Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de agosto de 2012

CONCURSO DE LOGOS DE ASOBLOG





A "Asociación Cultural Asoblog Salnés" organiza un concurso para atopar o seu logotipo. O obxectivo deste concurso é conseguir o deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa da Asociación Cultural Asoblog Salnés en toda a súa difusión da información sobre o mesmo a través de documentos oficiais así como en todo o referente a esta asociación en internet. Poderán participar neste concurso todas as persoas tanto físicas como xurídicas de calquera nacionalidade e no cal cada concursante poderá presentar un máximo de tres propostas.
 Os traballos poderán ser entregados de diversos xeitos, como son: 1. En papel: A proposta illada en cor, así como tamén en escala de grises/branco e negro, nunha folla mínimo de DINA4 e máximo de DINA3. 2. En formato electrónico: A proposta illada en versión cor, así como tamén en escala de grises e branco e negro. Deben ser facilmente reproducibles con programas comúns de visualización de imaxes. Poderanse entregar destas dúas formas: 1. Gardado nun CD. 2. Por medio do correo electrónico da asociación: asoblogsalnes@gmail.com 3. A proposta presentada poderá ir acompañada dunha breve explicación, de extensión non superior a unha páxina en calquera dos xeitos que se presente. O prazo de entrega dos traballos vai desde o 1 de setembro do 2012 e finaliza o 28 de setembro do 2012, ambos inclusive, e serán excluídos do concurso todos aqueles traballos que se entreguen fóra de prazo. A entrega de premios realizarase o próximo 6 de outubro. O lugar e hora da entrega de premios anunciaráselles aos participantes por correo electrónico ou por teléfono. Para máis información accede aquí ás bases aquí

O PAZO DE FEFIÑÁNS DECLARADO BEN DE INTERESE CULTURAL





A Xunta de Galicia declarou o Pazo de Fefiñáns, situado na localidade pontevedresa de Cambados, como Ben de Interese Cultural (BIC) con categoría de monumento, segundo anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión do Consello.

Xunto a o Pazo inclúense coma BIC a igrexa de san Benito, as edificacións anexas, cortes e as adegas. E do interior todas as esculturas, pinturas e demáis obras de arte que o decoran.

O presidente da Xunta sinalou o labor de "protección e difusión do patrimonio" co obxectivo de "transmitilo a xeracións posteriores" e destacou "o ben singular" que representa o Pazo de Fenfiñáns “polo seu papel na arquitectura civil galega”.
Deste modo, a denominación do complexo arquitectónico únese á declaración como ben de interese cultural do "conxunto histórico-artístico" de Cambados no ano 2001.

A declaración realízase logo de que o propio presidente da Xunta se comprometese a levala a cabo a inicios do mes de agosto e unha vez recibidos os informes favorables de diferentes entidades como a Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Pontevedra, o consello da Cultura Galega, a Universidade de Santiago e a Academia de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario.Segundo explica a Xunta, o Pazo de Fenfiñáns é un "expoñente singular" da coñecida como "cultura dos pazos" desenvolvida durante os primeiros anos do século XVII.




Así non queremos a Praza
Agora temos que agardar que o equipo de Luis Aragunde obre en consecuencia e decida de unha vez quitar o tráfico rodado da Praza coma demandaron e múltiples ocasións a oposición e os veciños e que argumentos máis ben valeiros de contido se encargou o Governo popular de botar abaixo.
Cando chegue ese día poderemos ver a Praza e todo o que a rodea coa beleza que ten e comprobaremos que si non se eliminou o paso de tráfico por alí foi pola cabezonería dos rexidores populares que agora pléganse a Feijóo.


A VUELTA 2013 VOLTARÁ A TERRAS PONTEVEDRESAS






A provincia de Pontevedra será escenario da saída da “Vuelta a España 2013”. Así o confirmaron hoxe tanto o director de Unipublic, empresa organizadora, Javier Gullén coma Rafael Louzán presidente da Deputación de Pontevedra. Un segredo a voces que confirmaron este mediodía en rolda de Prensa.

O extrano da confirmación, normalmente non se confirma parte do recorrido ou a saída da seguinte edición ata unha vez remate a proba, débase a que Feijóo convocara as eleccións o luns pasado i e que en periodo electoral todo vale.
Para apaciguar os ánimos tralo decreto aprobado hoxe polo Governo de Rajoy no que os afectados polas preferentes saen moi mal parados, había que anunciar algo positivo.

Louzán Abal falou da saída da “Vuelta a España” dende as Rias Baixas con recorridos, “saídas de etapa e finais inéditos e unha espectacularidade sin parangón”. “Prometer ata meter e unha vez metido nada do prometido” e o que se desprende da rolda de prensa na que Guillén fixo fincapé no precioso do recorrido da “Vuelta” estes dias a participación masiva do público. A “Vuelta 2013” arrancará o 24 de agosto nun punto aínda sen decidir das Rias Baixas e rematará coma case sempre en Madrid.




Supoñemos que de aquela o Concello de Cambados falará coa realización de TVE para que todas aquela cousas que se fagan, botella e bicicleta xigantes, sexan gravadas polas cámaras de Televisión si a “Vuelta” volve por Cambados. Javier Guillén desfíxose en eloxios pois cando se diseñou a “Vuelta” a nadie atraía o desplazamento de 1200kms Barcelona-Ponteareas e sen embargo tras as etapas “nadie recordou ese traslado”.

Rumoréase que o concello de Cambados pagou 150.000 euros pola saída da contrarreloxo. Sr Aragunde..... queremos saber. Sexa vostede claro coma o seu homónimo de Vilagarcía que a os dous dias confirmou os gastos nos concertos de San Roque, vostede aínda no o fixo coa calaridade necesaria sobre as festas do 2012 e xa pasaron case 30 dias.



MAÑÁN 1 DE SETEMBRO NACE UN NOVO BLOG.... ASOBLOG SALNÉS





Mañán sábado 1 de setembro estréase na rede ASOBLOG un blog escrito por 17 arousáns pertencentes a Asociación de Bloggers do Salnés, ASOBLOG SALNÉS.

No ASOBLOG poderás atopar información de case todo. Hai seccións de poesía e literatura, música, escultura e pintura, cine e fotografía e por suposto novas da nosa comarca e de fora, a actualidade en unha palabra, do máis cercano.
Os 17 compoñentes somos tan diferentes entre nos que calquera que sexan as vosas inquietudes verédelas refrexadas neste blog. Hai xente xoven, menos xoven, solteiros, casados, homes, mulleres, traballadores, parados, estudiantes, artistas......


Nestes primeiros dias cecáis a cousa non vaia como desexamos, pero pouca pouco iremos mellorando pensade que si xa é difícil levar un blog unha persoa como será o coordinar a 17 que aínda vivindo tan preto, as suas ocupacións, familia ou estudos limitan un pouco a sua dedicación. Agardamos que todo saia medianamente ben e que sobre todo vos guste a vos a os lectores a quenes vai dirixido.

 ASOBLOG naceu hai uns meses para aglutinar a todos os bloggers de Cambados, a o principio, e ir ampliando a todo aquel que quixera entra fora de donde fora. Fixemos en maio a nosa presentación en sociedade cun recital poético co gallo do Dia das Letras Galegas e pouca pouco iremos facendo máis cousa como o concurso de logos do que pronto se vos darán novas nos blogs individuales e no propio ASOBLOG. Para acceder preme aquí

EMPLAZARVOS A QUE MAÑÁN ENTREDES EN ASOBLOG E QUE VOS GUSTE......


ASOBLOG SALNÉS
asoblogsalnes.blogspot.com



ATENCION!!! ARAGUNDE VAILLE A AFORRAR CARTOS A OS CAMBADESES








Lendo onte un periódico da nosa comarca quedei atónito. Resulta que Luis Aragunde e Antonio Iglesias van renunciar a paga extraordinaria. Pero iso non é todo, o personal eventual do Concello tamén renuncia a esa paga, non sabemos quen é o personal eventual e si a medida foi de “motu propio” ou imposta por alguén. Con esta medida prevén aforrarlle as arcas cambadesas 10.159 euros.

Agardemos que ese personal eventual non cobre parte da extra en incentivos, moi habituais no noso Concello, horas extras (entre a Festa do Albariño e a Vuelta a España xa houbo extras para parar un AVE) ou pluses varios tamén moi habituais.



No pleno de onte tamén se ía falar de gastar os cartos que non se gastarán na praza dun policía local que non se cubreu en pagar diversas facturas. Pois que non contraten xente que non fai nada ou case nada i empleen os cartos en algo máis productivo. E cos cartos, o custo xa chega a os 80.000 euros, da estatua de Fraga que os invirtan en becas de estudio ou axudas a asociacións como Esperanza Salnés ou Por Dereito no canto de facer botellas de 30 metros e bicicletas de 60m que nadie veu pola televisión, para aver si gañamos un concurso da Deputación.







30 de agosto de 2012

MAÑÁN É VENRES ..........HAI MOBILIZACIÓNS






UGT, CC.OO. e CIG concentraranse de novo este venres en sete localidades galegas en contra da política económica do Goberno central, coincidindo coa reunión do Consello de Ministros.

Os actos convocados de xeito unitario polos tres sindicatos desenvolveranse entre as 11 e as 12.30 horas, comezando por Vigo, Ourense e Ribadeo (11.00 horas fronte ao edificio da Xunta, a subdelegación del Gobierno e o antigo edificio de Alfándegas, respectivamente) e continuando por Santiago, A Coruña e Lugo (12.00 horas na Praza de Galicia, fronte á Delegación e a subdelegación, respectivamente). En Ferrol, as centrais concentraranse ante o edificio da Xunta ás 12.30 horas.

Así mesmo, as organizacións sindicais avanzan que as protestas continuarán tamén a próxima semana. Así, o venres 7 de setembro, en diferentes localidades, haberá concentracións fronte ás sedes das principais patronais en defensa da negociación colectiva, apuntan.

Con estas mobilizacións, os sindicatos pretenden "manter viva a protesta", que consideran que "está a afundir ao Estado na recesión, destruíndo emprego e deteriorando o Estado do Benestar". Recordan que darán "un salto cualitativo e cuantitativo" o día 15, cunha marcha que se celebrará en Madrid na que esperan reunir un millón de persoas.





O SALNÉS VOLCOUSE CON "LA VUELTA" E CON VELOSO








Miles de cambadeses, veciños de outras povoacións e turistas ateigaron as ruas de Cambados para dar ánimos nos primeiros kilómetros da etapa contrarreloxo que se disputou onte entre a vila do Salnés e Pontevedra de 39,4 kms..

O resto da etapa tamén foi seguida por moitísimas persoas que se encargaron de animar a os ciclistas, sobre todo a os primeiros da xeral.

Dende a saída na Praza de Fefiñáns ata a meta na Capital provincial a xente non deixou de animar e aplaudir. O ciclista que máis interese despertou entre os arousáns foi Gustavo César Veloso que non fixo unha boa etapa. Dende o control de firmas ata a sua chegada a Pontevedra estivo acompañado do alento dos espectadores apostados nas beirarrúas por onde circulou a etapa. 

Non faltaron as pancartas o apelido Veloso escrito no asfalto, os aplausos e os gritos de ánimo a os que non pudo respostar da maneira que el desexaba que era quedar entre os 10 primeiros da etapa quedando no posto 29 
A pesar de que moita xente estamos en contra do gasto que supón traer a Vuelta a Cambados
saímos a rúa pois os ciclistas merecen que os apoiemose recoñezamos o seu esforzo, sobre todo os gregarios, os descoñecidos para o gran público.

Tamén se volcaron as autoridades que non quixeron perderse a oportunidade de saír na foto ou seguir a etapa nos coches da carreira coma o srs. Louzán e Rueda no coche do director de carreira. Tamén se fotografiaron con Veloso antes de que o fixeran os afectados polas preferentes. Eso sí, algúns espectadores recordáronlle o asunto en varios momentos entre eles cando procederon a o protocolario corte da cinta.

A retrasmisión que fixo a televisión non ensinou ben as claras a beleza de Cambados e a comarca de Arousa nin tampouco os traballos que ían dar a "Vuelta a España"( botella e copa de Albariño e unha gran bicicleta) Agora haberá que agardar que as expectativas tan grande que os políticos depositaron sobre paso de “La Vuelta” pola comarca se fagan realidade.





GRAN RUNNING POR DEREITO 2012


Esta fin de semán vaise celebrar o GRAN RUNNING organizado pola Asociación
"POR DEREITO"

A o lado o percorrido inicial para non misturar co mercado. Abaixo o percorrido ao remate do mercado do sábado









Os fins:
- Dar visibilidade ao autismo
- Recadar fondos para a asociación
- Pasar un día divertido con todos os que queiran achegarse e participar connosco neste evento deportivo.


Cando: Iniciarase o sábado 1 de setembro ás 12.00 do mediodía e terminará 24 horas despois. CADA PERSOA PARTICIPARÁ O TEMPO QUE QUEIRA O Hasta QUE O CORPO AGUANTE.


Inscrición previa: Ingresando 4 euros no nº de "A Caixa": 2100-5036-41-0200073864
No apartado concepto hai que pór "Gran Reto Por Dereito", o día do running hai que presentar o xustificante de ingreso na mesa de Por Dereito para confirmar a inscrición.

Inscrición o mesmo día do Reto: Hai que abonar 5 euros e cubrir un papel de inscrición na mesa de Por Dereito




29 de agosto de 2012

O PSOE PIDE A PARALIZACION DAS OBRAS DE CORRELO EN CASTRELO





O PSOE de Cambados esixe a paralización das obras en Correlo, Castrelo, por facerse sen acordo cos veciños.

As maquinas iniciaron obras ocupando propiedades particulares sen actas previas, movendo marcos e postes.


Os Socialistas de Cambados comparten a indignación dos veciños de Castrelo afectados polas obras de construción dunha senda litoral na zona de Correlo que, segundo os veciños, lévase adiante sen acordo con eles e afectando notablemente os seus intereses.
O Portavoz Rafael Blanco manifestou que estanse a invadir propiedades e a retirar terras e marcos de propiedades privadas, non hai actas previas que marquen a cantidade de metros cadrados que se lle quita a cada propietario, etc. É un claro abuso de poder por parte do Concello e do Alcalde.
Os Socialistas insisten en que na reunión celebrada fai un par de meses non se acadou ningún acordo cos veciños xa que a maioría non quixo ceder terreos nin acordaron iniciar procesos de expropiación ou similares. Agora, ante a sorpresa dos afectados, as máquinas invaden as súas propiedades e alteran e modifican as súas condicións, marcos, etc, sen notificación algunha.
Esiximos a inmediata paralización destas actuacións mentres que non se proceda a actuar baixo o amparo da legalidade, se levanten e asinen as actas oportunas e se midan os terreos afectados para esta actuación -manifestou o Portavoz Municipal e Secretario Xeral Rafael Blanco- e nós estaremos cos veciños para evitar unha actuación arbitraria e de claro abuso por parte do Concello. Responsabilizamos a Luis Aragunde do que está a pasar en Correlo e demandamos que se poña a solucionar o tema urxentemente. Esta é a forma de facer do PP, abusar con aleivosía e sen miramentos.

UnionGC LAIASE DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO NA VUELTA A ESPAÑA




A Unión de Gardas Civís de Galicia (UniónGC) denuncia as "pésimas" condicións laborais nas que os traballadores do Instituto Armado desenvolverán o seu traballo durante a Volta Ciclista a España, ao seu paso pola comunidade. Concretamente, critican o desempeño de labores "sen remunerar, de xeito forzoso e mesmo a pé".

Segundo sinalou a asociación nun comunicado, os axentes de Tráfico "veranse obrigados" a traballar a pé en cruces e travesías debido á "falta de medios", así como a realizar unhas tarefas que antes das últimas medidas tomadas pola Xefatura autonómica correspondían exclusivamente a empregados "voluntarios".

O colectivo asegura verse "relegado" a non cobrar as súas axudas de custo de servizo "en favor" dos traballadores do servizo de oficina e atestados, baseándose nunha "orde da Xefatura de Tráfico" de Galicia. Nesta liña, afirma tamén que os gardas teñen que multiplicar as súas denuncias para non perder unha parte do seu salario".

É por iso que os axentes participantes no evento deportivo non descartan tomar medidas como o "cumprimento estrito da legalidade" en lugar do acatamento da "orde verbal de 'deixar facer", tal e como advirte o comunicado remitido por UniónGC.

AS PREGUNTAS DO PSOE NO PLENO DO XOVES



Preguntas dos socialistas de Cambados no vindeiro Pleno Municipal



Ademais das preguntas xa formuladas con respecto ao problema do aparcamento en Cambados (ver: Que ocorre cos aparcamentos en Cambados?) vimos de solicitar no Concello que se nos resposte ás seguintes cuestións no vindeiro pleno:


  1. ¿En que quedou aquela acción anunciada a bombo e platillo, que vostedes definiron como que sería inmediata, pero que non ten partida en presuposto algún, para a posta en marcha do Centro de Día no antigo matadoiro?
  2. ¿En que quedou aquel estudio que ían facer para valorar a construción dunha rotonda no cruce do Facho, despois de ter anunciado que o ían facer e incluso anunciaron custe e todo en prensa? E os pasos de peóns que comprometeron cos veciños de Castrelo que foi deles?
  3. ¿Non comprobaron vostedes que na rúa Castelao, fronte á Capela do Hospital, as árbores están inclinadas por seren golpeadas repetidamente por vehículos que invaden as beirarrúas por non ter protección algunha? Pensan colocar bolardos, pivotes, bancos de peche etc. para evitar que sexan os coches os que usen esas beirarrúas?
  4. ¿Cales foron as actuacións do Concello, datas de resposta, autorizacións etc., no tema da concesión de licencias no chamado Pinar de Maza?
  5. Toda vez que na prensa anuncia o Sr Durán que as comportas para Tragove serán realidade antes de acabe o ano, quixeramos saber: que actuacións de mellora medioambiental e limpeza do estanque e o seu entorno, foron levadas a cabo, así como as empresas que obtiveron a concesión dos traballos e datas de realización dos mesmos?


  1. ¿A que é debido que cada mes, e un mes tras outro se producen decenas e queixas sobre aconservación e actual estado deplorable no parque de Torradoos baños son antihixiénicosos sanitarios están rotos, a limpeza e recollida brilla pola súa ausencia, os columpios de xogos a maioría están sen arranxar dende hai meses, os cauchos protectores do solo teñen buratos dende fai tempo, faltan parafusos nos conxuntos de xogos que o fanperigosos para o seu uso debido. Como ben saben, xa temos desgustos por culpa de accidentes de rapaces e maiores deste parque, ¿a que esperan o Alcalde e o seu goberno?, ¿a que  ocorra outro accidente?, ¿algunha rotura máis de brazos, pes ou pernas?, ¿algunha denuncia máis, para darlle traballo o asesor xurídico? ¿ou poderemos estar algún día tranquilos de enviar os nosos fillos xogar a un parque con tranquilidade e legalidade? Non vale que conteste que se fará en breve,iso non no nos vale, iso xa o dixo en varos plenos e foi e é mentira,  a situación lonxe a amañarse empeora, polo menos dígalle á estatua de Fraga que vixile as persoas maiores que en lugar de utilizar os baños públicos se adique a outras cousas ?
  2. En relación a problemática da estación eléctrica de Vilariño, ¿cales foron os pasos dados polo grupo de goberno en relación á denegación de licencia ou outras xestións feitas? Os grupos da a oposición quedamos en recibir información, e so a temas gracias a asociación, que por certo non esta moi confirme coa súas xestión.
  3. Que se nos remitan as contas do Albariño, así como o contrato de concesión da carpa e comidas a confraría, a relación de gastos efectuados e ingresado no conxunto da festa 2012, e resultado total da mesma.
Agardamos que desta vez a Alcaldía teña a ben contestar debidamente e non coas habituais evasivas.




A TI MEU CAMBADOS E RICARDO DOMINGUEZ REY



Aínda que non me gusta moito copiar artigos de compañeiros este teño facelo pois paréceme moi bo e ademáis refrexa o meu sentir e que  creo que é moi interesante.A TI MEU CAMBADOS E RICARDO DOMINGUEZ REY 


      Fai un par de semanas neste mesmo medio e baixo este mesmo titulo Xaquín “Chon”, nos presentaba un interesante artigo onde, despois de numerar toda unha serie de
despilfarros por parte do concello,   se preguntaba onde estaba a crise para Aragunde e os seus adlateres, porque dende logo algún dos gastos (por non dicir todos) son prescindibles e, sobre todo, algún son realmente vergonzosos. 
Dende logo o titulo dino todo, polo visto para o sr. alcalde non existe crise porque senón no se explica a forma estúpida de tirar os cartos. Eu quería engadir a toda esa serie de despropósitos, un novo, que humildemente, me parece vergonzoso como e a etapa de contrarreloxo da “Vuelta Ciclista a España” que tera lugar no noso amado pobo.
       Ante todo deixar ben claro que quen suscribe isto e un gran aficionado os deportes en xeral, e ao ciclismo en particular, polo que non vexades na miña critica, aversión algunha contra este grandísimo deporte senón que considero que unha gota mais na política de despilfarro sen fin que caracteriza ao goberno do Sr. Aragunde.    
      Segun os datos oficiais estas tres etapas na provincia custara sobre uns 150,000 euros, aínda que a estes gastos hai que sumar outros propios de cada concello, en Cambados, por non ir mais lonxe, vaise a instalar un  cartel de 30 metros de longo por 6 de ancho a carón da Torre de San Saturniño e , ademais, unha bicicleta xigante con boias, sobre todo, para as tomas aéreas da televisión; tamén hai que sumar gastos de loxística, seguridade e un longo etc. derivados da propia volta. 
      Loxicamente para todo este desembolso Aragunde e Louzán, ampáranse na suposta gran promoción que supón  a Volta, sobre todo, en televisión e que dará moita publicidade ao noso pobo e comarca, vamos, que despois da etapa do mércores, Cambados vai ser conocido no mundo e parte do estranxeiro  e non vamos ter que botar fora tanto turista coma vai vir (perdoade o meu sarcasmo), ademais falan dun suposto estudio de Unipublic (empresa organizadora da Volta) segun por cada euro invertido recuperaranse 10 (que van a dicir senón , teñen que venderse).  
      Por empezar por unha  orde, os que somos aficionados o ciclismo e temos un mínimo de idea de retrasmisions deportivas, sabemos que nas probas de contrarreloxo (coma a de este mércores en Cambados), priman as cámaras no punto de saída e meta, mais cámaras en puntos intermedios (para ir sacando as diferenzas entre os distintos corredores) e finalmente as cámaras en motos, sobre todo para seguir a evolución    dos favoritos no traxecto, digo todo, isto, porque as imaxes dende o helicóptero quedan nun segundo plano, sendo mais importantes nas etapas en liña, nas cales si son relevantes pois marcan a diferenza visual entre os escapados e o pelotón, entre os distintos grupos etc. ; e dicir, as mentes brillantes do concello han feito unha inversión  brutal nun cartel e figura de boias xigante ¿para que?, ¿para unha toma xeral nada mais comezar e rematar a etapa? , ademais son tan rematadamente inútiles que gastan unha animalada no cartel xigante e, encima, e vez de colocalo nun punto polo que pase a proba para entrar no plano televisivo cada vez que que pase un ciclista por dito punto , van, os moi burros, e colócano na zona mais lonxe do pobo con respecto a carreira..... dende logo os asesores de Aragunde que lle aconsellaron colocar o cartel na Torre non viron na súa vida unha proba ciclista (polo menos por televisión). 
      En canto a suposta promoción do noso pobo por saír na televisión, deixádeme que vos dea uns datos correspondentes as tres ultimas etapas desta actual Volta e a continuación explícovolos:  
  Fecha                                Etapa                                       Audiencia                                Share

24 agosto                   Jaca  = Alcañiz                 1.230.000  espectadores                    10 %     
25 agosto                  Lleida = Andorra              1.378.000  espectadores                       13 %
26 agosto                 Andorra = Barcelona        1.156.000  espectadores                   10, 7 %

  A vista de estes datos, dicirvos que calquer audiencia inferior de  17 %  ou 18% de share considerase moi pobre, incluso programas de televisión con audiencias superiores a 20 % de share foron retirados da parrilla televisiva as dúas ou tres semanas, a titulo anecdótico  dicir que incluso algún capitulo de “ Amar en tiempos revueltos” (que e a serie que ocupa esta franxa horaria o resto do ano) a superado con creces estas audiencias. 
      Non hai que ser moi listo par ver que unha retransmisión deportiva un 29 de agosto (en plena operación retorno para moita xente), cun verán saturado de deporte televisado (primeiro coa Eurocopa de Nacións e despois cos Xogos Olímpicos), tendria unha audiencia moi pobre.
      Todo isto desmonta a farsa de Aragunde e Louzán  en canto a gran promoción  televisiva  da nosa comarca coa volta ciclista (Aragunde os teus asesores non te han sabido aconsellar), pero que mais da, pagan os pontevedreses, o alcalde e o presidente da Deputación tendran, iso si, os seus cinco minutos de gloria. 
      Por certo dicirvos que o domingo baixei hasta Barcelona a ver o final de etapa e , dende logo, non vin ningún cartel xigante de 30 metros nin figura de boias no porto olímpico e non creo que sexa porque Barcelona non ten mais recursos que Cambados, ou,  quizás,  e porque nin o alcalde nin o Presidente da Deputación de Barcelona teñen o afán de protagonismo ou,  porque non dicilo, a chulería, que caracteriza a Aragunde e Louzán.
      Sinceramente cando vexo a Rajoy e os seus ministros pedíndonos a todos os cidadáns austeridade, me pregunto que pensara un xubilado de Cambados que lle fan pagar as mediciñas, un parado de  Arousa que lle van a retirar o subsidio de desemprego ou un funcionario de calquer concello do Salnés que lle acaban de quitar a paga extra do Nadal, cando ven coma derrochan os cartos os seus gobernantes e dende logo unha cousa está clara para ser alcalde, ou presidente da Deputación,  vale calquer zoquete, hasta o mais torpe do lugar,  Cambados  e Pontevedra e unha boa proba de elo, outra cosa moi distinta e ser un bo gobernante, un bo dirixente entre os teus cidadáns, sobre  todo a hora de ter claro cales son as prioridades. 
      Un saudo a todos. 
       RICARDO DOMINGUEZ REY
      
    
    
    
    

28 de agosto de 2012

APROBADA A POLEMICA ORDENANZA DE CIRCULACION DE VILAGARCIA






Onte foi aprobada a polémica Ordenanza Municipal de Circulación de Vilagarcía coa votos de PP e IVIL tras un debate tenso e acusacións cruzadas entre goberno e oposición.

No mes de abril saltaba a polémica en Vilagarcía coa aprobación dunha Ordenanza Municipal de Circulación na que se prohibía, entre outras, cousas correr ou saltar pola rúa, pararse nas beirarrúas varias persoas a falar, formar colas ás portas dos establecementos ou a circulación de patinetes polas zonas peonís.

Entón foran presentadas numerosas alegacións a estes puntos que foron modificados e aprobados. Sen embargo tivo que ser tan só cos votos do goberno. O BNG votou en contra argumentando que o goberno local ocultoulles información e documentación sobre as alegacións, e non lles pasou o texto final correxido.

As críticas chovéronlle a Fole dende PSOE e Esquerda Unida, que acusaron de falta de diálogo de PP e de ter recibido onte a o mediodía o texto final da ordenanza, sen tempo para estudialo e debatilo no pleno.

O alcalde pola súa parte amosou o seu enfado cos grupos da oposición a o considerar intolerable que non voten a favor unha ordenanza na que se tiveron en conta as alegacións presentadas por eles mesmos.

C.I.G. QUERE CONTAR NOVAMENTE CON U.G.T. E CC.OO.







O sindicato nacionalista considera que a convocatoria de eleccións anticipadas responde a intereses electorais do PP pero entende que é positiva para poder mudar o governo.

Ante o deterioro da situación económica, política e social que, segundo todo indica, seguirá a agravarse, e ante a perspectiva de que mesmo se produza un segundo rescate ao Estado español, que provocaría a imposición de medidas moito máis duras das xa aprobadas, o secretariado confederal -reunido onte en Compostela- valorou a necesidade de convocar xa folga xeral. Para a CIG a data de referencia segue a ser o 26 de setembro, e así o tratará novamente con CCOO e UGT, reiterando a súa dispoñibilidade a negociala para que sexa de carácter unitario. A central sindical considera que, en todo caso, debe ser antes das eleccións autonómicas.


CORES TOURÍS ATACA A MONTSE PRADO PARA DEFENDERSE




C.  Tourís

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra Cores Tourís na rolda de prensa posterior a xuntanza cos veciños da parroquia de Oubiña para explicarlles a situación da concentración parcelaria nesa parroquia, aproveitou para defenderse das acusacións das que é obxecto por parte do BNG cambadés.
Tourís ataca a familiares de Montse Prado, e a ela mesma, na sua defensa polo asunto do pinal de Maza e mantén que o desmonte da Modia é legal.

Aínda que non quería falar do asunto despachouse atacando e decindo medias verdades, que son peorse que as mentiras, sobre outros viñedos ou outros traballos feitos en montes da zona.
Montse Prado

Acusou directamente a Montserrat Prado, veciña coma el da parroquia de Oubiña, de estar tras acusacións feitas polo Bloque.

Primeiro, o delegado quixo deixar clara a súa total inocencia respecto das acusacións formuladas polo BNG. “Sacamos máis permisos dos que nos
corresponde. Fixen todo legal, como non podía ser menos” sinalou en alusión ao desmonte que desenvolve unha empresa vinculada con el na devandita parcela. Si sacaron máis permisos dos necesarios porque certos departamentos da Xunta non saben da existencia de obras no Pinal de Maza? A continuación reprochou ao Bloque que lle someta a unha marcaxe “mentindo a sabendas», fronte ao silencio que garda en relación a outras plantacións de viñedo feitas tamén en zona de monte «e ela mesma (Prado) solicitou poñer viño en monte comunal non polígono ao que ela se opuxo”. Si esas prantacións son ilegais, porque noin denunciou no seu momento? Porque se “opuxo” Montse Prado ao polígono?

Ademais, engadiu Cores Tourís, “ela e a irmán teñen unha casa onde antes había unha carballeira -un dos argumentos da denuncia do BNG é que a roza no pinal de Maza levou por diante árbores autóctonos- e o Concello acaba de paralizar unhas obras na casa dá nai por ser ilegais”, engadiu o popular en relación á familia de Montse Prado.En que ilegalidade concurriron estas obras?
Cores Tourís ataca para defenderse pero para atacar ai que ter argumentos i el parece non ter nada, do contrario todas as obras que lle otorga a Prado ou a sua familia de ser ilegales teríamos que acusalo a el e a outros  por non denunciar ou paralizar obras que agora dí  son ilegais. 




NOVA FASE DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA EN OUBIÑA








concentracion_oubinacopy.jpgUnhas corenta hectáreas é o perímetro inicial afectado na segunda fase da concentración parcelaria da parroquia de Oubiña. Así o informou onte pola mañá o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra na súa visita a Cambados para dar conta dos avances nesta etapa tralo primeiro proceso concluído no 2008. O dato esgrimiuse dos estudos iniciais, previos ó ambiental.


Estes trámites agárdase conclúan este ano. O perímetro delimitado, que non contempla núcleos rurais, atoparíase enclavado entre as zonas de concentración de Tremoedo e Oubiña Primeiro Sector. Segundo Tourís trátase dunha demanda veciñal á que agora lle van dar unha solución.
Con todo, o Delegado Territorial subliñou que no que vai de lexislatura a Consellería do Medio Rural e do Mar investiu en Cambados máis 1’5 millóns de euros.
En canto á concentración parcelaria de Oubiña, Tourís rematou confiando en que o vindeiro ano estea rematada.

AS OUTRAS RAZONS DO ADIANTO ELECTORAL








O sr. Núñez Feijóo ven de convocar eleccións anticipadas para o Parlamento galego e coincidirán coas eleccións vascas. O 21 de Outubro e a cita coas urnas.

Ata aquí algo normal dentro das regras democráticas senón fose por algúns puntos que creemos convén comentar.

1º- Na rolda de prensa posterior a o Consello da Xunta Feijóo negou calquera interferencia de Rajoy na decisión cousa que non é verdade pois o Presidente do Estado é dos que máis apretaron a o Presidente da Xunta para que tal adianto electoral fora adiante.
Tamén dixo na rolda de prensa que o adianto “fagoo por responsabilidade”.....“ é a data que brinda a maior estabilidade para Galiza”

2º- Despois de tanto insistir no recorte de Deputados autonómicos e de que se ía facer si ou si non ten lóxica que recue. Pero este vai ser un punto esencial e demagóxico no programa electoral do PP para estes comicios, nos que o Partido Popular acusará a oposición de non querer recortar gastos por non estar dacordo coa forma de Feijóo de levalo adiante.

3º- Neste adianto algo ten que ver a idea de Mario Conde de presentar un novo partido político a estas eleccións e que moitos desencantados do PP formen parte da candidatura do novo partido apadriñado por IntereconomíaTV. Este novo partido ten prevista a sua fundación coma tal o 6 de outubro polo que si non aceleran os trámites non de presentarán a os comicios galegos e polo tanto un rival menos e sobre todo pola dereita na que o PP non ten contrincante.

4º- Outra das razóns que o empuxan a adiantar as eleccións e que o PSOE aínda non celebrou as primarias para designar candidato e dous dos escindidos do BNG (Compromiso X Galiza e Anova Nacionalista) non acercaron posturas de cara a unha alianza electoral. Esta alianza non beneficia a o PP pois o voto disperso do nacionalismo grazas a Lei D´ont ( a lei que fai o reparto de deputados según votos) favorece a os grandes partidos e sobre todo en Galiza a o PP. Así as cousas co Bloque como única forza totalmente preparada para a campaña nestes intres todo beneficia, en principio, a Núñez Feijóo. De todos os xeitos estos partidos ou coalicións teñen tempo por diante que teñen que aproveitar a o máximo.

5º- Unha razón de peso para o adianto é que tras a subida do IVE e coa caída do consumo Rajoy vai tomar nos meses de outubro ou novembro medidad impopulares para a cidadanía e tal como fixo anteriormente agardará a despois das eleccións, agora vascas e galegas e antes asturianas e andaluzas. Si daquela xa levou dous disgustos agora e co País Vasco perdido celebrar as autonómicas galegas máis aló de outubro e un risco que non quere correr o partido da gaivota.


A partires de agora veñen semanas para que @s votantes galeg@s reflexionemos se queremos seguir impasibles ante as políticas do PP ou queremos algo mellor para nos e para os nosos fillos.


27 de agosto de 2012

XUVENTUDES SOCIALISTAS CRITICAN O CERRE DAS INSTALACIONS POR CULPA DA VUELTA




Xuventudes Socialistas
Denunciamos o peche do complexo polideportivo do Pombal

O Concello de Cambados ten decidido pechar o complexo polideportivo do Pombal os vindeiros días 28 pola tarde e 29 todo día con motivo da saída da contrareloxo da Volta a España que sairá da Praza de Fefiñáns.
Trátase dunha decisión extrema que atenta contra o dereito dos veciños de Cambados a poder disfrutar das instalacións municipais.
Estamos satisfeitos co acontecemento deportivo que vai ter Cambados, pero non pode ser motivo de impedimento para que diferentes persoas e mesmo equipos que están en plena pretemporada non poidan acceder ás instalacións. Se o Goberno Local ten decidido que alí se situén as carpas dos equipos, cremos que non sería complicado permitir o acceso a pé. Senón tamén se poderían instalar ditas carpas en outros lugares como pode ser a explanada do Porto de Tragove.

Agardamos que con  esta denuncia o Concello de Cambados reconsidere a súa decisión e busque unha situación que permita aos veciños acudir a facer deporte e que os equipos ciclistas poidan exercer a súa labor normal.