aloxamento no marco do programa Pousadas do Salnés e como aula de formación para os obradoiros de hostalería, asegurando que estas instalacións "estarán dispoñibles para próximas edicións desta iniciativa de emprego", que a Mancomunidade xa volveu a solicitar.
Louzán participou este martes no acto de clausura dos cursos do obradoiro Hostalería do Salnés IV xunto coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; o presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán; e o alcalde de O Grove, Miguel Ángel Pérez, que destacaron o éxito destes obradoiros, que xa acadan a cuarta edición.
Trinta e seis alumnos recibiron o seu diploma  de cociñeiro, camareiro de restaurante-bar e camareiro de planta.
Louzán fixo fincapé no extraordinario marco no que se desenvolve este obradoiro de emprego e na súa idoneidade, dado que se trata "da comarca máis turística de Galicia" e, en consecuencia, dunha área na que se precisa de persoal ben formado para seguir apostando por un turismo de calidade.
O presidente da Deputación felicitou a alumnos e profesores e amosou o seu desexo de que esta iniciativa teña continuidade en anos vindeiros, co obxectivo de darlle unha oportunidade de formación cada día a máis persoas.
Cunha duración de 6 meses e 8 horas diarias de clase, os alumnos recibiron formación teórica e práctica en cada unha das especialidades, así como clases de orientación laboral, iniciación á informática, idiomas, prevención de riscos laborais, sensibilización de xénero, concienciación medio ambiental e manipulación alimentos, entre outras materias transversais.




108 C0NSULTAS O PRIMEIRO DIA DAS 9 OFICINAS DE ASESORAMENTO A PREFERENTISTAS






Polos datos que aparecen extranamente non debe haber afectados en Cambados e arredores ou xa arranxaron os seus problemas.


A oficina de asesoramento legal a afectados por preferentes posta en marcha este martes na sede administrativa da Deputación recibiu neste primeiro día de funcionamento un total de 17 consultas.
Neste primeiro día foron un total de 108 consultas. Entre as oficinas de Pontevedra (17 casos), A Estrada (16), Lalín (12), Ponteareas (14), Tui (7), Cangas, Vigo e Redondela con 11 consultas atendidas en cada unha.
A maioría dos que acudiron a estes puntos de asistencia xurídica fixérono interesados pola súa situación concreta tras a quita, debido á desconfianza que lles xeran as cifras que a entidade financeira facilita.
Outro dos motivos que máis consultas orixinou foi a dúbida sobre se unha vez que os afectados acoden ao Fondo de Garantía para darlle liquidez ás súas accións tras o canxe se pecha ou non a vía xudicial; así como as posibilidades do usuario de recuperar os seus cartos pola vía da arbitraxe.

DOCUMENTACIÓN PRECISA
Todas as consultas foron atendidas con todo detalle, pero neste primeiro día de funcionamento foron moitas as persoas que acordaron xa cita para próximas xornadas, co obxectivo de acudir á oficina con toda a documentación que permita afondar en cada caso concreto.
Neste sentido, e dado que estas oficinas ofrecen asesoramento individualizado, baseado no estudo detallado de cada caso, é recomendable –para evitar ter que acudir dúas veces á oficina- que os usuarios acudan a elas con documentación relativa á contratación das preferentes ou subordinadas, como pode ser, en caso de que lle foran facilitados:
  • Contrato de depósito e administración de valores
  • Orde ou ordes de subscrición de participacións preferentes e ou obrigacións subordinadas
  • Documentación ou informe sobre a rendibilidade do produto
  • Cuestionarios Mifid, conveniencia e/ou idoneidade
  • Información precontractual (folleto, tríptico, etc)
  • Ordes de venda dos produtos
  • Calquera outro documento relacionado coa contratación das preferentes e subordinadas e que se tivera asinado polo solicitante con anterioridade ou posterioridade á data de contratación.

Ademais, aquelas persoas que precisen asesoramento en relación ao proceso de quita, troco ou mecanismo de liquidez, deberán achegar o documento entregado polo banco para expresar a opción entre depósito ou accións, para os titulares de obrigas subordinadas con vencemento e o formulario do banco para a venta de accións ao Fondo de Garantía de Depósitos.
As últimas informacións falan de 9 persoas atendidas na oficina disposta en Cambados, situada en exposalnés.


18 de junio de 2013

CHARLA SOBRE A SANIDADE NO SALNÉS






"A sanidade non Salnés é ou teu dereito" é o título da charla coloquio que a Plataforma en Defensa dá Sanidade organizou para as 20:30 horas de hoxe no Auditorio. Profesionais da sanidade galega e da comarca abordarán a situación da ampliación do Hospital, do servizo de Urxencias, do área de xestión propia, así como tamén se analizará a Atención Primaria e a necesidade de novos centros de saúde.
Membros da plataforma do Salnés




Abordarán o financiamento dos centros de loita contra a drogodependencia, así como ?ou desmantelamento dá sanidade pública?. Membros da Plataforma animaron onte a asistir a esta charla que organizan para dar a coñecer á cidadanía o estado dos servizos sanitarios de face á protesta convocada para o próximo 27 de xuño. E é que despois de que Sanidade recoñecese que o investimento na ampliación non comezará este ano, entende que a adjudicación do proxecto "é un intento do PP de desmovilizar".


17 de junio de 2013

A DECIMOQUINTA ESCOLA DE VELA DE VERÁN OFERTA CORENTA PRAZAS







O Concello informa que a partir de hoxe luns abre o prazo de inscrición –ata completar prazas- para participar na decimoquinta Escola de Verán de Vela que se vai desenvolver dende o día 22 ata o 28 de xullo, dirixida por dous monitores da Federación Galega deste deporte, coorganizadora do curso. 
Nesta nova convocatoria estival poderán participar corenta afeccionados e afeccionadas da comarca do Salnés que teñan 9 anos cumpridos como mínimo e que saiban nadar (inexcusable). 
 A organización disporá de catro modernas embarcacións “topaz”, que suplen ás antigas “vauriennes”. Ademais, contará con 5 “optimist”, 6 tablas de vela ou “windsurf”, 2 lanchas neumáticas con foraborda e un chaleco salvavidas para cada participante. 
 As clases de técnica náutica (40 horas) desenvolveranse na dársena do peirao de Tragove, de luns a venres, con horarios alternativos: de 10 a 14 horas pola mañá ou 16 a 20 horas tarde.
 O custo do curso será de 25 euros por persoa e as inscripcións formalizaranse na oficina do animador deportivo, no edificio multiusos dos antigos xulgados. 



OS PREFERENTISTAS IMPEDIRON O PLENO DE PONTEVEDRA





¡¡¡ Non haberá plenos ata que cobremos !!!

Os afectados polas preferentes de Pontevedra e Marín anunciárono así de claro e alto.
Mobilizacións en Cambados
Albariño 2012
No caso do Concello de Pontevedra esta mañá, conseguírono sen demasiada insistencia. O alcalde, Fernández Lores, suspendeu o pleno ordinario do mes de xuño, que incluía na orde do día un crédito de 4 millóns de euros.
O feito de que se lles pechou a porta do arbitraje a todas estas persoas, lonxe de inducilas á claudicación, renovoulles as enerxías para seguir pelexando por recuperar o seu diñeiro.   Tamén dixeron alto e claro que se senten defraudados por todos os políticos.
Concello de Pontevedra
A reacción entre os concelleiros da Corporación Municipal de Pontevedra foi inmediata; Louro e demais concelleiros socialistas foron os primeiros en abandonar o Teatro Principal. Despois fixérono entre apupos e reproches os edís do PP, que entendían a indignación deste colectivo, pero non as críticas.         
O alcalde, Fernández Lores departiu uns instantes cos afectados para renovar o apoio institucional do Concello.

CONCERTOS DO ALBARIÑO 2013




Aos poucos vaise coñecendo o cartel de concertos da Festa do Albariño de Cambados. Chenoa, Julieta Venegas e o galego Roi Casal poñerán a música nas noites da festa máis grande da vila.

O cartel abrirao o mércores 31 de xullo o catoirense Roi Casal, segundo recolle a web do Agadic, e  ao día seguinte a cantante Chenoa, que volverá á praza de Fefiñáns once anos despois de que o fixese por primeira vez, tamén nun Albariño. Foi o ano da eclosión do programa televisivo Operación Triunfo e por Cambados deixáronse ver ese verán ata catro triunfitos acompañando a Rosa López, entón Rosa de España, á cabeza.Xunto a Chenoa actuará David Civera no marco da XVI Gala do Albariño máis outros artistas pendentes de confirmar.

Desde o Concello informan de que se seguen pechando contratos pero a web oficial de Chenoa non deixa lugar a dúbidas; o xoves 1 de agosto estará en Cambados. A actuación do venres descoñécese, soa con forza Melendi pero na sua web non aparece nada sobre Cambados. Pero a que si xa transcendeu é a do sábado 3 de agosto, para cando se espera á mexicana Julieta Venegas. A entrada a todos os concertos da Festa do Albariño será gratuita .



15 de junio de 2013

NOVAS MEDIDAS PARA A POIAR A OS ESTAFADOS POLAS PREFERENTES





Os afectados pola comercialización de produtos financeiros híbridos de Pontevedra que non puidesen acudir á vía da arbitraxe para recuperar o diñeiro atrapado en participacións preferentes e subordinadas terán á súa disposición a partir dopróximo martes 18 de xuño unha oficina de asesoramento para presentar unha demanda na vía xudicial.
O servizo poñerase en marcha froito dun convenio subscrito polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), Miguel López Crespo, e estará a disposición dos afectados en oficinas instaladas nas sedes da Administación provincial en Vigo e Pontevedra e nas casas consistoriais de Tui, Ponteareas, Redondela, Cangas, Cambados, A Estrada e Lalín.


Un avogado atenderalles en cada unha delas as de 10.00 a 14.00 horas durante os próximos dous meses e daralles información individualizada sobre os seus casos. Indicaranlles os pasos que deben dar, a forma de facelo e se teñen ou non dereito á Xustiza gratuíta.
Rafael Louzán explicou que o servizo ten como obxectivo orientar os afectados á hora de reclamar a devolución do seu diñeiro pola vía xudicial. Ponse en marcha agora porque a partir do próximo luns xa non poderán presentarse novas solucitudes para acudir á vía da arbitraxe, de modo que a Deputación busca "orientalos e asesoralos nun momento crucial como é o actual, cando teñen que facer fronte ao troco e ás quitas".
Miguel López indicou que a posta en marcha desta rede de oficinas significa "dar un paso máis alá na defensa de todas aquelas persoas que foron enganadas na contratación destes produtos" e que o servizo permitirá que "todos vos que teñan a decisión firme de levar ata ou final a reclamación de que ou seu diñeiro lle sexa devolto contén cun asesoramento pormenorizado e individualizado".


Tanto Louzán coma o responsable da UCGAL destacaron a efectividade que demostrou en Galicia a vía da arbitraxe. O presidente provincial aplaudiu que
 entre 35.000 e 40.000 persoas recuperará o 100% dos seus aforros a través deste método, do total de 64.741 reclamacións realizadas por afectados ante o Instituto Galego de Consumo, e destacou que este "logro" foi posible pola loita dos afectados e pola Xunta de Galicia foi o "unico" goberno autonómico "implicado" na defensa dos cidadáns con diñeiro atrapado en produtos híbridos.Ao respecto, defendeu a presentación de demandas individuales por parte dos afectados fronte ás demandas colectivas presentadas por diversos colectivos como a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. No seu oponión, este tipo de actuacións colectivas "non son a fórmula máis axeitada para estes casos", pois son efectivas noutro tipo de reclamacións nas que o que se busca é evitar que se volvan repetir comportamentos prexudiciais para os consumidores, pero non aquí, onde o que se busca é recuperar os fondos atrapados.
Louzán defendeu estas medidas "efectivas e realistas"postas en marcha pola Xunta de Galicia e, agora pola Deputación e a Unión de Consumidores fronte a actuacións como a anunciada esta semana polo Concello de Pontevedra de retirar sobre un millón de euros de catro contas bancarias que teñen en NCG Banco por non devolver o diñeiro atrapado aos afectados pontevedreses.
"Vai beneficiar en algo aos afectados? En nada", indicou Louzán sobre esta medida do Concello de Pontevedra que cualifica de "demagóxica e que non conduce a nada". Criticou a actuación do concello capitalino e sinalou que " se conducira a algo, se beneficiara en algo, a Deputación sería a primeira en tomar esa decisión". Ademais, no seu caso, a incidencia sería maior, pois son "a segunda Administración en Galicia con máis diñeiro investido en Novagalicia".



14 de junio de 2013

EMBÁRGANLLE O SALARIO A TELMO MARTÍN.





Unha débeda pendente da Sociedade Deportiva Teucro levou ao Xulgado do Social Número 2 de Pontevedra ten decretado o embargo "da parte proporcional do soldo e demais prestacións que perciba o executado, Telmo Martín González, do Congreso dos Deputados".

Os xornalistas Begoña Márquez e Juan Martínez contan en páxinas do Faro de Vigo que en marzo do ano 2011, Telmo Martín se ofreceu como avalista "subsidiario" ao equipo de balonmán coa finalidade de levantar o embargo que pesaba sobre as contas do club.
Sucedeu durante a precampaña para as eleccións municipais nas que se presentaba por segunda vez á alcaldía.
Sobre o Teucro había unha reclamación de 50.000 euros instada polo xogador Coque Fontenla. A Sociedade Deportiva Teucro asinou un plan de pagamentos de acordo con Coque Fontenla. O ex capitán teucrista cobraría en quince talóns. Pero só cobrou os dous primeiros.



13 de junio de 2013

JOSÉ LUÍS BALTAR SENTARASE NO BANQUIÑO DOS ACUSADOS






O expresidente da Diputación de Ourense e do PP ourensano José Luís Baltar sentarase no banquiño dos acusados da Audiencia Provincial imputado por un suposto delito de prevaricación continuada, despois de que un auto xudicial, sen posibilidade de recurso algún, rexeitase este xoves a petición da defensa para arquivar a causa e a do PSOE para ampliar os delitos.

O veterano político, que se deu de baixa no PP ao comezo do proceso xudicial, foi investigado polo Xulgado de Instrución número 1 de Ourense, que determinou a existencia de indicios dun suposto delito de prevaricación, en relación a varios decretos asinados polo expresidente da Diputación provincial, semanas antes de que se celebrase o congreso no que o seu fillo José Manuel Baltar resultou elixido presidente provincial do PP.



A instrución está pechada, pero quedaban por resolver senllos recursos da defensa e da acusación popular exercida polo PSOE. O primeiro pedindo o sobreseimiento da causa por suposta "indefensión xurídica" e o segundo para a ampliación das posibles acusacións a malversación de caudales públicos e falsedad documental, en relación cos contratos supuestamente fraudulentos.

Ambos foron rexeitados e sen posibilidade de recurso e un día antes do previsto.




SANIDADE ADXUDICA A AMPLIACIÓN DO H. DO SALNÉS





consellería de Sanidade adxudicou á empresa Cofely España o proxecto de ampliación do Hospital do Salnés, en Vilagarcía de Arousa, por un presuposto de10.909.284 euros. Segundo indican dende a consellería trátase do mellor proxecto técnico e a mellor oferta económica.
O contrato que se asinará na segunda quincena deste mes con esta empresa filial española do xigante enerxético GDF Suez considera tamén a revisión dos proxectos, dirección de obra, mantemento e subministro eléctrico dos centros de saúde de Marín, Arteixo, Galeras (Santiago), Malpica, A Capela, O Couto (Ourense), A Valenzá (Barbadás), Nigrán, Oia, Tui, Ares, Cambre, Pontedeva, Gondomar e Culleredo.
M.A. Villanueva cando
presentou a sua dimisión
Cofely España foi noticia nos últimos meses por fichar como conselleiro asesor da compañía enerxética a Miguel Ángel Villanueva, que fora vicealcalde de Madrid durante a traxedia do Madrid Arena na que faleceron cinco mozas. Villanueva presentara a súa renuncia como concelleiro o 9 de xaneiro cando a alcaldesa Ana Botella decidiu reestruturar o seu equipo e sacar á súa man dereita da área de Seguridade do Concello. Catro meses máis tarde recibía a oferta de Cofely España e fichaba por esta empresa.
M. Nieves Domínguez, Xerente do SERGAS
Agora, esta adxudicataria conta cun máximo de seis meses para entregar os proxectos arquitectónicos de cada un dos 16 centros pertencentes a rede galega de Sanidade que se irán licitando a medida que se vaian entregando.