Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de septiembre de 2012

ARTIGO DO BLOG MOTOS VELLAS DO SALNÉS







Como todos sabedes llevabamos tempo traballando na organización dunha proba de resistencia en scooter clásico para o próximo mes, por suposto Rafa como o que máis. Ata fai dous dias, ocupouse de case todo, como sempre. Pensamos en suspender a proba, pero seguro que lle pareceu fatal. Finalmente démoslle un pequeno retoque ao cartel, para que sirva como a nosa primeira e pequena homenaxe, e para demostrarlle que segue entre nós:

Tamén para promocionar a proba fixemos un pequeno vídeo, no que Rafa achegou a idea básica, e que aínda que sexa en plan de broma, (e nós non estamos para reir), seguro que el esta desexando que o colguemos e que sorriamos , como el estaría facendo xa.

CORES DE CAMBADOS DI......... ATA PRONTO






Queridos amigos de CORES DE CAMBADOS e ASOBLOG SALNES por motivos laborables véxome na obriga de deixar por un tempo a publicación de de artigos nestes dous blogs.

Estar fora de Galiza suponme unha dificultade a hora de escribir sobre temas relacionados co a nosa comarca e o noso país. O traballo impidirame estar desconectado a maioría dos dias e polo tanto a dificultade é máxima. Dende logo no momento que poida voltarei a escribir.

En principio serán tres semáns pero agardo que sexa máis tempo.
Grazas as promesas incumpridas de Núñez Feijóo moitos galegos voltamos a preparar os “bártulos” e andar por ahí a diante. Agardemos que o próximo 21 de outubro os galegos botemos fora da Xunta a esta xente para que entre aire fresco e limpo que traballe polos galegos e non a o servizo dun determinado partido político.

Moitas grazas por estar ahí durante estes meses e por facerme sentir que o que publicábamos vos servía coma canle de información que moitas veces non aparecía en outros medios.

Sinceiramente grazas.

OS AFECTADOS POLAS PREFERENTES SEGUEN EN LOITA




Miles de persoas manifestáronse o sábado pola mañá polas rúas de Santiago de Compostela para denunciar, segundo os convocantes, a "estafa" das participacións preferentes. Horas antes, Javier Guerra, conselleiro de Economía e Industria, en declaracións en Radio Pontevedra reivindicou os laudos arbitrais como "a mellor solución para quen foron enganados".

Guerra citou que "xa hai 1.200 familias que xa recuperaron os seus aforros"


As 25 plataformas de afectados polas preferentes que montaron a manifestación do sábado en Santiago denunciaban tamén o que definen como "expropiación" do Goberno central, polo decreto aprobado este verán, que establece medidas para a recuperación do diñeiro como que só poderán recibir o valor de mercado.

Boda del hijo de Gallardón

Unha decena de afectados polo produto das preferentes, foron identificados pola Policía tras achegarse coas súas camisetas reivindicativas ata a Colexiata do Sar, onde se celebra a cerimonia do fillo do ministro de Xustiza, Andrés Ruiz Gallardón, e unha moza compostelá.

Os manifestantes xa participaran este sábado nunha manifestación durante a mañá, na cal portavoces invitaran a acudir ao lugar da voda para facer visible as súas demandas.

Os manifestantes, coas súas camisetas, gritaron consignas de "Rajoy expoliador, preferentes solución", así como tamén "Feijóo expoliador, preferentes solución". Precisamente, ambos os dirixentes, o presidente do Goberno central e o xefe do Executivo autonómico, respectivamente, se encuentrontraban entre os asistentes á cerimonia.

21 de septiembre de 2012

FERMOSAS VERBAS DE ARAGUNDE......REFLEXIONARÁ SOBRE ELAS?







Con estas verbas Luis Aragunde, Alcalde de Cambados describía a Rafael Blanco Guerreiro «unha persoa xenerosa e optimista, educada, tolerante e aberta ao diálogo, unhas virtudes que facían ter unha boa relación persoal , por riba dás diferenzas políticas»,  así falaba onte sobre Rafa Blanco no Pleno extraordinario celebrado no Concello de Cambados polo pasamento do socialista.
Tamén dixo de Rafa que “involucrouse coa sociedade cambadesa” ou "a miña maior consideración á súa muller e a súa filla. Doulles todo o meu apoio. Síntome orgulloso de traballar á beira de Rafael. El dignificou o labor político".


Lástima que esas mesmas afirmacións non se poidan decir de algúns políticos do noso Concello. Sobre todo de algún Alcalde popular, que actúan como si Cambados fose da sua propiedade, negando información, mentido e privando do pan e do sal a calquera que non sexa da sua corda. 

Luis, se queres ser un bo Alcalde e mellor persoa o que tes que facer e reflexionar sobre todo o que dixeches onte e aplicalo para tí e para outros coma tí.

EN TEMPOS ELECTORAIS TAMÉN VALE UN NAUFRAGO







Resumo dun artigo do Xornal Galicia



O falecido do Serviola I, aproveitado para facerse a foto política en plena campaña electoral polo Director da Mariña Mercante e Rosa Quintana.

Cando falece un condutor en accidente da estrada, non  acode no lugar o Ministro deFomento nin a Conselleira de Infraestruturas. Pois ben, os nosos flamantes políticos á fronte da Dirección Xeral da Mariña Mercante, Sr Rafael Valero e a Sra. Conselleira de MedioRural e do Mar, con todo o séquito que lles acompaña e coches oficiais pagados polos esquilmados contribuíntes sometidos ao axuste do cinto, acóden a Muros de forma Oficial en representación de "sabe Deus quen" , se dos seus intereses persoais en plena campaña electoral con cargo ás administracións públicas nun presunto abuso dos seus cargos públicos ou en interese dun sector que se ve abocado á súa iniciada desaparición e perda de poder económico polos propios políticos que acoden ao lugar.

No enterro do falecido, o patrón do barco, "con inxenuidade" recoñece que non tenia seguro, e trata de culpar a Rosa Quintana pola falta de sinalización da batea contra a que chocou o pesqueiro e pregunta á titular e responsable da Consellería de Mar diluída no medio Rural e do Mar, que ten pensado facer en consecuencia.
A Rosa Quintana, como non lle convén a pregunta ante tanto público encrespado e concorrencia, dá a calada por respostas ante as evidencias, algo habitual na súa Consellería e en concreto na responsabilidade do seu Secretario Xeral, Francisco José Vidal Pardo, que en case 4 anos de Goberno non respondeu a unha soa petición de Pladesemapesga, nin dando resolución administrativa que por dereito legal corresponde.

Un cúmulo de circunstancias e escuridade non aclarada por ningún responsable do propio rescate, se cerne ao redor do Serviola Un que serve de obxecto representativo e político para achegarse á Ría de Muros, para aproveitar unhas migallas de votos coa dor allea e a presunta ausencia de respostas conforme á propia normativa de Salvamento Marítimo...


Sres. políticos Xa esta ben?, non teñen vostedes corazón nin respecto pola intimidade e dor allea. Sra. Conselleira preguntámoslle... Levaba Vostede a factura na man para que lle abonasen o presunto rescate por imprudencia? a os posibles herdeiros e amparado pola resolución que fixo o seu goberno para estes casos e que o Sr Balseiro Portavoz de Pesca do PP, encargouse de
facela mediática co coñecido refrán "onde dixen Digo dixen Diego", e poñemos como exemplo que Sasemar informa da recepción en Finisterre da alerta de SOS, cando segundo outras fontes foi recibida no Centro de Maspalomas ( Canarias ) e a consecuencia remitida a Sasemar.
Recordámoslle que se non fixo a factura de cobro por rescate, estará Vostede Sra. Rosa Quintana infrinxindo as súas propias normativas e resolucións, e se o fixo, con que poder moral preséntase ante esa familia a prestarlles o seu suposto apoio cunha factura segundo a resolución, debaixo do brazo.....









20 de septiembre de 2012

O SINDICATO C.I.G. DENUNCIA








O sector de Autonómica da CIG-Administración vén de denunciar que a Xunta está a aproveitar os recursos humanos dos que dispón para “facer campaña a favor do PP”, mentres que a administración autonómica está “paralizada”. Para evitar esta uso fraudulento, a central fixo un chamamento ao conxunto dos empregados/as do sector para que denuncien calquera tarefa que se lle pretenda impor e non estea estritamente relacionada cos servizos públicos.
08-12-16 San Caetano
A este respecto, a CIG-Autonómica lembra que o capítulo VI do Estatuto do Empregado Público (artigos 52, 53 e 54) regulamenta os deberes dos/as empregados/as públicos e, entre outros, indica que estes/as deben de velar polos intereses xerais, actuar de acordo cos principios de obxectividade, neutralidade, imparcialidade, dedicación ao servizo público e absterse de levar a cabo tarefas que comprometan a neutralidade das súas funcións. “Evidentemente, todas estas cousas non as entende o Partido Popular”, denuncia o responsábel do sector, Fernando García.
De igual xeito, afirma que a Federación ten coñecemento de que hai algúns expedientes paralizados por mor dos vindeiros comicios, mentres que outros trámites se están a axilizar en función de intereses electoralistas.
Fronte a isto, advirten ao Goberno da Xunta que, segundo a normativa antes citada, calquera orde ou instrución que constitúa unha infracción manifesta do ordenamento xurídico pode e debe ser denunciada. “Se che piden datos “sospeitosos”, se cres que a instrución que recibes ten que ver coa campaña electoral, esixe a correspondente orde por escrito e acude á CIG. Denúnciao, non consintas a utilización da Administración en beneficio do PP”, instan dende CIG-Autonómica.
A Federación de Administración criticou novamente os recortes aplicados polo PP ao colectivo de traballadores/as do sector público (supresión da paga extraordinaria de nadal, eliminación dos días de asuntos propios e vacacións, penalización das incapacidades temporais, etc.). Recortes de dereitos e laborais aos que en breve haberá que engadir un novo paso no desmantelamento do sector público e na destrución de emprego público coa introdución dos EREs na administración (o PP está elaborando o RD que regulará esta materia), así como a previsíbel batería de recortes para o conxunto da cidadanía que chegará da man dos Orzamentos Xerais.


O CASO DO MEXILÓN CHILENO SEGUE IGUAL UN ANO DESPOIS






 
No primeiro aniversario da fraude co mexillón chileno por unha conserveira de Galicia, nada se sabe do resultado das investigacións prometidas por Juan Maneiro, actual Secretario Xeral de Medio Rural e Mar.

É as súas declaracións afirmaba fai un ano que, o departamento da Xunta de Galicia, estaba recadando información sobre a fraude aos consumidores por unha firma conserveira, que vendía mexillón enlatado-chileno de baixa calidade coa etiqueta de Orixe Galega, prometendo chegar ata o final??..
O Sr Maneiro, na Comisión de Pesca, naquel momento como Director de Competitividade e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, expuxo na comisión parlamentaria de Pesca a vontade de investigar "aí e onde sexa", tras ser preguntado pola oposición sobre a produción galega de mexillón e a introdución de mexillón importado, sobre todo de Chile.
Para Maneiro, o que se estafe aos consumidores, non ten moita repercusión nin importancia, xa que afirmaba nas súas propias declaracións que a incidencia da importación é "pouca" en canto ao mexillón que se está enlatando, pois representa 72 toneladas de conxelado en 2010 procedente de Chile, e dicimos nós, que a Xunta de Galicia Secretaría do Mar, se enter, xa que se non é polos denunciantes esa conserveira seguiría coas súas actividades á marxe da Xunta.
 
Maneiro no seu discurso fóra de ton e de lugar, pretendendo defender as irregularidades afirmaba que esta situación é propiciada pola "falta de organización" por unha atomización do sector, e recoñeceu que existen "atrasos notables para o cobro das vendas" que chegan a alcanzar o ano.
A existencia de denuncias presentadas na Consellería do Mar sobre posibles irregularidades na xestión de fondos ás confrarías para paliar os danos do Prestige foi outra das cuestións expostas na mesma comisión polo PSDEG, á que respondeu o secretario xeral do departamento autonómico, Francisco José Vidal-Pardo, cun "non teño nin idea do que está falando", cando hai varias investigacións en proceso , entre as que se atopa a propia consellería e cuxo destino das axudas segue sendo descoñecido a día de hoxe, diluídas na Fundanción Océano Vivo, cuxos membros son os cargos das federacións de confrarías de Galicia.
O responsable de Mar dixo non ter constancia de ningunha denuncia nin de ningunha noticia da Fiscalía ou dun xulgado, polo que "non podemos contar o que non sabemos", insistiu Vidal Pardo, que é o único ao que o seu gabinete de prensa non lle fai entrega dos dossier de prensa diarios e nos que se decatou toda España menos o Sr Secretario..

AGARDASE UNHA ESCASA PRODUCCION DE TINTO






Nun ano tan atípico coma foi este no marco da Denominación de Orixe Rías Baixas, motivado na súa maior parte pola climatoloxía, os tintos tampouco fuxiron deste excepcionalidade. De feito, polo xeral, son variedades máis delicadas, coma o caíño. Aquí os corrementos que se produciron na floración provocaron que a produción que se agarda sexa moito menor que a do ano pasado.



Pero aínda que estamos a falar dunha variedade máis delicada que a albariña, no que respecto á infección de pragas e enfermidades este ano foi bastante menor. O forte ataque de mildeu do pasado mes de xuño afectoulles pero non tanto coma o que se temían.

Mostra de que o caíño é unha variedade máis forte, é que desde a Adega Forxas do Salnés empregan só a metade dos tratamentos dos que aplican ó albariño. O que si padecen máis é a última fase do proceso.

Outra peculiaridade das variedades tintas é a necesidade de limitala produción, ventilar moi ben os acios e ter moi ben controladas as parcelas. Así mesmo, a graduación tamén marca unha diferenza con respecto ós brancos. As dificultades que atopa o caíño para acadar o grao idóneo fai que a vendima se inicie cada ano un mes despois de comezar a recolectar o albariño.


Con todo, aínda que o caíño sobrelevou mellor esta campaña, Rodrigo Méndez lamentou que, segundo os seus cálculos, a produción global desta variedade vai ser inferior á que se agarda no albariño.

ATA SEMPRE AMIGO RAFA





Rafael Branco Guerreiro (Ferrol, 1967), faleceu onte aos 45 anos vítima de enfermidade. Sufrira un cancro hai poucos meses, un mal que soportou con discreción e non quixo facer público, e foi unha embolia pulmonar a que lle segou a vida de forma fulminante.
Rafael Blanco. archivoCasado e pai dunha nena, era licenciado en Bioloxía e un apaixonado das vespas, unha afección que o levou á directiva do Club Motos Vellas do Salnés.

A súa morte conmocionou a veciños e políticos dos concellos de Caldas, onde traballaba desde hai anos como xefe de Obras e técnico local de emprego, e tamén de Cambados, onde formaba parte da Corporación como portavoz municipal do PSOE. Ademais ocupaba o cargo de coordinador comarcal dos socialistas na comarca de Arousa.

Foi membro tamén da ANPA do Colexio da Pastora, onde tiven a sorte de compartir experiencias, alí traballou arreo para que os pequenos tiveran o mellor e na que seguía axudando de forma desinteresada. Colaboraba, tamén, coa ANPA do Magariños. Sempre disposto a botar unha man e axudar no que fixera falla.
Dende aquí o noso máis sentido pésame a Rosi e Lucía, a os seus pais, a sua irmá, a os seus sogros............en fín a toda a sua familia. 
Vaise un amigo, vido de fora, máis amigo que algúns que coñecemos de toda a vida.
Botarémolo de menos pero agora quédanos o seu recordo e as ganas de facer de Cambados ese lugar que todos queremos, non o que nos impón o maleducado Alcalde que temos.
                                       ATA SEMPRE AMIGO

19 de septiembre de 2012

REACCIÓNS A O ANUNCIO DE PONTEVEDRA SOBRE A EXTRA






BALBOAS DE FEFIÑÁNS PARA CORES DE CAMBADOS


   
A decisión do Concello de Pontevedra de manter o abono dunha paga extra de Nadal aos 500 funcionarios e traballadores municipais, a pesar da directriz contraria do Goberno Central, parece que vai xerar posibles imitadores entre outros concellos da provincia.



Varios municipios da contorna exponse a posibilidade de seguir o exemplo da capital da provincia buscando unha físgoa para abonar a extra de Nadal ao persoal municipal mediante a retribución dun complemento de produtividade que se pagará coa mensualidade de novembro, como fará Pontevedra

Poio, onde co-gobernan BNG-PSOE cre moi posible imitar o camiño marcado por Pontevedra, segundo declarou Luciano Sobral.
En Bueu, tamén con alcalde do BNG, Félix Juncal valórase a mesma posibilidade.
Caldas de Reis, con alcalde socialista, tamén ten a pretensión de salvagardar o pago aos seus funcionarios municipais, aínda que o rexedor Juan Manuel Rei fala de que aínda ten o tema en mans dos seus asesores. 
Entre os concellos gobernados polo PP, algún concello podería intentar unha certa disidencia aínda que salvando as formas para que non pareza que contradin a Rajoy. É o caso de Redondela cuxo alcalde Javier Bas deixou entrever esa posibilidade.

O Concello de Pontevedra xustificou a medida polo impacto que a extra de Nadal ten no consumo e na defensa do comercio local.
Os axentes económicos celebran o acordo. Aínda que con diferente énfase.

Pola súa banda, o PP pontevedrés discrepa como cabia esperar da decisión de Lores e o seu goberno que cualifica como "xesto". Aluden á situación financeira do Concello.
Pero Jacobo Moreira elude precisar se a oposición exporá batalla legal.

Fronte ao criterio do PP, o alcalde Lores reitérase en que o seu papel como primeira autoridad municipal supón a defensa da ciudadania ao prezo que sexa.

AS OFICINAS LIQUIDADORAS CADA VEZ MÁIS LONXE DO USUARIO





As oficinas liquidadoras de Cambados e Vilagarcía están en risco de desaparición.


Uns 150 traballadores das oficinas liquidadoras dependentes dos Rexistros da Propiedade en Galicia están a piques de perder o seu emprego como consecuencia da próxima creación da Axencia Tributaria Galega. A perda dos postos de traballo é só unha parte do problema porque a reforma, que implicaría a desaparición das oficinas de Cambados e Vilagarcía, obrigaría aos usuarios da comarca a ter que desprazarse a Vigo, Pontevedra ou Santiago para realizar calquera trámite.

As oficinas liquidadoras forman parte dunha concesión aos rexistradores da propiedade desde fai uns cen anos sobre a que agora se está en negociación para cambiar as súas condicións. A Xunta propón que algunhas destas dependencias queden como ?oficinas caixa de correos? para recibir e remitir documentación á Administración autonómica e informar aos usuarios. O problema é que coas asignacións económicas expostas na nova negociación os rexistradores consideran inviable o mantemento deste servizo.

Os traballadores afectados indicaron que, concretamente en Cambados, onde se atopa a oficina competente para o distrito hipotecario que abarca ademais deste municipio, os de Meaño, O Grove, Meis, Ribadumia e Sanxenxo, a supresión da oficina liquidadora suporía obrigar aos veciños, previa chamada telefónica para a concertación de cita, a desprazarse a Vigo, Pontevedra ou Santiago, cos gastos de desprazamento e incomodidade que iso xera.
No peor dos casos ese afastamento da Administración ao cidadán ocasionará, ademais deses gastos, que se delegue en xestores, administradores ou avogados a tramitación de, en moitos casos, documentación sinxela que pode un presentar persoalmente. A falta de asistencia obrigaría ao cidadán a contratar servizos de información que actualmente se prestan con carácter gratuíto?.

Os empregados das oficinas de toda Galicia, tras unha primeira reunión, están levando a cabo un labor de recollida de firmas en contra da desaparición deste servizo. Advirten que esta recollida de firmas é só unha das primeiras medidas a tomar e que pronto empezarán a barallar medidas máis contundentes para facer chegar aos cidadáns a problemática e as repercusións da desaparición destas oficinas.




A O PP NON LLE GUSTAN AS SENTENZAS CONTRARIAS A ELES





O Partido Popular de Pontevedra négase a dar carpetazo á denuncia contra o alcalde, Fernández Lores, a pesar de que segundo o concelleiro nacionalista, César Mosquera, "a Xunta Electoral despachou o asunto en cuestión de horas, e decidiu arquivar o caso, ao non atopar nada irregular nas declaracións do alcalde".
Horas logo de facerse público o arquivo da denuncia, Jacobo Moreira, portavoz do grupo Municipal do PP en Pontevedra, interpuxo un recurso contra a decisión da Xunta Electoral de Zona de Pontevedra de arquivar a denuncia presentada o pasado venres. Este mesmo partido non lembra como dous dos seus integrantes, un alcalde e un delegado da Xunta visitaron obras en campaña electoral non fai moito tempo, poñendo a máis burdas excusas para negar o trasfondo electoral das mesmas. Deben crer que estan por riba do  ben e do mal.                                                     
Aragunde visita o C. Magariños
O portavoz popular insiste en que Fernández Lores vulnerou a obrigación de neutralidade dos poderes públicos ante os próximos comicios autonómicos.
Tourís de visita na Cultural


O PP insiste en que o alcalde celebrou unha reunión con axentes sociais, que derivou nunha crítica directa aos gobernos Central e Autonómico, coa clara intención de influír no sentido do voto dos asistentes e do resto dos cidadáns.

Reitera polo tanto os seus argumentos iniciais e relaciona múltiples evidencias para reforzar a súa tese, pero ademais solicita que se lle aclare o criterio da Xunta Electoral sobre as posibilidades de uso de medios materiais e locais públicos por parte das administracións para a difusión de mensaxes similares ou coincidentes aos utilizados polos partidos políticos.

FALECE SANTIAGO CARRILLO (BIOGRAFIA)




Santiago Carrillo, secretario xeral do Partido Comunista de España (PCE) de 1960 a 1982 e un dos artífices da transición española, faleceu onte en Madrid aos 97 anos.


Xa en democracia, compatibilizou a súa clara militancia republicana coa súa admiración polo Rei, con quen mantiña unha excelente relación e ao que defendía como motor da transición e freo aos golpistas o 23-F.

Fillo dun militante do PSOE e de UXT, naceu en Xixón, o 18 de xaneiro de 1915, aínda que pronto se trasladou a Madrid coa súa familia.

Militante das Mocidades Socialistas desde 1928, tras a unificación desta organización coas Mocidades Comunistas, en abril de 1936, foi elixido secretario xeral da nova formación. En xullo de 1936 afiliouse ao Partido Comunista (PCE).

A pesar da súa mocidade, tivo un papel destacado na vida política de Madrid tras o levantamento militar do 18 de xullo de 1936, á vez que escalaba postos no Partido.

Como delegado de Orde Pública e membro da Xunta de Defensa de Madrid, desde o 6 de novembro de 1936, responsabilizáronlle da matanza de militares sublevados en Paracuellos (Madrid) do 7 e 8 dese mes, aínda que Carrillo sempre defendeu que foi obra de descontrolados.

En febreiro de 1939 cruzou a fronteira francesa e comezou un exilio de 38 anos, que lle levou á Unión Soviética, EE.UU., Arxentina, México e Alxeria, ata que fixou a súa residencia en París.

"Delfín" de Dores Ibárruri, "A Pasionaria" desde 1946, no VIN Congreso do PCE (1960) no que esta foi elixida presidenta, Carrillo foi elixido secretario xeral, cargo que ocupou ata 1982.

Foi partidario da independencia política respecto da URSS, postura que afianzou tras a invasión de Checoslovaquia en 1968, e defendeu a autonomía dos países europeos para buscar o seu propio camiño cara ao socialismo, que desembocou no "Eurocomunismo".

Para España, desde 1956 propiciou unha "política de reconciliación nacional", apoiando un pacto de todas as forzas "antifranquistas". En 1974 creou, con Rafael Calvo Serer, a Xunta Democrática.

Tras a morte do ditador, usou distintas fórmulas de presión para conseguir a legalización do PCE, como a convocatoria dunha rolda de prensa en Madrid o 10 de decembro de 1976, que provocou a súa detención, o día 22 dese mes, levando unha perruca que lle faría famoso en toda España.

Foi elixido deputado nos primeiros comicios democráticos de xuño de 1977 e como representante comunista participou nos "pactos da Moncloa".



Reelixido deputado en 1979, nesta Lexislatura viviu o golpe de estado do 23-F e foi un dos tres políticos, xunto ao presidente do Goberno, Adolfo Suárez e ao vicepresidente, xeral Gutiérrez Mellado, que permaneceu no seu escano, desobedecendo as ordes do coronel Tejero.

Tras unha grave crise interna, acentuada pola derrota sufrida nas xenerais de outubro de 1982, o 6 de novembro dese ano presentou a súa dimisión con secretario xeral do PCE.

En 1985 separouse definitivamente do mesmo e creou un novo grupo político, Partido dos Traballadores-Unidade Comunista, co que acudiu ás eleccións de 1986, aínda que non obtivo escano.

Logo de longas negociacións, o 27 de outubro de 1991 asinou o ingreso dos membros desa formación no PSOE, como unha corrente interna baixo o nome de "Unidade de Esquerda", aínda que el quedou fóra, ao considerar que "a súa longa historia de dirixente comunista dálle autoridade moral para soster a posición dos seus camaradas, pero lle inhabilita para desempeñar calquera papel protagonista".

Desde entón, dedícase a escribir libros e artigos nos medios de comunicación e a dar conferencias e participar en faladoiros radiofónicos, xa que se considera xubilado de militancia, pero non do mundo da política.

recibiu numerosos recoñecementos pola súa actuación durante a transición, sobre todo a partir de 2005, data do seu noventa aniversario, como a cea homenaxe, ofrecida o 16 de marzo, á que asistiron destacadas personalidades, entre elas o presidente do Goberno, Rodríguez Zapatero.

O 20 de outubro dese ano foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade Autónoma de Madrid, aínda que o acto viuse boicoteado por mozos de extrema dereita.

O 17 de xaneiro de 2008 foi galardoado pola Fundación Sabino Arana, por "a súa contribución no restablecemento da democracia" en España tras a ditadura de Franco. En decembro de 2008 foille concedida a Medalla ao Mérito do Traballo.

Á marxe da política, Carrillo considérase xornalista, profesión que comezou a exercer aos 16 anos, como redactor de "O Socialista". En abril do 1994 foi elixido membro de honra da Agrupación de Xornalistas da UXT e en xuño de 2005 foi homenaxeado pola Asociación da Prensa de Madrid.

Autor de numerosos libros, en 1993 presentou as súas "Memorias" e dez anos despois publicou "A memoria en retrincos". En 2008 publicou "A crispación en España. Da Guerra Civil aos nosos días" e "Dores Ibárruri. Pasionaria, unha forza da natureza". O 6 de abril de 2010 presentou "Os vellos camaradas".

O 18 de xaneiro 2011, día no que cumpría 96 anos, presentou un novo libro "A difícil reconciliación dos españois". O exsecretario xeral do PCE lamentou a "mentalidade medieval" que aínda ten a Igrexa española.

Un mes despois participou nos actos de recordo do 23-F, ao cumprirse o trinta aniversario do intento golpista.

Era un habitual das páxinas de opinión do País e participaba semanalmente nun faladoiro político no programa "A fiestra" da cadea SER.

En abril de 2009 presentouse no Festival de Cine de Málaga un documental sobre a súa vida, titulado "Últimas testemuñas: Fraga Iribarne e Carrillo, comunista", dirixido por Manuel Martín.

En 2008 pasou polo hospital en dúas ocasións por problemas cardíacos leves, en outubro de 2011 estivo dous días ingresado por unha infección urinaria e o 19 de abril de 2012 foi intervido de apendicitis e permaneceu hospitalizado ata o 4 de maio. De novo, o 17 xullo, e por espazo de dous días, estivo ingresado nun hospital de Madrid por mor dun problema de rega sanguínea.

Estaba casado con Carmen Menéndez e tiña tres fillos: Santiago, Jorge e José. Este último foi elixido reitor da Universidade Complutense en abril de 2011.




NOVOS MODOS DE DELINCUENCIA





A prolongada crise que estamos padecendo de forma sostida desde fai anos, e o especial agravamento dos últimos meses, puidesen explicar dalgún xeito a frecuencia de asaltos a domicilios que veñen rexistrando no rural pontevedrés, segundo a interpretación que fai o Sindicato Unificado de Policia.

Pepe Freire, secretario xeral para Galicia deste sindicato policial, conclúe que en ocasións cando as familias quedan durante tempo prolongado, sen ningún ingreso mínimo para subsistir, buscan saídas desesperadas. E no medio de todo isto, tamén os delincuentes habituais aproveitan o rio revolto.



Como paradoxo neste estado de cousas coincide no tempo cun descenso da poboación recluída na carcel da Lama. Un feito insólito desde a apertura deste penal pontevedrés.

Tamén o secretario xeral do SUP ten unha interpretación para esta circunstancia. Unha distribución mais racional dos internos e a caida do fenómeno da inmigración, puidesen explicar o por que de vacíado dos cárceres.

18 de septiembre de 2012

O D.O.G.A. PUBLICA COMO B.I.C. A FEFIÑÁNS







Publicouse onte no DOGA (Diario Oficial de Galicia) a declaración de Ben de Interese Cultural do Pazo de Fefiñáns e a igrexa de San Benito na categoría de monumento. Deste xeito toma forma a decisión adoptada polo Consello da Xunta de hai unhas semáns.

O procedemento aberto fai un ano entra así na sua recta final. A Consellería deCultura i Educación iniciou conversas cos propietarios do Pazo para establecer e distribuir as visitas públicas.

A normativa que regula os BIC contempla que deben ser facilitalas os propietarios e segundo a Xunta neste caso, hai voluntade de facelo. De feito xa se abren as portas para algunhas peticións, caso do ano pasado para un curso universitario sobre Francisco Asorey ou o acto de investidura de Donas e Cabaleiros do Albariño cada primeiro domingo de agosto.


Os descendentes dos marqueses de Figueroa e os técnicos da Xunta xa tiveron unha primeira reunión na que non chegaron a acordo algún pero sentaron as bases para poder cerralo na vindeira reunión de dentro dunhas semáns. Nesa próxima reunión determinarase como serán esas visitas, dias, itinerarios algún aspecto máis a ter en conta. Debemos destacar que parte do Palacio están adicadas a adegas e outras seguen a ser vivendas, polo que as visitan deben ser compatibles e “ sempre que se desenvolvan de modo axeitado”.
No caso da Igrexa de San Benito permanece aberta case todo o dia polo que non haberá problemas para as visitas ao recinto relixioso.

A gora falta que o Concello elimine dunha vez por todas o tráfico rodado desa fermosa Praza na que podemos atopar o Pazo e a Igrexa.


ARTIGO DE BALBOAS DE FEFIÑÁNS

EN PONTEVEDRA HABERÁ PAGA EXTRA




Os 500 traballadores do Concello de Pontevedra, entre funcionarios e contratados laborais, cobrarán o 85% da paga extra de Nadal, pese ao decreto do Goberno Central, que preside o pontevedrés Mariano Rajoy.

O Concello, por decisión do goberno municipal BNG-PSOE reta a Rajoy e si abonará esa extra pero baixo o formato dunha paga de produtividade.



Onte pola mañá a Xunta de Goberno aprobou unha modificación de crédito, dun MILLON CATROCENTOS MIL EUROS, aproximadamente, que irá ao próximo pleno.

De todo este montante, 760.000 euros destínanse a unha paga de produtividade aos funcionarios, que substituirá á extra de Nadal, e pagarase na nómina do mes de novembro.
Con esta proposta consúmase o pulso que o goberno local de Pontevedra anunciara ao executivo de Mariano Rajoy, e xustifícase, como argumento máis reiterado, que esta paga alivia a situación económica dos funcionarios, e beneficiará ao comercio local, nunhas datas onde se dispara o consumo.






A DEPUTACION FAI UNHA APOSTA CLARA POLA AUSTERIDADE




Ou.... máis cara para tí?


Unha vintena de deputados provinciais cobrarán cada un deles a razón de 478 euros por asistir onte a un pleno extraordinario da Deputación que durou oito minutos e medio.
Salvo os deputados que non estiveron presentes e os que xa cobrán dedicación exclusiva, os restantes cobraron hoxe a razón de 56 euros o minuto de presenza no salón de sesións do Palacio Provincial.

A sesión era "de obrigada celebración" segundo fontes da institución provincial por que era necesario que un dos deputados, José Alberto Pazos, do PP, renunciase para poder entrar na lista do PP ao Parlamento Galego por esta provincia. Tratábase dun trámite "inescusable" por cuestión de inelegibilidad, segundo Deputación.


Fernando Guitián, alcalde de Gondomar, cubrirá o posto que deixa Pazos no grupo do PP.

SO CANDO HAI ELECCIONS HAI QUE APOSTAR POLO PRODUCTO GALEGO?




Así pareceo entender Rosa Quintana que despois de tres anos da toma de posesión do Governo de Galiza quere impulsar a Marca Galega para os productos hortícolas. Sin tempo non era, Rosa.

Segundo a conselleira do Medio Rural, o distintivo, xa creado, permitirá abrir as canles de comercialización a un sector con futuro.


A Marca Galega para os produtos da horta xa está creada. Só queda impulsala, darlle difusión para que os consumidores aprendan a valorar a calidade dos produtos do campo galego tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. E é que segundo a conselleira do Medio Rural, a aposta pola calidade é o que abre fronteiras e permite introducirse en canles de comercialización internacionais. Como exemplo, as cooperativas cambadesas Hortumia e Horsal. Segundo Rosa Quintana, son a mostra de como os bos produtos funcionan en países como Inglaterra ou Alemania, países ós que estas empresas están a exportar. Marca Galega que funcionaría como unha especie de paraugas que aglutinase o distintivo propio da Horta do Salnés.


Rosa Quintana realizaba estas declaracións durante a inauguración das Xornadas da Horta e o Agro do Salnés. Neste foro insistiuse na necesidade de traballar conxuntamente e apoiar o cooperativismo para impulsar o sector primario. Sector que está sabendo capear a crise económica, ou cando menos así se puxo de manifesto durante a celebración das xornadas.
Unha mensaxe que foi acollida pola conselleira do Medio Rural, que xa prevé unha reunión para avaliar as posibles axudas á incorporación de novos socios.



17 de septiembre de 2012

VOLTA AS CLASES EN SECUNDARIA




Case 30.000 estudantes, 17.544 de ESO, 5.687 de bacharelato e formación profesional iniciaron esta mañá o curso escolar nos centros educativos da provincia de Pontevedra.
Un regreso ás aulas que, malia que arrancou con normalidade, segundo informaron desde a Delegación Territorial da Xunta, está marcado polos recortes. Nos catro institutos de Vilagarcía, as súas plantillas veranse reducidas en once docentes con respecto ó ano pasado o que lles aboca a axustalos horarios de xeito que a oferta educativa non se resinta.

No Castro Alobre, o único que experimentou un aumento de escolares, perdeu tres profesores, ó igual que o curso pasado, o que supón seis menos en dous anos. No instituto de Carril a plantilla tamén se reduce en tres, mentres que no Bouza Brey en un e no Contarelo Valledor, onde este ano se matricularon 836 alumnos, en catro.

Malia todo, coma sempre e coma se puido comprobar nos Institutos do Salnés   os rapaces iniciaron o curso entre nervios e gañas por ver de novo ós compañeiros. Outros, pola contra, o inician con resignación por ter que volver a madrugar, facer deberes e estudar.

Pola súa banda, aínda que para eles, os pais, tamén é un inicio de curso difícil, por ter que facer fronte ós custos da volta ó colexio, a emoción e a ilusión non a perden.
Hoxe, amais destes alumnos, tamén inician o curso os estudantes do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía, onde se produciu un descenso dun 8’5% no número de matriculas.

NOVEDOSA CAMPAÑA DA RUTA DO VIÑO RIAS BAIXAS






A Ruta do Viño Rías Baixas deseñou unha programación turística especial que, durante a vendima, permitirá que os visitantes poidan participar dos traballos de recolección da uva nos propios viñedos, coñecer o proceso de elaboración do viño nas adegas, degustar menús e mesmo pasar a noite naquelas que contan con instalacións acondicionadas para o aloxamento. Pazo Baión, La Val, Mar de Frades, Valmiñor ou Eidos Viticultores son algunhas das que ofrecen estes servizos.
Así, Martín Códax propóñenlle aos seus visitantes ser partícipes dunha "xornada completa" que abrangue dende a vendima ata unha cata comentada, pasando por comer xunto ás viñas ou percorrer a adega para coñecer as funcións de cada sección. Pazo Baión, Adegas La Val, Mar de Frades ou Valmiñor tamén permiten observar como transcorren os traballos a pé de campo e como evoluciona no ámbito da adega.
Terras Gauda pon a disposición dos visitantes un autobús para percorrer o terreo e contemplar a actividade dos traballadores durante a recollida da colleita de uva. Mesmo durante a noite, como no caso da adega Eidos. Establecementos enoturísticos como Pazo A Capitana, Lagar de Costa ou Pazo de Galegos poñen a disposición as súas instalacións para os usuarios que desexen pasar a noite no ámbito da propia vendima.
A organización da Ruta do Viño Rías Baixas destaca a existencia de paquetes turísticos especiais en aloxamentos como o hotel-restaurante Quinta de Santo Amaro Amaro; ou propostas personalizadas deseñadas á medida do visitante, como as que ofrece a axencia de viaxes Tee Travel, especializada en enoturismo; ou a través dos guías turísticos especializados neste sector.
Coincidindo coa vendima, varias localidades celebran ao longo deste mes de setembro e o próximo de outubro, festas e xornadas gastronómicas: a Festa da Vendima de Cambados, o 29 e 30 de setembro; San Miguel en O Rosal, do 29 de setembro ao 7 de outubro; as festas de Dorrón en Sanxenxo, o 6 de outubro; as festas da Colleita de Sela, en Arbo, o 12 de outubro; e a de Castrelo, en Cambados, o 13 e 14 do próximo mes. A estas súmanse a Festa do Peixe Espada en A Garda e a Festa do Marisco en O Grove, que comezan o 15 de setembro e o 5 de outubro, respectivamente.

NERDNITE EN COMPOSTELA











Charlar sobre política, medicina, literatura, arte, física ou matemáticas en locais nocturnos de ocio é a orixinal proposta, nacida hai anos en Estados Unidos, á que agora se suma Compostela, a primeira cidade española que organizará as Nerd Nites.
Nerd é o acrónimo en inglés de Non-Emotionally-Responding Dude (persoa de pouca resposta emocional), individuos que fusionan as súas paixóns coa súa vida dando lugar a unhas personalidades peculiares. Nas Nerd Nites charlarán co público das disciplinas que lles apaixonan nun ton distendido e fóra do ámbito académico.
As persoas intervintes conxugan unha traxectoria académica brillante e unha gran capacidade comunicativa, requisitos esenciais para participar nesta iniciativa, que cada noite aglutinará nun local de ocio da cidade tres charlas, cada unha delas de 15 minutos, de temáticas completamente diferentes pero coa clave común da sinxeleza de conceptos e contidos.


Xoves 20 no Kunsthalle
A rede Nerdnite en Compostela comezará a súa andaina o xoves 20 ás 22.00 horas no Kunsthalle (Rúa da Conga, 8). Os nerds desa noite serán Miguel López coa charla ‘Comer e “gastar” todo é empezar: o problema da obesidade’, David Barro con ‘Por que a pintura xa non é pintura?’ e Francisco Martínez con ‘ Spiderman e as redes de poder’.

O Café Casino é o lugar elixido para a sesión do 23 de outubro, na que participarán Carmen Pomar coa charla ‘O cociñeiro, o biscoito e o paraugas: da intelixencia intelixente’, Carlos Díaz con ‘¿Quen é o mellor?’, e Chus Agra, Carmen Franco e Cristina Trigo con ‘Agora máis que nunca: construír utopías na educación artística’.
O programa para o primeiro trimestre pecharase o 27 de novembro na Nave de Vidán coa intervención de Cassarina Verret con ‘Se poden, ¿por que non o fan? O trastorno por déficit de atención sen ou con hiperactividade (TAD –H)’, Manuel Collado con ‘En busca da fonte da eterna xuventude’ e Javier Mas con ‘Perdidos no espazo-tempo’.



O CASO DO MEXILLÓN CHILENO SEGUE IGUAL UN ANO DESPOIS








 BALBOAS DE FEFIÑÁNS PARA CORES DE CAMBADOS 



 
No primeiro aniversario da fraude co mexillón chileno por unha conserveira de Galicia, nada se sabe do resultado das investigacións prometidas por Juan Maneiro, actual Secretario Xeral de Medio Rural e Mar.

É as súas declaracións afirmaba fai un ano que, o departamento da Xunta de Galicia, estaba recadando información sobre a fraude aos consumidores por unha firma conserveira, que vendía mexillón enlatado-chileno de baixa calidade coa etiqueta de Orixe Galega, prometendo chegar ata o final??..
O Sr Maneiro, na Comisión de Pesca, naquel momento como Director de Competitividade e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, expuxo na comisión parlamentaria de Pesca a vontade de investigar "aí e onde sexa", tras ser preguntado pola oposición sobre a produción galega de mexillón e a introdución de mexillón importado, sobre todo de Chile.
Para Maneiro, o que se estafe aos consumidores, non ten moita repercusión nin importancia, xa que afirmaba nas súas propias declaracións que a incidencia da importación é "pouca" en canto ao mexillón que se está enlatando, pois representa 72 toneladas de conxelado en 2010 procedente de Chile, e dicimos nós, que a Xunta de Galicia Secretaría do Mar, se enter, xa que se non é polos denunciantes esa conserveira seguiría coas súas actividades á marxe da Xunta.
 
Maneiro no seu discurso fóra de ton e de lugar, pretendendo defender as irregularidades afirmaba que esta situación é propiciada pola "falta de organización" por unha atomización do sector, e recoñeceu que existen "atrasos notables para o cobro das vendas" que chegan a alcanzar o ano.
A existencia de denuncias presentadas na Consellería do Mar sobre posibles irregularidades na xestión de fondos ás confrarías para paliar os danos do Prestige foi outra das cuestións expostas na mesma comisión polo PSDEG, á que respondeu o secretario xeral do departamento autonómico, Francisco José Vidal-Pardo, cun "non teño nin idea do que está falando", cando hai varias investigacións en proceso , entre as que se atopa a propia consellería e cuxo destino das axudas segue sendo descoñecido a día de hoxe, diluídas na Fundanción Océano Vivo, cuxos membros son os cargos das federacións de confrarías de Galicia.
O responsable de Mar dixo non ter constancia de ningunha denuncia nin de ningunha noticia da Fiscalía ou dun xulgado, polo que "non podemos contar o que non sabemos", insistiu Vidal Pardo, que é o único ao que o seu gabinete de prensa non lle fai entrega dos dossier de prensa diarios e nos que se decatou toda España menos o Sr Secretario..