Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de marzo de 2013

O PSOE CAMBADÉS CRITICA A HIPOTÉTICA AMPLIACIÓN DE SETE PIAS





 Os Socialistas de Cambados denuncian o abandono do Polígono de Sete Pias e critican a pretendida e recurrente ampliación que sempre anuncian cando precisan titulares.
Fátima Abal sinala que non é lóxico ampliar o que non está colmado.


O PSOE de Cambados denuncia a recurrente venda de noticias, como a da ampliación de SetePias, por parte dun PP que leva anos falando dos mesmos temas e sen resolver ningún deles.
A Portavoz Socialista Fátima Abal critica que o Alcalde se poña a falar de ampliar un espazo que está baleiro de actividade, con naves en venda e outras que nunca abren as súas portas, con todo o que está a caer na Comarca e o paro que enche ás familias de incertidumes. Os Socialistas denuncian que levan anos pedindo que se arranxen os viais, as beirarrúas, que se coloque unha sinalización de empresas clara que facilite a súa localización, e non a que colocaron que nin se ve nin soluciona nada. Abal Roma engadíu que foron as propias Institucións da Xunta, encargadas de velar pola calidade das infraestructuras e servizos destos Polígonos, a que fixo un informe demoledor, rotundamente negativo dos servizos que ofrece e deixando en evidencia as amplas carencias que ten.



O PSOE de Cambados lembra que o PP sempre actúa do mesmo xeito e vende durante anos proxectos e xestións que nunca chegan a ser realidade e pasamos décadas falando deles como se de verdade existirán. A Portavoz Socialista Fátima Abal quixo recalcar que non se pode ampliar o que nin siquera está completo de edificación e actividade, polo que os Socialistas decímoslle que faga con urxencia plans para reactivar o Polígono e atraiga empresas que xeneren postos de traballo e deixemos os soños faraónicos para outro momento xa que a sociedade ten outras prioridades elementais que debemos resolver.
                                                                            

15 de marzo de 2013

RECORDOS, UN DESCANSO, NOVAS VIAXES









                            ATA PRONTO


























ABANDONAN UNHA REUNION CON LOUZAN AO GRITO DE CORRUPTO E SINVERGOÑA







Tras hora e media de reunión a maior parte dos portavoces das plataformas afectadas polas preferentes da provincia de Pontevedra abandonaron o seu encontro co presidente da Deputación e do PP pontevedrés, Rafael Louzán,"ao constatar que non obteriamos unha solución satisfactoria ás nosas demandas", afirmaron.
Este grupo de afectados abandonou a sala increpando a Louzán con cualificativos como "corrupto" e "sinvergüenza".  
"Aquilo converteuse nunha confrontación directa e nun ton despectivo entre o portavoz da plataforma de Baixo Miño e o presidente da Deputación", explicaron algúns dos representantes.
Segundo estas mesmas fontes, a reunión comezou pasadas as oito da tarde "e as cousas fóronse quentando entre Louzán e Xulio Vicente", este último portavoz de Baixo Miño e traballador do sindicato nacionalista CIG.
O presidente acusaba ao sindicalista de "manipular ao colectivo de afectados" e este censuraba o político por "mentir aos estafados polas preferentes".
A Louzán e ao resto da "clase política"chamáronlles "cobardes" por estar "manexados pola banca" e "non ter narices" de enfrontarse ao poder económico. E antes de marchar lanzaron un aviso que "como fagan unha quita, a xente desesperada non sabe o que é capaz de facer".Segundo José Manuel Vázquez, portavoz da plataforma do Salnés, os afectados esixíronlle ao mandatario popular que traslade ao Goberno central a necesidade de buscar "onde sexa" o diñeiro para devolverlles os seus aforros.

1ª ASEMBLEA NACIONAL DE ANOVA-IRMANDADE NACIONALISTA




Anova-Irmandade Nacionalista prepara a súa primeira asemblea nacional, que desembocará nun plenario o fin de semana do 8 e 9 e xuño, e na que os afiliados poderán facer achegas ás teses de forma directa. Este prazo de dúas semanas finalizará o 17 de marzo.

A coordinadora nacional de Anova, formación que concorreu nas pasadas eleccións autonómicas con Esquerda Unida en coalición, acordou que celebrará o fin de semana do 8 e 9 de xuño a súa primeira asemblea nacional, despois da súa constitución o pasado ano.



Con anterioridade, no mes de abril, celebrará unha asemblea deliberante aberta á participación de todas as persoas que queiran compartir as súas opinións con esta formación, así como ideas, propostas e a situación política, xunto co propio papel de Anova.

Na asemblea, participarán directamente con voz e voto todas as persoas afiliadas, que terán xa na elaboración das teses un papel "central", coa posibilidade de facer achegas directas aos documentos.

Anova constituíuse en formación política o pasado 14 de xullo, despois dunha asemblea constituínte na que se aglutinaron correntes políticas como os 'irmandiños' de Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega --alcalde de Teo--, escindidos do BNG, ou outras formacións da esquerda nacionalista.

"HORIZONTAL, ABERTO AO PLURALISMO"

Esta organización destaca que é froito dun "proceso intenso de creación de abaixo cara a arriba", que desembocou nunha formación "de novo tipo", é dicir, "horizontal, aberta ao pluralismo existente no nacionalismo de esquerda e ao servizo da maioría social".



Hoxe en día, "tras un proceso de maduración, de práctica política e aprendizaxe urxente", sinala, Anova vai a "necesidade de novas concrecións, actualización de estratexias e medidas de reforzo organizativo" que fan que encare esta asemblea ordinaria "coa ilusión de completar un primeiro ciclo inicial, frutífero e que superou as máis ambiciosas expectativas" previstas no mes de xullo do pasado ano.





MOBILIZACIONS CONTRA OS RECORTES NA SANIDADE PÚBLICA




Amosarán o seu rexeitamento ás políticas de recortes levadas a cabo polos gobernos autonómico e estatal.

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Pontevedra e SOS Sanidade Pública convocan unha mobilización cidadá e dos traballadores sanitarios para o día 21 de marzo. Con ela pretenden amosar ós gobernos central e autonómico o seu rexeitamento contra o que din, son unhas políticas de desmantelamento e privatación da sanidade.
As plataformas convocantes quéixanse pola introducción do copago, os plans para pechar centros de urxencias e farmacias no rural, a paralización da construcción de novos centros, a supresión do dereito de atención sanitaria a maiores de 26 anos que nunca cotizaran ou a paralización do proxecto do Hospital único de Pontevedra. 

No acto de presentación estiveron presentes os rexedores de Vilaboa e Poio xunto co alcalde de Pontevedra. Miguel Anxo Fernández Lores animou a tódolos veciños a tomar parte desta mobilización o 21 de marzo.


14 de marzo de 2013

O ROUBO DE CABLE DEIXA PARTE DA AUTOVIA DO SALNES SEN ILUMINAR









O Concello de Sanxenxo detectou este xoves pola mañá o roubo de 600 metros de cable de 10 milímetros de diámetro da liña de iluminación pública nun tramo da autovía do Salnés ao seu paso por Sanxenxo, concretamente no treito que vai dende o cruzamento da rotonda do Vinquiño dirección ao Grove.

Por este motivo, uns 500 metros desta estrada quedaron sen iluminación debido ao que o concelleiro de Medio e Servizos, José Luis Rodríguez, considera un furto efectuado por profesionais, dado que fixeron cortes limpos nunha liña con tensión, utilizando ferramentas especiais e non deixando derivacións nin estragos.
"Este roubo é dunha transcendencia enorme pois o feito de que se realizara nunha liña con electricidade, danos a entender que só será a presenza física de medios humanos a que poderá impedir que isto aumente de xeito exponencial", comentou o concelleiro delegado de Medio.
Por requirimento desta área municipal, a Policía Local desprazouse á zona co fin de levantar un atestado en presenza do persoal de mantemento eléctrico do Concello de Sanxenxo,informe que se trasladará á Xunta de Galicia de cara á súa reposición.





SEGUNDO UN PERITO O PRESTIGE TIÑA QUE SER REMOLCADO A PORTO






 O perito holandés Klass Reigniger, proposto pola propietaria do 'Prestige', Mare Shipping, e a defensa do capitán, Apostolos Mangouras, comparou a actuación das autoridades españolas na xestión desta catástrofe coa dunha "avestruz que mete a cabeza na area e espera que aconteza o menos malo posible".
   No xuízo polo sinistro marítimo, Reigniger defendeu que a "solución" era levar o barco "a un porto refuxio", en alusión á enseada de Corcubión, e acusou de "incomprensible" a decisión de afastalo. Así, díxo que o levar rumbo noroeste era "pedir a berros a creación de problemas maiores".
   "Se se quería afastar, polo menos, levalo rumbo sueste", sentenciou este perito, con 43 anos de experiencia en salvamento marítimo e que traballou para Smit Tak, actual Smit Salvage, a empresa de rescate que contratou a armadora.

ARRANQUE DA MÁQUINA

   Na súa declaración, Reigniger admitiu que o buque estaba "ferido" o mesmo día do accidente --o 13 de novembro de 2002-- e argumentou que debeu levarse, por iso, a porto refuxio.
   Tamén cuestionou a decisión de acender a máquina do 'Prestige' o día 14, que adoptou o inspector marítimo Serafín Díaz Regueiro, a primeira persoa que mandaron as autoridades españolas ao buque.
   En concreto,  dixo que tomar esta medida, sen realizar unha inspección previa, "vai en contra dos principios fundamentais de salvamento". "Sen unha inspección nunca se arranca unha máquina", remarcou este perito holandés ao advertir que isto pode ocasionar "un dano estrutural grave".

ESCORA DO BUQUE

   Sobre a decisión do capitán do 'Prestige' de corrixir a escora de 25 graos que tiña o barco co lastrado de tanques con auga, admitiu que, de estar alí, non aconsellaría ao capitán "facelo".
   "Pero coa escora que había, hai que elixir", remarcou este perito, para quen Apostolos Mangouras merece "un grande aplauso" por tomar unha decisión "sen ter un coñecemento completo da situación".


  Este perito manifestou que, a pesar dos seus 43 anos de experiencia, nunca estivo nun buque cunha escora así e apuntou que se as persoas presentes no xuízo permanecesen nun barco así "faríanse augas menores nos seus pantalóns", citou como exemplo.
   O mesmo argumento da súa experiencia utilizou para afirmar que, durante a súa vida profesional, non se atopou unha xestión "tan caótica" como a do 'Prestige'.




A PATRONAL DA ALIMENTACIÓN QUERE EVITAR A FOLGA DA SEMANA SANTA










A convocatoria de folga no sector de alimentación para os días 25, 26, 27, 28 e 30 de marzo xa provocou a primeira reacción na patronal. Os empresarios convocaron os sindicatos para celebrar unha reunión mañá, venres 15, en Vigo coa intención de chegar a un acordo de negociación do convenio.
As negociacións rompérase semanas atrás xa que, segundo apuntan os sindicatos, os empresarios se negaron a retirar ningunha das súas propostas. Os representantes de CIG, UGT e CC. OO. apuntan que algunhas desas propostas eran totalmente abusivas: "como a de recuperar as horas cando se faltaba por ir ao médico", afirma Carlos Búa de Comisións Obreiras durante a rolda de prensa ofrecida en compaña de Eva Rojas de UGT e Carlos Cadórniga de CIG.
Na reunión de mañá, os sindicatos agardan que poida haber algún avance pero a convocatoria de folga segue en pé. O domingo 17 de marzo pola mañá trasladarán á asemblea de traballadores en Pontevedra o que transmita a patronal na xuntanza do venres.
As centrais sindicais indicaron que se temen que xa se están a producir presións sobre os traballadores para que non secunden a folga nos días previstos durante a Semana Santa e anunciaron que "non vamos tolerar que se coaccione aos traballadores para evitar que vaian á folga. Acudiremos á xustiza ante a primeira proba de que se lles está a presionar", segundo sinalou Carlos Cadórniga.
15 mil traballadores están chamados a esta convocatoria na provincia de Pontevedra. Os principais grupos da alimentación afectados por este paro serían Gadisa e Froiz.



A RIA DE AROUSA RECIBE A XÓVENES XAPONESES






Un grupo de 15 mozos e mozas da prefectura de Wakayama, en Xapón, visitan estes días Galicia grazas ao programa de mobilidade da Xunta ‘A Xuventude no mundo’. Hoxe en concreto andan pola Ría de Arousa.
A visita dos mozos xaponeses está planificada ao milímetro para que poidan coñecer os lugares máis atractivos de ríaa de Arousa, á que chegarán a primeira hora da mañá desde Combarro. Sobre as 11.00 horas visitarán a ermida da Lanzada, punto desde o que se dirixirán ata a illa da Toxa. A visita dos xaponeses finalizará en Cambados a partir das 15.30 horas.
 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, recibiu onte a estes xóvenes en Santiago que estarán de intercambio na Comunidade autónoma ata o próximo domingo. En xullo terá lugar a acollida do grupo galego en Xapón.
A titular de Benestar destacou que a Dirección Xeral de Xuventude puxo en marcha ‘A Xuventude no Mundo’ no año 2010, polo que este intercambio ten lugar por cuarto ano consecutivo. Ata o momento, máis de 460 mozos e mozas tomaron parte desta campaña que oferta prazas en diferentes países.
No primeiro semestre deste ano, un total de 50 mozos galegos participarán en intercambios en Italia, Rusia e Xapón. O orzamento para desenvolver esta iniciativa será de 16.000 euros. Ademais, Mato destacou que se levarán a cabo outros programas de mobilidade e, así, ao longo de 2013 ofertaranse preto de 2.500 prazas de mobilidade para a mocidade.
Kumano Kodo

Wakayama e Galicia están irmandados desde hai máis de 15 anos. En 1997 asinouse un documento de irmandamento entre o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo, a ruta de peregrinación propia desta rexión xaponesa.
Deste xeito, o Camiño e o Kumano Kodo son as dúas únicas rutas de peregrinación recoñecidas pola Unesco como Patrimonio da Humanidade en todo o mundo. 


TODA A INFORMACION DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN QUE ORGANIZA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA




Para todo aquel que se queixa de que os seus fillos nunca so elexidos para ir a os campamentos que organiza a Deputación, ofrecémoslles aquí as bases para que teñan base nas protestas que ano tras ano esoitamos  nas rúas. Creemos que é ilóxico que queden rapaces fora que nunca foron e que repitan outros por causas descoñecidas.
A continuación tedes toda a información necesaria copiada da web da Deputación tal cual se publicou o 1 de marzo de 2013.


DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
CAMPAMENTOS A LANZADA 2013
BASES
A Deputación de Pontevedra oferta, un ano máis, os campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada, que terán lugar nas seguintes datas:
  • Primeira quenda: 23 de xuño – 29 de xuño
  • Segunda quenda: 30 de xuño – 6 de xullo
  • Terceira quenda: 7 de xullo – 13 de xullo
  • Cuarta quenda: 14 de xullo – 20 de xullo
  • Quinta quenda: 21 de xullo – 27 de xullo
  • Sexta quenda: 28 de xullo – 3 de agosto
  • Sétima quenda: 4 de agosto – 10 de agosto
  • Oitava quenda: 11 de agosto – 17 de agosto
  • Novena quenda: 18 de agosto – 24 de agosto
  • Décima quenda: 25 de agosto – 31 de agosto
  • Undécima quenda: 1 de setembro – 7 de setembro
A derradeira quenda está pendente de confirmar debido a que non está aprobado o calendario escolar nin a data de comezo das clases.
SOLICITUDES
Participantes
Rapaces que teñan o seu domicilio habitual no concello no que solicitan a praza (certificado ou volante de empadroamento), nacidos entre os anos 2000 e 2005, ambos os dous incluídos.
Quedarán excluídos os menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias así como os nenos con doenzas ou minusvalías que teñan contraindicadas a súa asistencia ó campamento e o desenvolvemento normal das actividades.
Impresos
Solicitude e folla de inscrición.
Normas para cubrir os impresos
Na solicitude cubriranse os datos da unidade familiar, é dicir, os datos do pai, nai ou titor, co DNI, teléfono móbil (obrigatorio), enderezo e concello.
A continuación indicaranse os datos do neno ou nenos (irmáns) que queiran ir xuntos ó campamento, por orde de prioridade, da 1ª a 11ª quenda.
Se os irmáns queren ir en quendas separadas deberase cubrir unha solicitude por neno. Neste caso hai que ter en conta que os irmáns entrarían por separado no sorteo, pero non se pode asegurar que, de ser agraciados cunha praza, saian en quendas separadas.
As solicitudes asinaranas os pais ou titores dos nenos.
Os datos da solicitude verificaranse coa documentación presentada así como coa base de datos de asistentes do ano pasado. De existir faltas de veracidade, as ditas solicitudes quedarán excluídas do proceso.
Na folla de inscrición deben cubrirse os datos do neno, enfermidades, alerxias, etc. (unha folla por neno).
Lugar de presentación das solicitudes e da documentación
As solicitudes presentaranse nos concellos colaboradores, na Oficina de Información ó Cidadán, na Sede da Deputación en Vigo ou no Centro Príncipe Felipe (oficinas).
Os que presenten a súa solicitude a través do procedemento do portelo único dos concellos ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deberán remitir, unha vez rexistrada, unha copia por fax ó número 986 804 138.
Non se admitirán as solicitudes presentadas unicamente por fax.
Prazos
  • Presentación de solicitudes: do 1 de marzo ó 5 de abril.
  • Sorteo e publicación das listaxes de admitidos: do 29 de abril ó 3 de maio.
  • Comunicarase o resultado dos participantes seleccionados por SMS (desde o Concello ou a Deputación) ou por correo electrónico.
  • Prazo de presentación do pagamento: desde o día seguinte ó sorteo ata o 24 de maio.
  • Chamada ós participantes en lista de espera: do 3 ó 7 de xuño.
Prezo
O prezo será de 68 € por neno.
No prezo do campamento non se inclúen actividades nin excursións, que serán aboadas na presentación do campamento (no primeiro día da correspondente quenda).
ADXUDICACIÓNS
Cobertura das prazas
As prazas cubriranse mediante sorteo nas distintas quendas; asígnanse 100 prazas para nenos e outras 100 para nenas. De non existir cota suficiente para cubrilas farase a través de múltiplos de cinco, por exemplo: 90/110, 95/105…
Daráselles prioridade no sorteo ós participantes que non asistiron ó campamento na campaña de verán do ano pasado.
A cota por concellos, é dicir, as prazas asignadas a cada concello en proporción da súa poboación (datos obtidos do INE, censo do ano 2011), establécese de acordo co seguinte reparto:
Parámetros de poboación
Maior ou igual a (habitantes)Menor a (habitantes)Prazas
03.00010
3.0005.00020
5.00010.00025
10.00020.00030
20.00030.00055
30.00035.00080
35.00080.000100
80.000200.000200
200.000300
Reservaranse 30 prazas para os nenos do Centro Príncipe Felipe, repartidas nas once quendas de campamentos. As prazas non cubertas entrarán no sorteo.
Lista de espera
As vacantes que se produzan por renuncia da praza ofreceránselles ós solicitantes que figuren nas listas de espera, tendo en conta que a baixa dun neno cubrirase con outro neno e a baixa dunha nena cubrirase con outra nena.
Teranse en conta os irmáns para a mesma quenda sempre e cando haxa vacantes suficientes; do contrario, chamaríase ó seguinte da lista.
Na lista de espera non se terá en conta a cota correspondente a cada Concello.
As renuncias non se incluirán na lista de espera.
Contactarase cos suplentes por teléfono ou SMS desde a Deputación.
Unha vez aceptada a praza presentarán o pagamento nun prazo de 48 horas. En caso contrario a praza seralle ofertada ó seguinte da lista de espera.
DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR 
  • Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor
  • Fotocopia do DNI do solicitante; de non o ter, o libro de familia
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou do seguro médico privado
  • Certificado ou volante de empadroamento
DEVOLUCIÓN DE COTAS
Para ter dereito á devolución é necesario comunicar a renuncia á praza por escrito mediante un modelo normalizado, polo menos 20 días naturais antes do inicio da quenda (excepto por motivos médicos).
Aquelas solicitudes de devolución de cotas que non se presenten tal e como se reflicte anteriormente serán denegadas, independentemente da causa xustificativa que se alegue.
Motivos de devolución:
  • Enfermidade, accidente…, co correspondente xustificante médico
  • Admisión noutra actividade nas mesmas datas, xuntando o pagamento
INCORPORACIÓN ÓS CAMPAMENTOS
A incorporación ó campamento será por conta do interesado o día de inicio da quenda correspondente, entre as 10:00 e as 11:00 horas.
No suposto de que o participante abandone a actividade ou sexa expulsado será responsabilidade dos pais ou titores legais trasladalo de regreso ó seu domicilio, así como os gastos ocasionados.
OBRIGAS DOS ADXUDICATARIOS
  1. Incorporarse ó campamento e regresar polos medios e nos prazos establecidos.
  2. Non abandonar a actividade sen o permiso do seu responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a presenza dos pais ou titores e será responsabilidade destes o traslado ó seu domicilio, así como os gastos ocasionados.
  3. Respectar as normas establecidas polos equipos de animación.
  4. A praza é intransferible.
SORTEO
  1. Cota por concellos. Prazas asignadas a cada concello en proporción da súa poboación (datos obtidos do INE, censo do ano 2011), tal e como se específica nas bases.
  2. 100 nenos / 100 nenas por quenda. De non existir cota suficiente para cubrilas farase a través de múltiplos de cinco.
  3. Trinta prazas reservadas para os nenos do Centro Príncipe Felipe, repartidas nas once quendas de campamentos.
  4. Preferencia no sorteo para aqueles participantes que non asistiron ó campamento na campaña de verán do ano pasado (2012).
  5. Cando os nenos obteñan praza (por primeira vez no campamento) e teñan irmáns, estes tamén obterán praza na mesma quenda, aínda que xa fosen o ano pasado.
  6. Sorteo por quendas.

O RECADADO POLA MACROCANCEIRA SERÁ PARA PAGAR O PRÉSTAMO QUE PIDEU LOUZÁN?






TRAGSA cobrará aos cidadáns 45 euros por recoller ao seu can perdido, 5 euros por cada dia que permaneza na armenteira 30 euros por "asistencia sanitaria primaria" 35 euros por transporte.... minimo 115 euros. 
Todo ese diñeiro recaudado por Tragsa aos cidadáns da pronvincia de Pontevedra ingresarallo ás arcas da Diputación Provincial semanalmente, e ademas cada concello pagará 0,30 por cada un dos seus habitantes á Diputacion para a prestacion do servizo, xa que logo é o diñeiro dos propietarios de cans o que financiará a partida de Diputacion para a macrocanceira; e por suposto son os veciños os que pagan a modo de impostos a partida presupuestaria dos concellos.. en resumidas contas, os cidadáns con cans, ou que queiran adoptar financian aos Concellos e á Diputacion, quen dá mais?.
 Este Reglamento atópase en periodo de alegaciones exposto ao publico na Diputacion de Pontevedra, como pontevedrés tes o dereito de alegar e reclamar no que non lestes de acordo, porque ti vas pagar toda esta barbarie.


Pagará Louzán a póliza de crédito que pideu fai uns dias co que se recaude coa canceira?