Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de mayo de 2013

FESTA DO LABREGO EN VILARIÑO







A organización da Festa do Labrego, na parroquia de Vilariño, vai celebrar a trixésimo segunda edición, este domingo 26 de maio, no que sobresaen as actuacións musicais e os cuantiosos premios para tractores e carricaos concursantes.
Os participantes irán saíndo dende A Modia, Sameiro e Covas de Lobos (estrada xeral) acompañados coma sempre de diversos grupos folclóricos.
Para as 10 da mañá está previsto o desfile de carros do país, tractores, cabalos e carrozas, saíndo do Cruceiro (estrada xeral) ata o recinto situado en Burgáns (fronte ó campo de fútbol), acompañado por varios grupos folclóricos: Cuarteto Tradicional "Bou de Bou" Gaiteiros de Corvillón, Os Carballeiras de Vilariño e Os Cruceiros de Tremoedo emaila Banda de Música de Castrelo.
Durante a xornada desta tradicional romaría celebrarase a homenaxe ós labregos,  con misa solemne no recinto, actuacións folclóricas, reparto de chourizos e pan de millo, concerto musical, exposición de produtos agrarios e, xa pola tarde, subasta dos mesmos produtos, ademais dos concursos populares. A comisión quere lograr cada ano unha maior participación dos veciños na exposición de produtos agrarios “para demostrar realmente a riqueza agrícola da nosa parroquia”.


Os premios incrementan contías
No apartado dos premios, a organización acordou incrementar as contías outorgando 200 euros en metálico máis trofeo, ó tractor mellor engalanado para a ocasión. O segundo será recompensado con 150 euros e trofeo, e o terceiro percibirá 80 euros máis trofeo. O mellor carricao percibirá 130 euros, o segundo 70 euros e o terceiro 40 euros, ademais do correspondente trofeo. O mellor carro do país, opción á que cada ano concurren menos aspirantes, obterá 60 euros e trofeo. Asemade, outorgaráse unha cesta de produtos típicos da nosa terra ó grupo máis numeroso que se xunte a xantar no recinto.
Ademais destes agasallos tamén se recompensará a empanada máis grande, o pan máis grande, os gañadores das carreiras de sacos, os de tiro á corda, os participantes na exposición de produtos agrarios, os da exhibición de cabalos, os grupos folclóricos e os concursantes no tiro de chave.

Dende as 5 da tarde principiarán os concursos populares para continuar coa subasta de produtos agrarios, e maila entrega de premios, rematando á noite coa verbena fin de festa que este ano estará amenizada pola orquestra Canada. Ante a posibilidade de choiva, a organización conta cunha gran carpa para realizar as actividades programadas.

FESTA DA VIEIRA 2013





A 12 edición da Festa da Vieira de Cambados está en marcha organizada, por primeira vez, polo Concello, a confraría San Antonio e a sociedade Puerto de Cambados en colaboración co Grupo Norte de Comunicación e co patrocinio da adega Martín Codax.

A organización convocou o concurso para a elección do cartel que será a imaxe que dará a coñecer a festa deste ano. Será elixido entre os bosquexos elaborados por nenos da ESO de colexios de Cambados e seleccionarase o sábado 25 de maio. Todos os carteis serán expostos durante a festa e os seus creadores serán obsequiados cun pequeno detalle.
O cartel gañador darase a coñecer nunhas semanas xunto co programa da festa deste ano. Como novidade, entregarase o galardón da Vieira de Cambados e un premio dedicado aos medios de comunicación que máis e mellor promovesen a festa e a vieira. Serán tres premios para tres categorías: prensa, radio e televisión.
A edición deste ano celebrarase entre os días 18 e 21 de xullo, ambos os dous inclusive, no recinto de La Calzada de Cambados e espérase que aumente considerablemente o número de participantes. En canto aos actos, inclúen actividades culturais, deportivas, musicais e gastronómicas.