Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de diciembre de 2013

PROTECCION CIVIL DE CAMBADOS EMBARGADA




Leíamos hai uns dias que Protección Civíl de Cambados quedaba fora de subvencións da Xunta. Pois agora enterámonos que dita agrupación ademáis de non recibir axudas, despois de ser condecorados polo seu traballo no accidente do Alvia na curva de Angrois ten que facer frente a unhas multas co embargo de saldos en contas.
Así se sinala no D.O.G. de hoxe 20 de Decembro, e que reproducimos parcialmente.



VI. ANUNCIOS
A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA
ANUNCIO do 11 de decembro de 2013, da Zona de Recadación de Pontevedra, polo que se relacionan dilixencias pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cambados e sesenta e cinco máis).
O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular da zona de Pontevedra, por medio deste anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na lista que se xunta. Nestes expedientes practicouse dilixencia que non lles puido ser notificada aos interesados malia os intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.
De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, emprázanse os ditos interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación (Zona de Recadación de Pontevedra, rúa A Barca, 10, baixo A, Pontevedra), no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Unha vez transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
     
                     Pontevedra, 11 de decembro de 2013
Fernando Guimaraens Benedeti
                               Recadador de zona de Pontevedra                                
 RESOLUCIÓN                                                                                                                                                       







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.