Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de julio de 2012

MAIS PROTESTAS DOS AFECTADOS POLAS PREFERENTES






A plataforma asociativa de aforradores afectados polas participacións preferentes ofrecidas por financeiras concentrouse hoxe ante o Instituto galego de consumo para reclamar máis atención e denunciar o que consideran como "unha estafa masiva".

"A maioría dos afectados vimos aquí para solicitar información para solucionar a estafa masiva de produtos preferentes e subordinadas" dixo o portavoz da citada da plataforma, Xesús Domínguez, quen criticou a falta de garantías por parte de moitos afectados na presentación de denuncias.

Engadiu que Novagalicia Banco, está "a redirixir" aos afectados ao Instituto Galego de Consumo para que presenten denuncias, pero lamentou que esa institución, dependente da Xunta, "a uns dilles que non poden presentar reclamacións",aínda que apuntou que despois reconsiderou a súa posición.

"O fiscal xeral de Galicia fala de que a demanda interposta pola fiscalía, en caso de ser positiva, beneficiará á totalidade dos afectados", dixo Domínguez a un grupo de xornalistas e observou que a arbitraxe proposta pola Xunta só favorecerá de 10 %a 15 % dos aforradores.






RESUMO DE 7 MESES DE DESGOVERNO POPULAR




Os 7 meses de Governo de Rajoy encerran o periodo máis negro vivido na economía española nas derradeiras décadas.
Os importantes problemas da economía mundial arrastraron tamén a economía española aumentada pola burbulla inmobiliaria.
Lonxe de atenuarse agrávanse dende novembro despois das eleccións xerais e a toma de posesión de Rajoy. O Governo de Mariano Rajoy sembra dúbidas dentro e fora das nosas fronteiras en institucións económicas e nos mercados internacionais.
A prima de risco estaba en 347 puntos no traspaso de poderes e agora anda sobre os 640 ao que hai que engadir a caída da Bolsa ata niveis do 2003. Todo isto en nos 6 meses últimos.
O PP culpa a o PSOE, sindicatos, traballadores, a herdanza.......todos menos eles.

ESTOS SON OS ERROS DO PP

1º PRESUPOSTOS
Queren agardar as eleccións andaluzas e asturianas para presentalos pero a U.E. úrxelle a que os presente pero non o fai ata abril. Eses presupostos son enmendados polo propio Governo, primeiro co recorte de 10.000 millóns en educación e sanidade e máis tarde co último paquete de recortes en xullo de 65.000 millóns máis.

2º DÉFICIT
Mariano Rajoy anuncia o dia 2 de marzo en Bruselas un obxectivo de déficit para 2012 do 5,8% a o pouco tempo corrixe o dato despois de falar cos líderes europeos e despois de consultalos coa Comisión. O 4 dese mesmo mes afirma admite de foma categóricamente que “España moi pronto vai recuperar a sua credibilidade. O dia 12 de marzo o Eurogrupo corrixe a o Governo e fixa o déficit no 5;3%.
Na mentras seguen coa estratexia de culpabilizar a Zapatero, o 18 de maio saen a luz o desvío das contas de Madrid, Valencia, e Castela-León governadas dende fai anos polo PP elevando ata o 8,9% o déficit do 2011.

3º ASUNTOS EXTERIORES

O pasado 24 de xullo destacan nun comunicado “conxunto” con Francia e Italia que, os dous países facían frente común con España na defensa da inmediata execución dos acordos do Consello Europeo de finais de Xuño. O acordo foi desmentido por os outros dous países e Asuntos Exteriores ten queretirar o comunicado.

4º IMPOSTOS
IVE
Empezaron negando calquer suba do IVE, despois que si se subía sería non sería no 2012, terminando por subilo a partires do 1 de setembro
Deducción por vivenda habitual
Promesa electoral estrela durante a campaña electoral que compleu pero que pasados seis meses anunciaron a sua eliminación.
Amnistía fiscal
O Governo de de Rajoy pon en marcha unha amnistía fiscal para os grandes defraudadores.
Nun principio din que estos verán perdoadas as sua débedas con Fançcenda a cambio de pagar entre un 40% e un 50% do capital que aflore. En pouco tempo ese límite queda no 10% do patrimonio que saia a luz.
A Audiencia Nacional e o Tribunal Constitucional admiten os recursos que presenta o PSOE contra esa amnistía.

5º EMPREGO

Recortes na prestación por desemprego, negada en campaña electoral e aprobada fai uns dias.
Nos próximos dias agárdanse outros recortes para desempregados.
Ruptura do diálogo social despois da reforma laboral que nadie aproba agás PP i empresarios coa conseguinte alteración na sociedade descoñecida dende fai moito tempo.

6º REFORMA FINANCIERA

Dende os primeiro dias do 2012 vimos asistindo a caída de confianza en España e no seu sistema financieiro que se traduce na elevada prima de risco e o desplome da Bolsa.
A crisis de Bankia
Rato revela que dimiteu de Bankia pola falla deconfianza dos que foran os seus compañeiro de partido, agora no poder.
O caso Bankia era un pequeño problema no principio tocándose nun gran problema de 23.500 millóns. De 4.500 millóns de Euros pasouse a 23.500 m. en poucos dias. Sendo a causa do rescate financieiro de España.
A pésima xestión da crise xenera dúbidas nos inversores extranxeiros, baixa nos ratings de todas as entidades financieiras, funden a Bolsa........
O Governo acudeu a duas axencias externas para que lle confirmara o que o Banco de España xa fixera. Pero Como quen governaba na institución non era afín a o PP gastáronse cartos dos cidadáns innecesariamente.
Vendeusenos que o rescate financieiro fora gracias a presión de Rajoy e quedou demostrado que non era certa tal cousa, senón que fora impulsada dende Europa.

7º FUNCIÓN PÚBLICA

O salario dos funcionarios
No primeiro Consello de Ministros presumiron de manter o salario dos funcionarios, pero ampliaban a sua xornada laboral.
Ata marzo negouse que foran tocar os soldos dos empregados públicos. O 12 de abril o ínclito Antoni Beteta, afirmaba que os funcionarios debían “olvidarse do cafelito e de leer o periódico” e ser máis productivos.
Consecuencias final, eliminación da paga de Nadal e reduccion dos dias de libre disposición.

Este e un resumo de un documento publicado polo PSOE.



CONCENTRACION DE MOTOS VELLAS DO SALNES




O vindeiro domingo 12 de agosto tera lugar a Concentración de Motos Vellas organizado polo clube do mesmo nome de Cambados. Este fin de semana deron a conocer o cartel anunciador de tal evento diseñado como noutros anos por Moncho outro apaixoado das motos.


 
A concentración partirá como en anos anteriores da cambadesa i emblemática Plaza de Fefiñáns.As inscripcións faranse na mesma plaza para despois das 11hrs facer unha ruta polo Salnés coma de costume. Despois desa pequena ruta xantarán na Carballeira de Ribadumia como xa fixeran nas suas orixes.
Os participantes terán que cubrir a folla de inscripción e aboar 15€ ou 30€ dependendo de si participan na comida ou non
. O número de prazas e de 200 e o dia tope para inscribirse o 8 de agosto. As motos deben ser de fabricación anterior a 1970.
 

Máis información no seu blog.http://motosvellasdosalnes.blogspot.com/       












PORTO DE CAMBADOS EXPLOTARA A CARPA GASTONÓMICA



Porto de Cambados será este ano a encargada de explotar a carpa gastronómica durante a Festa do Albariño. Coma sempre instalada a o lado das casetas das adegas.

 
O Concello coma todos os anos convocou un concurso para adxudicar o servicio, pero ninguén quixo pagar os 30.000€, precio da licitación. Foi entón candose iniciou un procedemento negociado para atopar a alguén disposto a explotar a carpa. A partires de ahí entrou en escea Porto de Cambados. A empresa de recente creación pola Confaría de Cambados (58% da participación) e dous socios privados Mar Ambroa e Mariscos Veiro. Inicialmente creouse para a comercialización de vieira da nosa Ria de Arousa. Fai 15 dias xa xestionou a explotación da carpa de degustación da Festa da Vieira.

Mar Ambroa
 
A carpa estará aberta ata o 12 de agosto e dará emprego efímero a unha ducia de persoas. Cando a festa dura ata o día 6.
Mar Ambroa, xa xestionou a carpa fai dous anos, anima a cambadeses e visitantes a degustar os productos que alí se ofrecen por ser de primeira calidade e da nosa ría. Poderanse degustar vieiras, zamburiñas, polbo, navallas, empanadas etc.....

 
A carpa mide 5 metros de ancho por 65 de largo con unha capacidade de 300 persoas.

 
Algúns hosteleiros de Cambados xa expresaron as suas reticencias a instalación de carpas de venta de comida, por extenderse máis alo dos dias propios da festa e incluso dende a Confraría mostraron o seu malestar cando que explotaba ditas carpas era unha empresa de O Grove. Pero o Concello ve unha fonte de ingresos esta carpas e dubidamos que renuncie a eses cartos. Cartos que aínda non se sabe pagará Porto de Cambados a o Concello.




NA FESTA DO ALBARIÑO HORAS EXTRAS A MANSALVA



O pasado domingo celebrouse a elección das Raíñas e Damas da Festa do Albariño. Canto costou a os cambadeses en horas extras do persoal do Concello?


Tendo en conta que as seis e media da tarde había 5 operarios agardando as portas do Salón de Congresos José Peña, supoñemos que para que lle abriran as portas, outro operario, para coller as silla e levalas ata Fefiñáns, total 6 operarios.

Si durante o acto no escenario e abaixo había outros 5 traballadores do Concello organizando, colocando e ordeando todo o relativo a o evento xa nos suman 11 traballadores.

Si o acto en sí empezou con retraso e demorouse media hora, a actuación de Manso e amigos i Esteban Batallán prevista para as 22.30hrs empezou unha hora máis tarde do previsto, serían as 12 e media da noite coma pouco o remate de todo o acto.


Agora temos que sumar hora e media, como mínimo, para recoller todo, e temos que dende as 18.30hrs ata a 2 da mañán son 7 horas e media. Agora unha simple multiplicación e sacamos as horas traballadas para un acto de duas horas. 11 operarios x 7 hrs e media= 82 hrs e media,
Vanse pagar todas esas horas? Ou compensaranse con dias libres?. Marcharon os operarios que colocaron as sillas despois de poñelas e volveron para recollelas? Serían menos horas a pagar. Si temos que aforrar, non sería conveniente utilizar menos persoal?.

Sería moi bo que o alcalde explicara todo o relativo a horas extras, pluses, incentivos etc polo miúdo. Pero moito nos tememos que non vai ser así.

Si esto e nos prolegómenos cantas horas haberá ao final sa Festa?



30 de julio de 2012

VISITA INSTITUCIONAL OU DE COMPROMISO





Este mediodía a iso da 13.30 hrs cruceime con Luis Aragunde,  J.M. Cores Tourís e o Conselleiro de Educación Jesús Vázquez Abad por Cambados. Extranoume velos de punta en branco pois non tiña constancia da visita do Conselleiro nin o motivo. Por certo cruzaron por un paso de peóns en vermello. 


Vaia exemplo!!!!


Poucos minutos despois as miñas dúbidas quedaron resoltas. Viña a mirar o comedor do colexio Magariños. Despois de anos de peticións por parte da ANPA de ese centro, xa era unha realidade.




Pero o chocante da nova que escoitei en Radio Arosa(Cadena SER) era que "no   vindeiro curso os alumnos que o solicitasen xa poderían acceder a o servizo". Pero si leva meses funcionando. Pero si esto era chocante aínda viña o mellor.....
No estracto da entrevista que puxeron as 14.20hrs con Aragunde non correxía o erro de Radio Arosa, pois si así fora teríanna correxida, pois a entrevista foi anterior a chegada do sr. Vázquez Abad.






Unha visita anterior
O Conselleiro tiña que visitar un povo polo que tanto fixo nestes anos e que llo paga nomeando Cabaleiro do Albariño. Diredes que os Cabaleiros os nomea o Capítulo Serenísimo ....pois vale.....


Na entrevista o Alcalde presumía de encherlle a carteira a o Conselleiro de numerosas peticións. Agardemos que nos agasalle con algo o sr. Conselleiro.


O BNG TENTARÁ DE PAGAR A EXTRA AOS EMPREGADOS PÚBLICOS



O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, anunciou a "vontade contundente" da formación nacionalista de aboar a paga extra aos empregados públicos nos concellos nos que ten responsabilidade de goberno, xa que, ao seu xuízo, a supresión desta retribución é "inxusta e inútil" e provocará a "máis crise nas  economías  locais".

Vázquez  falou en rolda de prensa logo de manter unha reunión de traballo con responsables municipais e parlamentarios do Bloque para abordar medidas contra os recortes anunciados polo Goberno central.


O voceiro nacionalista mostrou a súa "oposición contundente" á "redución do poder adquisitivo dos funcionarios", ao considerar que "afectará moi negativamente a pequenas e medianas empresas, ao tecido económico dos concellos e ao pequeno comercio".

Neste sentido, Vázquez anunciou a "vontade" da súa formación de aboar a paga extra aos empregados públicos nos municipios onde a formación nacionalista "teña responsabilidades e poida facelo".





MAIS NOVAS SOBRE O PARQUE DE TORRADO





Hai uns dias dende este blog denunciábamos o estado lamentable do parque de Torrado. Mala limpeza, malgasto de auga, mal mantemento etc etc. O que debería ser a xoia da coroa en canto a zonas de disfrute dos cambadeses, parece máis un estercoleiro que outra cousa.


Pero a culpa non é tan solo da falla de limpeza e mantemento por parte do Concello de Cambados. Moitos rapaces que alí van non saben depositar a basura nas papeleiras, cólganse das árbores, súbense a mesa de ping-pong co conseguinte deterioro e moitas outra cousas.

As persoas que acompañan a moitos pequenos as veces “olvídanse” de controlar que é o que fan os cativos. E despois están os rapaces un pouco máis grandes que non teñen o mínimo respeto por unhas zonas de disfrute de todos e parecen estar na selva.


Pero das queixas tampouco saen libres os maiores. Nos parques infantís está prohibido fumar, cousa que me parece ilóxico a o ser un espazo aberto, pero hai xente que non se entera. O peor, a o meu modo de pensar, non é o feito de fumar senón o feito de tirar os cigarrillos no chan pois os crios as veces séntanse sobre a terra e xogan con todo o que atopan incluidos os restos dos pitillos.

Outra cousa que estaba prohibida cando se abreu o parque era que entraran cans. Había carteis nas entradas advertindoo. Pois ben xa non so entran senón que hai xente que os leva alí a facer as suas cousas. Por moito que recollan sempre queda algo, bueno cando recollen, pois non sempre é así. E o mexo, non se recolle. Tamén hai persoas que utilizan as árbores para facer pipí o que o fagan os seus fillos.


Isto todo pasa, non é invención, vou case todos os dias alí e sei do que falo. Todo o que acabo de relatar está documentado con fotos.

Por iso pedimos que os policías locais pasen de vez en cando polo parque. Rara é a vez que se asoman por Torrado. Presumimos de patrullas en bicicleta e non se ven, dende logo o dos locais de Cambados e como o das bruxas habelos, hainos........ pero non se sabe ven por onde andan. Algunha vez ten pasado, moi rara vez, algún dos auxiliares no verán pero no inverno non aparecen por alí, a non ser que os chamen por calquer incidencia.
E tamén pedimos a os maiores que teñan coidado e que ensinen a os máis pequenos a seren respetuosos con todo o que se nos ofrece i eles mesmos a ser responsableis do pouco que temos.



XX.SS. DE CAMBADOS TAMEN SE MOVILIZA CONTRA OS RECORTES





Medio cento de persoas asistiron o pasado sábado a concentración convocada por Xuventudes Socialistas de Cambados en contra dos recortes do Governo de Mariano Rajoy.


Portando unha pancarta na que se podá leer “RECORTES NON” “COS NOSOS DEREITOS NIN UN PASO ATRÁS” o líder dos xóvenes socialistas, Ismael Agra e outros compañeiros escenificaron a sua protesta acompañados dunhas grandes tesoiras e de carteles coas lendas “XÓVENES PRE-PARADOS” ou “SÓBRAME DEMASIADO MES AO FINAL DO SOLDO”






Estiveron acompañados dos líderes locais do partido Rafael Blanco, Fátima Abal entre outros e algúns socialistas da comarca.


Provistos de megafonía corearon consignas contra Mariano Rajoy, o seu Governo e os seus recortes. Tamén repartiron octavillas nas que facían referencia da sua negativa ao “tijeretazo” máis grande da historia de España.

28 de julio de 2012

DATOS DA E.P.A. EN GALIZA





Nos últimos tres meses rexistráronse na provincia de Pontevedra 116.900 parados.


Estes datos coñecéronse hoxe a través da última Enquisa de Poboación Activa. Pola súa banda, en Galicia o paro subiu en 10.300 persoas.



Os últimos datos coñecidos onte sobre o paro a través da Enquisa de Poboación Activa seguen sen darnos un respiro. No segundo trimestre do ano, a pesares de coincidir co inicio da tempada estival, rexistráronse 53.500 parados máis, situándose o número total de desempregados en case 5 millóns setecentas mil persoas, o nivel máis alto desde o 2001.

Ademais ata agora o sector terciario era o que salvaba en certa maneira estas cifras. Pola contra, este ano, entre abril e xuño, destruíronse 15.900 postos de traballo mentres que no mesmo período do ano pasado creáronse 151.400.
Se nos centramos en Galicia, aquí o aumento do número de desempregados foi o quinto maior por comunidades ó subir en 10.300 persoas. Pola súa banda, Pontevedra é onde se concentran máis parados con cifras que ascenden ás 116.900 persoas. Ante este panorama, para moitos a única alternativa é o estranxeiro.

No medio de tanta cifra quédense con esta, nestes momentos en España o número de ocupados non chega ós 17 millóns e medio de persoas, o seu nivel máis baixo desde o terceiro trimestre de 2003.






VOCES DISCORDANTES DENTRO DO PP POLA REFORMA DAS ENTIDADES LOCALES







Xa empezan a xurdir voces contra os recortes nas filas do PP. Algúns alcaldes dubidan de que o mellor para o Estado sexan as medidas de que Rajoy esta a aplicar. Advirten a Rajoy que a vía impositiva non é a solución á crise e úrxenlle a alixeirar a pesada carga que soporta o conxunto do Estado.

Agora mesmo a administración do estado componse de administración central, gobernos autonómicos, deputacións, cabildos, delegacións do Goberno, subdelegacións, entes comarcais concellos... O adelgazamento da Administración que desde hai anos reclaman os cidadáns tamén o demandan agora os políticos. E non só PSOE e BNG urxen pór a dieta ao xigante administrativo, nutrido por máis de 70.000 políticos.
Rey Varela (presidente da FEGAMP)

 No PP xorden voces que advirten de que a solución á crise non pasa por unha subida de impostos –vía pola que optou, entre outras, o Goberno de Rajoy–, senón por unha reforma “inmediata” da estrutura do Estado.Alcaldes do Partido Popular en Galicia urxen ao Goberno central que bote man da tesoira e recorten gastos nos orzamentos do Estado e elimine organismos como as deputacións, o Senado, o Consello Consultivo, o Consello Económico e Social, o Consello Galego dá Competencia, o Instituto Galego de Estatística (IGE) ou figuras como o Valedor do Pobo. Só así, sosteñen, poderase lograr un verdadeiro aforro das arcas públicas ao evitar que varias administracións ofrezan os mesmos servizos.“Non se pode pedir aos cidadáns que se aperten máis o cinto. Hai que predicar co exemplo. Non é ético pedir esforzos e non facelos”, reflexiona un alcalde popular da provincia da Coruña.No punto de mira da oposición e agora tamén do PP están as deputacións, uns organismos cun crecemento continuo de orzamentos e persoal que só no último ano víronse minguados polos efectos das crises. “Hai que acabar co gasto improdutivo, recortar no menos imprescindible, xa sexan deputacións ou outros organismos”, defende outro alcalde popular. “¿É xustificable manter un órgano cando só destina un 17 por cento a subvencionar proxectos dos concellos?”, pregunta outro rexedor do PP en alusión ás deputacións.O debate que abren agora os alcaldes populares choca coa postura da dirección nacional do partido, que pretende darlles un maior protagonismo coa reforma local ao impor aos concellos de menos de 20.000 habitantes a cesión de servizos e competencias obrigatorios se non poden prestalos de maneira “eficiente”.
Unha reunión da FEGAMP

Quen dictaminará se un concello e ou non capaz? Pasarán as deputacións o mesmo exame? Se non hai financiamento para os concellos para que poidan prestar estes servizos, como os van a poder garantir as deputacións? ¿Con que finalidade téntase baleirar de competencias e servizos aos municipios? Son algunhas das preguntas que se fan alcaldes do PP en Galicia consultados polo xornal “Faro de Vigo”. Pensan estos alcaldes que o único que vai xerar este proceso é a desaparición do rural.

Os propios alcaldes tamén poñen no disparadero dos recortes. Recoñecen que hai un número excesivo de concellos. “Unha cidade como Nova York (de 8,4 millóns de habitantes), ten un alcalde. ¿Como un territorio como Galicia vai ter 315?”, cuestiona un rexedor popular. A súa opinión é compartida por compañeiros de filas no ámbito municipal. “Sobran concellos, Galicia podería quedar perfectamente cun modelo territorial de 200 concellos”, sostén outro alcalde.Os rexedores do PP en Galicia demandan aos dirixentes do seu partido que “escoiten á rúa”. “Hai que deixarse de interese e dar un golpe de temón valente e decidido para saír desta situación”. Agora toca, segundo conclúe, pór a dieta a arquitectura institucional do país.O primeiro paso, celebran, xa o deu o presidente da Xunta e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, ao anunciar a redución do número de deputados no Parlamento galego. “Con 61 bastarían”, coinciden os alcaldes.O problema deste recorte é cal sería a data ideal, agora ou despois das eleccións autonómicas. O exemplo, demandan, debería seguirse en Madrid, co recorte do número tanto de deputados como senadores e mesmo coa supresión da Cámara alta.

Tamén están en contra de que os interventores e secretarios municipais dependan do Ministerio de Facenda, segundo din, os alcaldes perderían poder, cousa que a algúns lles molesta moito. Os concellos estarían máis controlados por interventores e secretarios obxectivos, cousa moi necesaria en moitos concellos governados por señores feudais e caciques.

Os rexedores non comparten sen embargo os recortes de salarios ao límite do 0,6 % do orzamento municipal proposto por Facenda para fixar as retribucións máximas dos membros da corporación. Unha simple regra de tres revela que a práctica totalidade dos alcaldes de municipios de menos de 10.000 habitantes quedarían cunha partida de entre 12.000 e 18.000 euros para os soldos da corporación. No caso dos de menos de 2.000 habitantes, o orzamento para nóminas do alcalde e os concelleiros non chegaría a 5.000 euros.“¿Quen vai querer ser alcalde por 600 euros?”, pregúntanse os rexedores. E por iso, confían en que durante a negociación da reforma, o Ministerio de Facenda rectifique o teito do 0,6% e teña en conta a poboación e a dispersión de cada concello como factores para calcular os soldos.Os alcaldes piden regular os seus soldos sen tutelas. Xa desde a Fegamp, o seu presidente e tamén alcalde de Ferrol, José Manuel Rei Varela (PP), advertiu hai semanas en declaracións no mesmo xornal que o Goberno central pode establecer topes máximos de soldos, pero que os concellos poderán “acollerse ou non” porque –lembrou– as retribucións dos cargos electos municipais son competencia local”.




27 de julio de 2012

"TOURADAS FORA" DE PONTEVEDRA MOBILIZARASE DURANTE A FEIRA DA PEREGRINA






A plataforma cidadá 'Touradas fóra' de Pontevedra programou unha serie de actos de mobilización para solicitar a abolición das corridas de touros.

O acto máis destacado será unha manifestación, o sábado 11 de agosto, baixo o lema 'Nin arte nin cultura' de rexeitamento ás corridas de touros, "un espectáculo de tortura, dor e crueldade", informa este colectivo nun comunicado.



Ademais, 'Touradas fóra' esixe a eliminación dos orzamentos públicos que sufragan os espectáculos taurinos, "sobre todo en plena época de crise", que no ano 2012 se eleva a uns 600 millóns de euros, sinala.

No caso de Pontevedra, o colectivo critica que esta achega por parte da Deputación se realiza "de forma encuberta con subvencións a determinadas peñas, actividades ou xornadas".

Entre as accións que levará a cabo 'Touradas fóra' figura un "peche simbólico" da praza de touros de Pontevedra, o día 8 de agosto, e a entrega na Subdelegación do Goberno das demandas do colectivo para a abolición das corridas na cidade.

A plataforma valora que este ano os carteis da publicidade dos festexos taurinos non apareza o logotipo do Concello de Pontevedra, e recorda que Cangas, Vedra, Dodro, Pobra de Brollón e Teo xa se declararon "abolicionistas" das corridas de touros.






OS AFECTADOS POLAS PREFERENTES MANIFESTARANSE EN MADRID







Os afectados polas participacións preferentes de Novagalicia Banco están organizado unha gran manifestación en Madrid para finais do próximo mes de setembro, en colaboración con outras plataformas de en comunidades como Madrid, Euskadi ou Valencia. "Imos a polo Goberno Central porque a solución a este problema é un tema político", afirmou María Barreiro, do colectivo de O Morrazo.


Mentres, esperan a contestación ás peticións de entrevista que cursaron ao Executivo autonómico, a dirección de Novagalicia Banco e as autoridades de Consumo. A plataforma de afectados de O Morrazo acusa aos responsables de Novagalicia Banco de "non dar a cara e confundir a xente", polo que esixen máis transparencia ante a situación de "total incerteza" na que se atopan. "Están a xogar ao despiste e queremos que poñan as cartas sobre a mesa".


Os afectados están convencidos de que a dirección de Novagalicia Banco "non se vai avir" a unha saída xudicial, por iso manteñen as protestas: esta mañá organizaron concentracións ante as sedes bancarias de Marín e Poio, así como en Vilalonga. Este venres trasladaranse a Cangas e Moaña. Para o mes de agosto convocaron senllas manifestacións en Baiona e Sanxenxo, os días 4 e 18, respectivamente.

Outro dos representantes da plataforma de O Morrazo, Luciano Villar, criticou a comparecencia do expresidente de Caixanova e excopresidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso, nas que alegou que os seus cargos, dende 2006, non tiñan funcións executivas. "É un presunto delincuente, igual que Méndez --o exdirector xeral de Caixa Galicia--, que deixou a caixa en números vermellos", afirmou e dixo perdelos o respecto.


Así, considerou que o respaldo á vía da arbitraxe é un intento de "despistar" e insistiu en que manterán as protestas ata lograr que lles devolvan "o 100% do diñeiro que secuestraron". "O que diga el --Gayoso-- non me vale; enganou a todos os galegos", resolveu.




















SR FEIJOO OS DATOS SON CLAROS...NON PODE CO PARO!!!





O paro subiu en 10.300 persoas no segundo trimestre en Galicia en relación co primeiro trimestre do ano, un 3,89% máis, até 275.900, co que a taxa alcanzou o 21,07%, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) feita pública este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Atendendo á variación interanual --segundo trimestre de 2012 respecto ao segundo trimestre de 2011--, o incremento foi de 56.300 persoas na Comunidade Autónoma galega, un 25,64% máis.

En termos absolutos, o aumento do número de desempregados en Galicia foi o quinto maior por comunidades no segundo trimestre respecto ao primeiro, con 10.300, só despois dos incrementos experimentados por Andalucía (+33.300), Castela-A Mancha (+13.700), País Vasco (+10.900) e Comunidade de Madrid (+10.700).

Tamén en termos porcentuais a subida do paro intertrimestral na Comunidade galega é a quinta da lista, do 3,89%, por baixo das da Rioxa (+14,16%), País Vasco (+7,77%), Asturias (+5,28%) e Castela-A Mancha (+5,02%).

No conxunto estatal, o paro subiu en 53.500 persoas no segundo trimestre do ano respecto ao trimestre anterior, un 0,95% máis, situándose o número total de desempregados en 5.693.100 persoas, cifra inédita até agora para a economía española. A taxa de paro escalou ao peche de xuño até o 24,63%, porcentaxe case dúas décimas superior ao do trimestre anterior (24,44%).

CAE A OCUPACIÓN EN 16.800 PERSOAS

A Enquisa de Poboación Activa reflicte, así mesmo, un descenso da ocupación en Galicia, ao perder 16.800 persoas ocupadas no segundo trimestre en relación co primeiro, un 1,6% menos, até 1.033.700.

Ao termo de xuño deste ano o número de ocupados reduciuse en 57.700 persoas en relación coa cifra de ocupación que se rexistraba finalizado o segundo trimestre de 2011, unha caída do 5,28%.

En termos intertrimestrales trátase da cuarta maior baixada do nivel de ocupación por comunidades autónomas, despois das reducións de Andalucía (-23.300), Castela-A Mancha (-19.500) e Cataluña (-19.100).

MÁIS PARO E OCUPACIÓN EN HOMES QUE EN MULLERES

A taxa de actividade sitúase no 55,36% e a de paro no 21,07% no segundo trimestre en Galicia para ambos os sexos. No que se refire aos homes, con 546.000 ocupados e 152.100 parados, a taxa de actividade sobe ao 61,83% e a de paro tamén repunta ao 21,78%.

Pola súa banda, as mulleres ocupadas son 487.700 e as paradas 123.800, polo que a taxa de actividade baixa ao 49,45% e a de paro tamén, ao 20,25%.

POR PROVINCIAS

Por provincias, o maior número de parados concéntrase en Pontevedra, con 116.900 desempregados. Séguelle A Coruña, con 104.800 persoas en paro e Ourense e Lugo, con 27.600 e 26.600, respectivamente.

En canto á taxa de paro, a distribución é distinta, pois se coloca á cabeza Pontevedra, co 25,58% de paro; seguida de Ourense, co 20,43%; A Coruña, co 18,64% e Lugo, co 17,13%.

A ocupación é maior na Coruña (457.400 persoas) que en Pontevedra (339.900). A ambas lle seguen Lugo (128.800 ocupados) e Ourense (107.500 persoas).

MÁIS DE 16 ANOS E POBOACIÓN ACTIVA

A 31 de xuño de 2012, Galicia contabiliza 2.365.700 persoas de 16 anos e máis, 5.100 menos que ao termo de marzo deste ano (-0,21%). En relación co segundo trimestre de 2011, o descenso é de 11.800 persoas de 16 anos e máis, un 0,5% menos.

Pola súa banda, o número de activos situouse ao termo de xuño na Comunidade Autónoma en 1.309.600 persoas, 6.500 menos que no anterior trimestre (-0,49%) e 1.400 menos que no segundo trimestre do pasado exercicio (-0,1%).

UNHA DOUTORA ESIXE QUE SE LLE FALE EN CASTELAN









A Mesa reclama “unha investigación a fondo e medidas disciplinarias” e responsabiliza a Núñez Feijóo desta “maré de discriminacións contra o galego na Administración autonómica”.

“No te tengo por qué entender y me tienes que hablar en castellano”, exixiu a doutora cando realizaba a atención no domicilio do paciente, en Oleiros.

A liberdade lingüística máis esencial é poder escoller que idioma utilizar na propia casa. Segundo denunciaron perante A Mesa e a Xunta os familiares dun ancián recentemente falecido, iso non foi así para unha doutora do servizo de emerxencias do SERGAS en Oleiros, que ao observar que nese fogar utilizaban o galego exixiu a un dos familiares: “No te tengo por qué entender y me tienes que hablar en castellano”.

A Mesa reclama que o SERGAS responda a esta denuncia cunha “investigación a fondo e as medidas disciplinarias correspondentes” xa que se trata dunha “discriminación moi grave, non só no plano lingüístico, pois prodúcese nunha situación de especial vulnerabilidade”. Ademais, a maior asociación cultural de Galiza responsabiliza directamente ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de que haxa unha “maré de discriminacións contra o galego na Administración autonómica”, froito das “reiteradas mensaxes galegófobas do goberno”.







CRITICAS DO PSOE PONTEVEDRES A OS RECORTES EN DEPENDENCIA






Partido Socialista presentará mocións nos Parlamentos español e galego para intentar atallar a desfeita que para eles vai a supoñer a aplicación do Real Decreto de 20/ 2012, no relativo á dependencia; uns recortes que afectarán directamente a máis de 30.000 persoas só en Galicia.




 O PSOE alerta de que as persoas que precisan de coidados intensivos poderían pasar á situación de dependencia con estas medidas. Amais, o sector dos coidadores, copado na súa maior parte por mulleres, perderán o seu emprego para o que moitas veñen sendo preparadas grazas a achegas procedentes do herario público.

Os socialistas aseguran que estes recortes non se deben a unha extrema necesidade das arcas municipais, senón que se deben unicamente á súa forma de facer política privatizadora, descoidando adrede ós dereitos dos máis necesitados.
Ademáis queren limitar os casos para que unha muller poida abortar. Imaxinemos dentro de dez anos a unha muller que non puido abortar, cun fillo dependente totalmente coas axudas recortadas, se agora é difícil dentro duns anos........ como será?

26 de julio de 2012

O BNG PASA DA LOITA A PE DE PINAL A LOITA ADMISTRATIVA NO ASUNTO DO PINAL DE MAZA





A continuación poredes ler o escrito do BNG dirixe a o XEFE TERRITORIAL DE PONTEVEDRA DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E MARIÑO.





Víctor Caamaño Rivas, , portavoz do grupo municipal do BNG de Cambados,

EXPÓN: que desde o pasado mes de abril, o grupo municipal do BNG ven de denunciar as diversas ilegalidades nas que concorre unha obra realizada por dúas empresas (DISMATERRA SL, expediente municipal nº46/2.012 e CANCELO CB, expediente municipal nº 81/2.012) en Cambados (concretamente no denominado “Pinar de Maza”, na Modia, Vilariño) que consisten na transformación dunha superficie  de case 1 Km2 e constituída por unha serie de fincas menores que conta con protección forestal, nun cultivo de albariño. Que a superficie total desta parcela estaba recuberta por unha mesta masa arbórea formada por piñeiros, carballos e sobreiras (este feito pode aínda comprobarse utilizando diferentes “buscadores xeográficos” en internet como o “Sigpac” ou o “Google Earth”). Que ditas obras comezaron no mes de xaneiro deste ano sen ningún tipo de permiso ou licenza e, incluso, sen existir naquel momento ningún expediente aberto no concello de Cambados (os expedientes a ámbalas empresas abríronse  o 23 de febreiro de 2012). Que, para realizar esta obra, as citadas empresas solicitan simplemente permiso para cultivo de albariño ocultando, co amparo do concello de Cambados, que facer emparrados nesas parcelas significaría, ademais dunha tala, un movemento de terras (necesitaría, polo tanto, previa licenza municipal; non a ten a día de hoxe), pois así o esixe o artº 194 da Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (aportamos fotos do movemento de terras realizado entre xaneiro e febreiro deste ano). Que ademais, neste caso, tamén se oculta desde o concello que as parcelas correspondentes coa citada obra están urbanisticamente consideradas como “solo non urbanizable de protección forestal” segundo as NNSS do noso concello que datan do ano 1995 (ORDENANZA 9: SOLO NON URBANIZABLE DE PROTECCIÓN DE ZONAS FORESTAIS) e por ser Cambados un concello sen o planeamento adaptado,  a Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, no seu apartado f) da súa disposición transitoria primeira establece que ao solo non urbanizable aplicarase integramente o disposto nesta lei para solo rústico e dita lei non ampara en ningunha das súas disposicións o cambio de uso que significa a transformación dunha zona forestal a un uso agrícola. Así mesmo o POL, como normativa de rango superior ás NNSS de Cambados, establece que o lugar é un ESPAZO DE INTERESE, o que ven a confirmar o especial valor paisaxístico da zona que a fai incompatible con actividades e construcións agrícolas. Que así mesmo, nos citados expedientes, existe un escrito da Consellería de Medio Rural e que en parte del pode lerse textualmente: “se respectarán as sobreiras que se atopen nos lindeiros das fincas” (refírese ás fincas que forman toda a parcela); petición que tampouco se cumpriu en absoluto e a día de hoxe xa non quedan sobreiras no lugar. Para rematar esta  exposición debe apuntarse que a gravidade deste tipo de actuación increméntase ao considerar que o representante  dunha das empresas (DISMATERRA SL)  é un concelleiro do PP que forma parte do grupo municipal de goberno de Cambados e que na mesma empresa é copropietario o Delegado Territorial de Pontevedra da Xunta de Galiza. Así mesmo, debe aclararse que desde o goberno municipal do PP no concello de Cambados, tratou de ocultarse en todo momento o cúmulo de irregularidades cometidas nesta obra. Ademais, para máis información en relación con este caso, con data 8 de maio de 2012 e nº de rexistro 82169, o parlamentario do BNG, Bieito Lobeira, realizou unha Pregunta parlamentar relativa á existencia ou non de autorización e subsidios para as actuacións no “Pinar de Maza”; polo que

SOLICITA: que a Consellería do Medio Rural e do Mar, dentro do seu ámbito competencial, actúe e trate de impedir e sancionar as irregularidades que se cometeron neste caso.
En Cambados a 24 de xullo de 2012
Asinado: Víctor Caamaño Rivas
Nota: achegamos con este escrito copia das fotos que evidencian o movemento de terras realizado na obra.
ANTES DAS OBRAS






DESPOIS DAS OBRAS









XEFE TERRITORIAL DE PONTEVEDRA DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E MARIÑO
Avenida Fernández Ladreda, 43   2º
36003 PONTEVEDRA



FEIRA MEDIEVAL DE PONTEARNELAS




Feira Medieval de Pontearnelas dá un xiro este ano cara ó Camiño Xacobeo. Coincidindo ca aprobación  da Ruta Espiritual do Salnés como variante do Camiño Portugués a Compostela, esta edición deste evento lúdico cultural ampliará a súa oferta centrándose na representación das peregrinaxes. E é que este ano esta Feira agarda contar ca presencia de numerosos peregrinos de verdade, que parten cara a Compostela polo camiño luso.


Estarán presentes na Cea de Confraternidade e tamén entre as moitas actividades de teatro, cetrería e obradoiros de oficios artesás, que este ano disparan a súa participación.
Con esta edición que terá lugar os 27 e 28 desta semana completarase a oferta de sol e praia do Salnés, cunha actividade que dá fe da riqueza cultural e patrimonial do Salnés.

Para integrarse mellor no ambiente festivo, a organización recomenda que se vaia vestido ó estilo do medioevo, ou nesta ocasión, tamén poden asistir ataviados como peregrinos.


EDICTO DO CONCELLO DE CAMBADOS NO QUE SE INFORMA DAS RESTRICCIONS O TRAFICO NO CASCO HISTORICO





ILMO. CONCELLO DE C A M B A D O S


 Por  parte do Ilmo. Concello de Cambados e en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei sobre o Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial, Real Decreto 339/90 de 2 de Marzo, os municipios teñen competencia en materia de circulación para o corte das vías urbáns cando fose necesario, por elo, ante a proximidade da  LX edición da Festa do Viño Albariño, e dando cumprimento ó disposto na lexislación de tráfico, a continuación se fan públicas as restriccións á circulación no casco urbán do Concello de Cambados:
A partires do día 28 de xullo e ata o día 6 de agosto, ámbos inclusive:
- Praza de Fefiñáns.- Acceso cortado ó tráfico.


Periodo comprendido entre o 31 de xullo e o 7 de agosto:
- Paseo Marítimo (Tramo de San Tomé).- Cortado ó tráfico rodado.


Dende o 31 de xullo e o 7 de agosto, ambos inclusive, entre as 17:00 h. e ata as 08:00 h.:
- Avda. de Vilariño.- Desvio do tráfico que circule pola PO-550 en dirección ó centro urbán, hacia a Avda. do Salnés (Tódalas direccións) excepto residentes. O Tramo comprendido entre a Praza do Concello e o Cruce da Xuventude estará totalmente cortado ó tráfico.
- Avda. de Galicia.- Desvio do tráfico que circule pola PO-550 en dirección ó centro urbán, hacia a Rúa Os Olmos (Tódalas direccións).
- Avda. da Pastora.- Corte da vía para todos aqueles vehículos que procedentes da Rúa do Castro e Rúa Os Olmos pretendan acceder á misma. Únicamente se permitirá o tránsito ós residentes.
- Rúa do Castro.- Por motivos de fluidez, obrígase a tódolos vehículos que pretendan incorporarse dende esa rúa á PO-550 con dirección Cambados a obligatoriedade de xirar á dereita, hacia a PO-300, e realizar cambio de sentido na rotonda.
- Illa Goritas.- Acceso cortado ó tráfico rodado.
Non obstante, establécense estacionamentos disuasorios nas proximidades do casco urbán.


Cambados, 23 de xullo de 2012.-
O Alcalde.-


D. Luis Aragunde Aragunde.