Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de mayo de 2012

DESALOXO DO INSTITUTO ASOREY





Ás dez e media da mañá soaron as alarmas no instituto Francisco Asorey de Cambados. 

Un cadro eléctrico situado ás portas do centro empezou a arder como consecuencia dun curtocircuíto, segundo púidose comprobar despois. Enseguida púxose en marcha o protocolo de urxencias e os alumnos foron desaloxados das aulas e reunidos no patio traseiro, onde a esa hora moitos deles gozaban do recreo.



 O incidente saldouse sen maiores consecuencias pois non houbo que lamentar ningún dano persoal nin material no interior do instituto. O cadro eléctrico quedou pendente de reparación. Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros do Salnés, Protección Civil de Cambados e a Policía Local.


FALTAN DOUS DIAS PARA A GLORIA



Ratonera de Sabadell
Cinco puntos ten que remontar o Establecimientos Otero Xuventude no duelo de volta contra o Sant Nicolau Sabadell que lle pode dar praza para a próxima Liga LEB Prata. Yago Casal afirmaba que o resultado non lle gustaba pero que tampouco era malo. E a xuízo do que veu sucedendo durante toda a tempada razóns non lle faltan.

O cadro cambadés arrasou en todos os encontros que xogou esta tempada na súa pista.  Os resultados  máis axustados (78-72 ante o Universidade de Oviedo) e fronte ao Marín Peixegalego -en teoría un dos conxuntos máis fortes da competición-, que se resolveu por oito puntos, o certo é que todas as citas para os amarelos convertéronse en auténticas exhibicións de poderío ante rivais que terminaron sendo desbordados. Resultados que bastarían aos cambadeses para ascender.


Nas duas anteriores eliminatorias de ascenso o Xuven non variou a sua dinámica de vencer folgadamente. Primeiro o SAB Torrelavega e logo o Basquet Pla tiveron que sufrir a superioridade do cadro de Cambados nos seus encontros á calor da súa afección e acabaron perdendo pola diferenza máis habitual, entre vinte e trinta puntos.

Todos eses resultados, probablemente, axudaron ao cadro de Yago Casal a sentirse practicamente intocable cando xoga como local. Sábeno os amarelos e sábeno tamén os seus adversarios deste sábado. O Sabadell, ademais, non ten bos recordos do seu último desprazamento, cando estivo a piques de perder en Alcobendas a boa renda que levaba da súa pista.



É difícil predicir que o Xuven vaia repetir unha exhibición este sábado. Si é seguro, que un dos elementos que o acompañou esta tempada, o apoio da súa afección, será maior que nunca.
Segundo informacións de última hora o Concello axudará a poñer unha grada móbil no Pavillón do Pombal para aumentar a cantidade de siareiros que animará o conxunto amarelo neste derradeiro e importantísimo partido da tempada máis grande do clube de Cambados.










SOLIDARIDADE COS NENOS DO SAHARA

 

Concello de Vilagarcía e Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui organizan esta fin de semana unha cea e un torneo de fútbol benéfico.
 
 
  Dos trescentos vinte e dous nenos saharahuis que este ano pasarán o verán con familias de acollida galegas, case douscentos estarán na provincia de Pontevedra, e catorce na zona do Salnés. Normalmente os gastos de desprazamento dos cativos adoitan cubrilos os concellos de destino, pero para axudar a aqueles que non contan cos recursos suficientes, a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahui organiza esta fin de semana en Vilagarcía dous actos solidarios. O primeiro, o sábado, unha cea no restaurante Gato Negro.

 
O segundo dos actos terá carácter deportivo. Será o domingo: un torneo de fútbol no campo de Verdón onde doce equipos competirán entre eles por uha boa causa. Neste caso a recadación virá do obtido na cantina.
O obxectivo é lograr que un ano máis estes cativos consigan gozar duns meses de lecer nos que esquecer as penurias do seu día a día. Desde o concello de Vilagarcía colaboran na coordinación dos eventos e animan ós veciños a formar parte desta iniciativa solidaria. 






 

30 de mayo de 2012

SAUDARTE NO PAZO DE TORRADO (CAMBADOS)


A exposición Saudarte celebra a súa sexta edición en Cambados. Este venres, ás 20.00 horas, abrirá as súas portas no pazo de Torrado onde permanecerá ata o día 10 de xuño.


 A mostra está organizada pola Fundación Galega contra ou Narcotráfico e nesta ocasión nútrese de traballos dos alumnos do instituto Ramón Cabanillas, entre outros. O principal obxectivo desta iniciativa é "divulgar entre a mocidade a arte como actividade de lecer saudable, fomentando a creatividade e a cultura como manifestacións enriquecedoras dá persoa, empregando a arte como vehículo de sensibilización social fronte á problemática do consumo de drogas".

 A exposición recolle 36 obras nas disciplinas de pintura e fotografía realizadas, ademais de por estudantes do IES Cabanillas, por alumnos de academias de arte, da Facultade de Belas Artes e pintores afeccionados. Para algúns deles será a primeira oportunidade de mostrar a súa obra nunha sala.

Para presentar a nova edición de Saudarte acudiron este mediodía a Cambados o presidente e outros integrantes da fundación e o comisario da mostra, Xulio Gayoso. O alcalde Luis Aragunde, pola súa banda, agradeceu a elección de Cambados para a organización desta exposición e puxo a sala de Torrado a disposición da fundación para futuras edicións.






LUDOTECA DE VERÁN EN CAMBADOS




  
O Concello abre o prazo de inscripción –dende o día 1 ata o 15 de xuño- para todas aquelas familias que desexen acollerse á ludoteca de verán que se vai poñer en marcha, por cuarto ano consecutivo, como servizo de apoio á conciliación da vida familiar coa laboral. A ludoteca funcionará dende o 2 de xullo ata o 31 de agosto, véspera do novo curso 2012-13.


As familias interesadas neste servizo deberán presentar as súas solicitudes no rexistro municipal  a partir deste venres. Como en anos anteriores, ofértanse 100 prazas para nenos e nenas de 3 a 8 anos. Á hora de cubrir estas prazas vaise dar prioridade ás familias monoparentais e aquelas nas que traballen o pai e maila nai. Cando presenten a instancia, os pais que traballan deberán acreditalo.
Tamén terán prioridade os rapaces empadroados en Cambados; os que xa participaran na ludoteca en anos anteriores; os que se inscriban para os 2 meses do verán; así como os que levan todo o curso inscritos na gardería. Os prezos serán de 50 euros mensuais polas actividades, e 50 euros máis para aqueles que utilicen o servizo de comedor.


A resposta dos proxenitores foi moi positiva nos pasados veráns, pois era unha necesidade ante a dificultade de compatibilizar o traballo co coidado dos fillos. Na primeira edición acolléronse arredor de 60 rapaces pero o éxito desta iniciativa e a elevada demanda obrigou a ampliar a inscrición ata as cen prazas.
De 9 a 14 horas, ou ata as 15 con comedor
Na aula habilitada para este cometido os rapaces desenvolven un amplo programa de actividades lúdicas, divididos en grupos por idades, nun horario de 9 a 14 horas pola mañá. Isto permite que os pais e nais poidan acudir  aos seus respectivos traballos deixando os seus fillos perfectamente atendidos por monitoras cualificadas.




Esta iniciativa municipal surxiu coa intención de respostar a unha necesidade que afecta a numerosos pais e nais de familia. Os beneficiarios expresan a súa satisfacción por esta nova prestación, que lles permite conciliar a vida familiar coa laboral durante o verán, xa que non tiñan con quen deixar aos seus cativos. O servizo vai na mesma linea que o Plan Madruga, que se desenvolve en varios colexios cunha crecente demanda.
O alcalde, Luis Aragunde, valorou moi positivamente esta experiencia iniciada no verán de 2009, en colaboración coa empresa adxudicataria da gardería, que foi do agrado das familias, como o proban as numerosas inscricións e as chamadas recibidas no Concello para interesarse pola continuidade. O servizo de comedor facilita que os nenos poidan xantar completando o horario ata as 15 horas.


O que non explica o alcalde se conta co informe favorable do Claustro do Colexio da Pastora. En anos anteriores as mestras opoñiánse a desmantelar varias aulas co perxuicio que supoñía. As aulas deben quedar totalmente valeiras e aínda que son pequenas pero teñen moito material que se perde por culpa dos traslados. Noutros anos  ofrecíase a posibilidade de usar o colexio Magariños pero dende o Concello e a gardería excusábanse decindo que non tiñan comedor. Este ano xa hai comedor no colexio......que excusa porán?
 

IMAGINE by A TI MEU CAMBADOS





Ainda que o titulo é suxestivo non vos vou falar  da mítica canción de John Lennon, vouvos falar dunha historia imaxinaria que ben poidera ser real, ou non. Imaxina un pobo calquera da nosa Galicia, imaxina un pobo calquera da nosa ria, imaxina a Casa do Concello dese imaxinario pobo, imaxina os servizos sociais dese  imaxinario concello, imaxina unha asistenta social dese imaxinario concello, imaxina que esa asistencia social abusando do seu cargo enterase da situación personal e médica dunha imaxinaria señora de noventa e tantos anos postrada nunha cadeira de rodas, imaxina que esa señora está coidada por outra xenerosa señora, imaxina que esta asistenta social abusando do seu cargo bota fora do coidado
da señora a xenerosa muller que a coidaba con algún que outro problema, imaxina que a señora tiña un testamento a favor dos seus familiares.



Imaxina que esta asistenta social , asesorada polo imaxinario asesor xuridico dese imaxinario concello  queren cambiar o testamento e van unha notaría imaxinaria dese imaxinario concello, imaxina que ó imaxinario notario armanlle “un pollo” xa que o que queren facer é unha ilegalalidade incluso raian o delito, imaxina que o asesor desa asistenta social ponselle con lingua o  imaxinario notario decindo aquela frase típica carca e fachendosa “Ud. no sabe con quien está hablando”. 
Imaxina que van  a outro imaxinario e corrupto notario e cambian o testamento, imaxina que esa asistenta social imaxinaria non se corta un pelo e está a coidar a esa señora incluso en horario laborable dese imaxinario concello, imaxina que o Alcalde dese concello fai que non se entera de nada por que o asesor xuridico imaxinario é o “dono e señor” dese imaxinario concello. Imaxina que en calquera lugar este seria un escándalo maiusculo. 
Se imaxinaches todo iso tes moi boa imaxinación. Imaxina ademais que se está a recabar documentación e datos sobre este imaxinario tema, e imaxina  que alguen publica todo este imaxinario escándalo, imaxinas que cara lle quedaría a imaxinaria asistenta social, o imaxinario asesor xurídico o e imaxinario Alcalde. De todos os xeitos grazas pola vosa imaxinación.
Este artigo é imaxinario e calqueira coincidencia coa realidade é pura imaxinación.


Nova publicada por A TI MEU CAMBADOS




FESTA DO VIÑO TINTO EN BARRANTES










A inauguración será o venres un de xuño á unha da tarde e como broche de ouro, o domingo, actuación da Orquestra Panorama.
 
A edición XL da Festa do Viño Tinto do Salnés chega este ano con novidades. A primeira na inauguración mesma. Por primeira vez as carpas de degustación abrirán á unha da tarde e non contra a noitiña como viña sendo habitual. Ademais, o venres día un, será festivo na localidade. Total once colleiteiros ofrecerán os seus viños nos stands que albergará a carpa de degustación. A súas elaboracións tiveron que pasar unha selección previa, posto que este ano, o número de solicitudes desbordouse.

 
Pero volvemos ó programa. No venres inaugural a música será a protagonista, cun concerto pop na carballeira de Barrantes dirixido ó público mozo. Actuarán Los Pablos, Maryland e Sugar Mountain. Pero para aqueles ós que non lles vaia este tipo de música, ó remate da actuación tomará o relevo a Orquestra Poceiro, na rúa principal.

O sábado, día grande da Festa, terá lugar a cata final dos viños que se presentaron ó concurso. Este ano foron trescentos, que se foron cribando xa nas catas previas que se realizaron ó longo deste mes. Tamén se investirá ós seis novos membros da Honorable Orde do Tinto e, como novidade, ó Embaixador da Festa: Floreano, personaxe creada polo ilustrador meco Gogue. 
 
A continuación terá lugar a comida oficial na que se entregarán os premios dos concursos de viño e do de camisetas. A tarde estará dedicada ós cativos, cunha festa infantil na praza do concello. 

 
O domingo haberá que levantarse cedo para practicar ciclismo participando na primeira Ruta BTTinto, pola tarde entregaranse os premios do primeiro Concurso Escolar de Cómic da Festa do Tinto e, como fin de festa, concerto da Orquestra Panorama na Carballeira de Barrantes.
 




PROGRAMA DA FESTA.... AQUI.




O FUTURO DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RIAS BAIXAS







"A pesares das dificultades, vexo o futuro da DORB con moito optimismo"

Estas son as declaracións de José Ramón Meiriño, Presidente do CRDORB, a piques de rematar o seu mandato e da celebración de eleccións ó Consello.


En xullo de 2007 iniciaba José Ramón Meiriño a súa etapa coma presidente do Consello Regulador da DO Rías Baixas. Hoxe, cinco anos despois séntase para facer balance da súa lexislatura ante a inminente celebración de eleccións ó Consello. Comezamos o noso encontro botando a vista atrás e preguntándolle coma lembra os seus inicios, así nolo relatou.
Agora, Meiriño ve eses comezos desde a perspectiva do final da súa lexislatura. Recoñece que foron uns comezos difíciles pero, ó tempo, un período no que conseguiron asentar unhas bases para os vindeiros vinte anos. 

 
Así mesmo, tódalas perspectivas que se marcara o pleno cumpríronse: tanto de crecer en cantidade de uva, coma en superficie cultivada, no número de viticultores, no número de litros vendidos e nas exportacións. Todo, grazas ós esforzos de adegueiros e viticultores. Polo tanto, balance global moi satisfactorio. Neste éxito, Meiriño incluíu tamén o traballo feito polos traballadores do Consello e polo pleno.



 
Pero aínda que as cousas se fixeron ben, queda moito por facer. Un dos retos que se ten que marcar o novo pleno é o do control da produción. Aínda así, José Ramón Meiriño ve o futuro do Consello con optimismo. Nestes momentos, dixo, está ben posicionado, segue crecendo ano tras ano e co esforzo de todos hai que seguir manténdose neses niveis. 
 
O que resta, explicou é que o sector crea nas posibilidades da DO e siga traballando para estar entre as mellores denominacións de orixe de España. 

Pero algo que queda tamén por facer é o tema da mesa do viño, na que o Consello Regulador debería implicarse máis. 






 

29 de mayo de 2012

A CULPA E DE TOMAS FOLE



"Vilagarcia perde inversións por culpa do seu Alcalde Tomás Fole".


 Así de rotunda se amosou a líder dos socialistas, Tania García. Só responde, engadiu, á incompetencia do novo goberno local.







A perda de 1’6 millóns de euros dos fondos do Proxecto de Luz Salgada no concello de Vilagarcía, destinados á remodelación do parque da Xunqueira e do de Celso Emilio Ferreiro, é responsabilidade do alcalde. Así de rotunda se amosou a líder dos socialistas, Tania García. Esta asegurou que o goberno local era coñecedor que a prórroga para executalas obras do proxecto remataba o 25 de maio e que non fixo nada ata pasados catro meses do inicio do seu mandato.



E é que, explicou Tania García, o proxecto que eles deixaran redactado para o parque da Xunqueira só restaba licitalo ó contar no seu momento con tódolos permisos necesarios. Polo tanto, ante o que consideran unha incompetencia do alcalde, adiantou a líder socialista, van pedir responsabilidades.

Outro dos asuntos dos que falou García foi do problema de inundacións que padecen no barrio de Matosinhos. Esta asegurou que existe un acordo plenario para solucionalo problema. Por iso, no seu día solicitaron unha axuda europea a través da Deputación. Ante a falta de novas respecto á mesma, os socialistas piden tamén explicación a Louzán e a Fole.





A este respecto tamén falou o alcalde. Fole explicou que dita axuda non foi concedida porque finalmente a Deputación solicitou unha liña dirixida a novas tecnoloxías e non a proxectos medioambientais.
Con todo, o rexedor local asegurou que xa están traballando na busca de financiamento para executalas obras ante a falta de fondos propios para facelo este ano.











UNHA ESCULTURA DE FRAGA EN CAMBADOS


Dende este humilde blog queremos agradecerlle a ALCALDIA de Cambados todo o que fai por recordar a don Manuel e que o compare con ilustres coma Asorey ou Cabanillas. Todos sabemos o ben que fixo por Cambados e polos cambadeses. O seguinte paso será mudar o nome  por Cambados de Fraga.


O Concello de Cambados encargou ao artista Lucas Míguez unha escultura de Manuel Fraga Iribarne, que morreu a mediados de xaneiro pasado aos 89 anos de idade. Trátase dun concello co que Manuel Fraga tivo unha vinculación moi especial. A escultura é en bronce e a tamaño natural, de corpo enteiro.
Lucas Míguez recibiu o encargo pouco despois do falecemento do político vilalbés, o desexo do concello que dirixe Luís Aragunde é que o artista represente ao Fraga que foi Cabaleiro do Albariño e Gran Mestre do Capítulo Serenísimo ata o seu falecemento.


O goberno local cambadés é consciente de que a figura de Fraga é controvertida ideoloxicamente, pero que en cambio é máis difícil discutir que o vilalbés foi un dos principais motores da Festa do Albariño, que é, a día de hoxe, un dos grandes escaparates dun sector económico do que viven miles de cambadeses.


Pediuselle a Lucas Míguez que represente a Manuel Fraga coa vestimenta tradicional do Capítulo Serenísimo, no que destaca a capa azul, e cunha copa de viño albariño na man. Tamén a localización da peza podería estar relacionada coa vinculación de Fraga e a festa, pois un dos lugares que se manexan é a horta do pazo de Torrado, onde desde hai uns anos celébrase a comida de confraternidade do domingo. Unha localización que axudaría tamén a previr eventuais actos vandálicos contra a peza, ao situarse no interior dun recinto que se pecha polas noites.

A idea é inaugurar a obra durante a próxima Festa do Albariño ou unhas semanas antes.

En Cambados xa houbo unha rúa dedicada a Fraga. Entre finais da década do sesenta e principios do setenta o goberno municipal nomeou como avenida Fraga Iribarne unha das principais vías de entrada ao pobo. O vilalbés fora un dos promotores do Parador de Turismo e do impulso experimentado pola Festa do Albariño, e os dirixentes da localidade quixeron agradecerllo dedicándolle unha rúa.
Pero coa chegada da democracia as cousas cambiaron, e o alcalde nacionalista Xoán Antonio Pillado Silvoso puxo en marcha a renovación do nomenclátor municipal, pois mesmo había rúas sen nome. A avenida Fraga Iribarne desapareceu, converténdose na actual avenida de Vilariño.


Posteriormente, ao recuperar o PP o concello con Antonio Pillado, que máis tarde foi conselleiro de Xustiza con Fraga volveuse a expor dedicar algunha rúa ao vilalbés, pero este dixo que non quería ese tipo de homenaxes mentres vivise.

Tras o seu falecemento, en xaneiro, celebrouse na igrexa parroquial de Cambados unha misa funeral en honra ao expresidente da Xunta, e na mesma outro exalcalde, Santiago Tirado, expuxo retomar esa homenaxe. Uns días máis tarde Luís Aragunde admitiu que non se descarta dedicar algunha rúa a Fraga, aínda que aclarou que o asunto ía para longo. Ademais, manifestou que non se barallaba rebautizar a avenida de Vilariño.

Pero a idea da escultura si vai adiante, e encargáronlla a un dos artistas máis coñecidos dos últimos anos, e que xa creou as pezas de Ramón Cabanillas e de Francisco Asorey que hai en Cambados, así como a de Ramón do Valle Inclán inaugurada a semana pasada en Vilanova, o conxunto escultórico de personaxes de Val, tamén en Vilanova, ou o popular Floreano do Grove. Míguez é un creador moi cotizado en México ou Estados Unidos, e aínda que no Salnés é sobre todo coñecido polas súas obras de carácter figurativo, tamén posúe moita obra abstracta.
Con esta peza Cambados completará un itinerario artístico en espazos públicos que xa conta con obras de Manolo Paz, Francisco Leiro, Francisco Asorey ou Cao Lata.






FESTA DO LABREGO



Como cada ano, a organización repartiu chourizo, pan de millo e viño tinto de balde para tódolos asistentes.
 

Centos de veciños participaron este domingo na XXXI Festa do Labrego de Vilariño, en Cambados. Coma de costume a celebración arrancou co tradicional Desfile de carros do país, carrozas, tractores e cabalos, todos eles perfectamente engalanados para a ocasión. Puntuais, ás once da mañá, comezou o seu percorrido por diferentes rúas da parroquia ata o campo das festas onde se honrou a figura do labrego e o seu traballo.

 
Moitos dos que ata alí se achegaron xa non era a primeira vez que participaban nesta romaría. Aínda así, isto non impediu que todos quedaron abraiados ante o traballo que moitos dos participantes tiveron que facer para que todo estivera listo para o día.

 
Tralo desfile, a misa campestre, foi a quenda da música. A primeira das actuacións estivo dedicada a Ernesto Abal, músico da parroquia que ata o seu falecemento, o ano pasado, pertencía tamén á comisión de festas.

 
O que non faltou tampouco nesta romaría foi a comida. Como cada ano, os organizadores repartiron chourizo, pan de millo e viño tinto de balde ós que alí se atopaban. Algúns mesmo optaron por quedarse a comer.
A música da orquestra Alkar puxo o broche final á XXXI Festa do Labrego de Vilariño. 



 

28 de mayo de 2012

YAYOFLAUTAS POLAS REDES


O colectivo de indignados "yayoflautas" de Barcelona, formado por un centenar de xubilados, algúns dos cales loitaron contra o franquismo, esténdese polas redes sociais, onde alcanzaron os 6.500 seguidores en Facebook e máis de 11.350 en Twitter.
Na súa asemblea mensual, que celebraron esta semana, os 'yayoflautas' constataron o seu éxito nas redes sociais, onde son un dos grupos de indignados máis seguidos, ademais de exportar o seu modelo a cidades como Valencia, Madrid ou Sevilla.







Conscientes deste éxito e da utilidade de difundir as súas accións reivindicativas sorpresas, que eles denominan "travesuras", a través de Internet, os 'yayoflautas' organizaron "talleres de alfabetización dixital" para formar aos seus compoñentes nas novas tecnoloxías.

Esta formación, que se repetirá con máis cursos o próximo mes de xuño, permitiulles, por exemplo, ir radiando a través das redes sociais coas súas "smartphones" as accións nas que participaron ata agora.






Entre as súas accións sorpresa máis destacadas figuran a ocupación dun autobús municipal para denunciar o aumento do prezo dos billetes do transporte, a irrupción na sede do patronal Fomento para protestar pola reforma laboral ou a ocupación do vestíbulo do departamento de Interior en contra das detencións efectuadas polos Mossos d'Esquadra o 29M.



Durante a última asemblea de 'yayoflautas', os xubilados constataron "o interese que espertou o seu fenómeno" porque teñen moitas peticións de entrevistas e xa non dan abasto para atender as solicitudes para participar en accións reivindicativas doutros grupos.







"Ante as moitas peticións que temos para acudir como 'yayoflautas' a un gran número de accións doutros colectivos recórdase que xa por propia imposibilidade física e de tempo non é factible, así mesmo recordouse que non podemos acudir a todos os actos que nos piden, xa que perderiamos a nosa esencia, a nosa idiosincrasia", segundo a acta da reunión. 







BATIDA PARA PROTEXER A FLORA DO SALNES



As enemigas eran a herba da pampa e a uña de gato. O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) organizou nesta fin de semana unha batida para protexer a flora e fauna da duna de Baltar, en Portonovo.

A invasión de plantas exóticas despraza a flora e fauna da duna e, fronte a iso, arredor dunha quincena de persoas convocadas polo Colectivo Ecoloxista do Salnés puxeron mans á obra para protexer o rico ecosistema da duna de Baltar. Con medios mecánicos, é dicir, sen utilizaren herbicidas, botaron fóra 200 plantas de herba de pampa e boa parte das matas de uña de gato que ameazaban a conservación das especies propias. Membros do CES e dous operarios municipais que participaron na actividade retiraron arredor de trinta sacos de vexetais tirados pola veciñanza.

Na batida contra as especies invasoras, o CES detectou que novas especies comezan a se estenderen pola duna, axudadas polos usos que se dan na praia, “colocación de postos de artesanía sobre a duna, paso de tractores que compactan a area, rozas indiscriminadas e pouco coidadosas...” .


Despois da actividade física, o CES fai balance e as recomendacións mínimas para conservar a riqueza da duna de Baltar. Replantar con especies propias e eliminar as invasoras é unha acción básica sen a que será imposíbel conservar a rexeneración realizada por Costas con cartos públicos. Advirten, de todos xeitos, que “este traballo non debería descansar no voluntarismo, senón nun plan técnico e profesional que permitira un esforzo máis continuado e eficiente”.

Convida, por tanto, as distintas administracións implicadas a se comprometeren coa conservación das especies dunares, non só pola súa beleza mais tamén polo seu valor ecolóxico. “As plantas agarran da area que o vento transporta dende a praia e sen elas a praia iría minguando co tempo” explican desde o CES, despois da xornada de traballo na duna.





26 de mayo de 2012

PONTEVEDRA NON FARA PUBLICO O PATIMONIO DOS CONCELLEIROS MUNICIPAIS



A decisión anunciada polo Concello de Ferrol de facer "públicos as actividades, bens e dereitos patrimoniais" dos 25 edís da corporación municipal deixará a Pontevedra como a única das maiores poboacións de Galicia que non facilita estes datos á poboación.


O Goberno local pontevedrés parece que non ten plans para adoptar unha medida como a anunciada o pasado martes polo Goberno local de Ferrol, que publicará as declaracións de todos os seus edís tras aprobar en pleno esta iniciativa.
 
Na páxina web deste Concello recóllese información das retribucións dos membros da corporación polo desempeño do cargo e pola asistencia a plenos, pero de momento non se expón estender a información aos patrimonios, nin dos membros da xunta de Goberno, nin do conxunto de edís, sinalaron as fontes, que apuntan que a medida non estaba contemplada no programa de goberno.


Dende logo que B.N.G. e  P.S.O.E. NON CUMPRAN o que tanto demandaron en outros concellos non parece moi lóxico pero........quen dixo que a política tiña lóxica?






25 de mayo de 2012

MANIFESTO DE SOS SANIDADE PUBLICA




As medidas de recorte tomadas polo Goberno Central, coa complicidade da Xunta de Galicia, introducen cambios fundamentais no sistema sanitario público que atentan contra a universalidade, a accesibilidade, a equidade e o carácter redistributivo da Sanidade Pública, e supoñen o inicio dunha contrarreforma sanitaria.
.
Coas medidas aprobadas, o Partido Popular:
.
1º.- Acaba co sistema sanitario universal como un dereito básico da cidadanía e introduce un modelo de aseguramento no que para ter dereito á asistencia sanitaria no marco da Sanidade Pública hai que ser “asegurado”, deixando fora aos que non reúnan esa condición.
.
2º.- Deixa fóra da atención sanitaria aos inmigrantes non regularizados, a pesar de que é un colectivo en diminución pola crise, realiza un escaso uso dos servizos e un reducido gasto sanitario. A desculpa do “turismo sanitario” non pode xustificar a perda do carácter universal do dereito á asistencia sanitaria. Tamén deixa fora aos maiores de 26 anos que non teñan “cotizado”.
.
3º.- Reduce a oferta de servizos da sanidade pública, crea tres grupos de servizos e introduce o copago (repago) en servizos esenciais como a prestación farmacéutica, a prestación ortoprotésica, a prestación con produtos dietéticos e o transporte sanitario non urxente. Crea, ademais, unha Carteira común de servizos accesorios, que pode ser financiada co copago ou a través de aseguradoras privadas. Os recortes nos servizos afectarán especialmente ás mulleres.
.
4º.- Establece un sistema de copagos que afectan esencialmente aos pensionistas e enfermos crónicos, dificultando o acceso a medicacións e prestacións sanitarias indispensables para a súa saúde, converténdose nun novo imposto á enfermidade.

.
5º.- Inclúe un novo “medicamentazo” xa que anuncia a retirada das prestacións farmacéuticas da carteira básica, incrementando o copago, e retira medicamentos moi usados do financiamento público.
.
6º.- Incorre en intromisións graves nas competencias da Xunta de Galicia, limitando a súa capacidade de organización da asistencia sanitaria, tal e como recolle o Estatuto de Autonomía.
.
7º.- Cambia as condicións laborais do persoal da sanidade pública, diminuíndo o seu número e precarizando as súas condicións de traballo, coa conseguinte perda de calidade no servizo prestado.
.
8º.- Privatiza a xestión de áreas sanitarias, hospitais e centros de saúde, encarecendo o servizo e empeorando a súa calidade.


Por iso a plataforma anima aos veciños do Salnés a defender o sistema sanitario na mobilización do día 3 en Santiago. Haberá autobuses con saída desde O Grove, Cambados e Vilagarcía, ao prezo de tres euros o billete. Os interesados poden apuntarse chamando aos sindicatos; no 986 502000 de CC.OO.; no 986 505323 da CIG ou no 986 502957 de UGT. 



MANIFESTACIÓN
Domingo, 3 de xuño, ás 12 horas
desde a Alameda de Santiago de Compostela