Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de marzo de 2012

A FOLGA NA NOSA COMARCA



Resposta masiva da cidadanía nas manifestacións convocadas polos sindicatos en Vilagarcía nesta xornada de Folga Xeral.

A CIG xuntou a unhas tres mil persoas, e segundo recorda o sindicato foi unha das máis numerosas das que teñen celebrado na comarca. E UXT e Comisións Obreiras, pola súa banda, conseguiron mobilizar a unhas seis mil. 

Foron por separado, a CIG saíu da Casa do Mar para rematar na praza de Galicia, e UXT e Comisións iniciou e finalizou o seu percorrido na praza de Ravella. Os sindicatos son escépticos ante a reacción que terá o Goberno central, pero inda así esperan que pare a reforma laboral.
Segundo calcula a CIG, con esta reforma, nas zonas de Salnés, Caldas e Umia, o paro podería aumentarse en mil persoas máis neste ano. Sindicatos, como a CIG, manifestáronse dispostos a convocar novas xornadas de folga xeral no caso de que o Goberno Central siga adiante coa reforma.


Segundo os sindicatos o seguimento da folga xeral no Salnés foi practicamente do noventa  por cento. Maioritariamente na capital da comarca e non tanto noutras poboacións coma Cambados, O Grove e Sanxenxo onde a folga tivo maior seguimento nos polígonos industriais i en medianas empresas.  Na industria  o paro poderia chegar a máis do noventa por cento.




Os piquetes, informativos, quixeron deixar claro os sindicatos, a penas tiveron traballo e xa, desde a mañá cedo comprobaron que as industrias da comarca estaban pechadas.
O mesmo pasou no comercio e na hostalería. En Vilagarcía, nesta xornada tódolos establecementos da cidade secundaron a folga. 
A cidadanía, en xeral, considera que esta folga é necesaria pero non ven claro que vaia a servir de moito, á hora de que o Goberno Central recúe e retire o decreto da reforma laboral.




Na ensinanza o paro chegou o setenta e cinco por cento segundo CIG Ensino. Tanto en Primaria coma en Secundaria tanto mestres coma alumnos secundaron a xornada de folga nun alto porcentaxe.

Tamén houbo momento para o recordo na manifestación de onte convocada pola CIG. Así o responsable comarcal da CIG Xoán Xosé Bouzas lembrou no seu manifesto ao traballador morto e a os seus compañeiros feridos no incendio da nave de Comercial VILANOVA en Barro.



 

TITULARES DA PRENSA SOBRE A FOLGA

                                     TITULARES DA PRENSA SOBRE A FOLGA

Como veredes cada xornal ten unha impresión diferente de como foi a folga de onte. Nos tratamos de resumir en titulares o sentir de cada un. Sen dubida cada xornal fala da folga coa obxetividade que eles entenden. Cada un de vos sacará as conclusións que lle parezan oportunas.



LA VOZ DE GALICIA:

La huelga se hizo fuerte en los núcleos urbanos y en la gran industria

Las centrales sindicales advierten: «Tensaremos el pulso al Gobierno si no rectifica»


FARO DE VIGO


Más de 100.000 personas respaldan las manifestaciones contra la reforma laboral en la urbe olívica.
DIARIO DE AROUSA 

La huelga general vacía los polígonos y logra un 90 por ciento de seguimiento en la industria



Los sindicatos reúnen a 8.000 personas en las dos manifestaciones de Vilagarcía 



ABC

El Gobierno gana el primer pulso a los sindicatos

El seguimiento de la huelga se apreció en la industria pero no en las calles y, de media, solo uno de cada cinco trabajadores secundó el paro

LA RAZON 

29-M: día laborable

La huelga general fracasa: los sindicatos consiguen menos seguidores que en el «paro light» contra Zapatero. (Con foto de seis parados na que se dí que non fan folga que queren traballar, case igual que outros 5millóns)







EL PAIS

La protesta crece, el Gobierno resiste

Moderado seguimiento de la huelga, más en la industria y menos en el comercio

PUBLICO.es

Cientos de miles de personas exigen al Gobierno que rectifique

Manifestaciones multitudinarias secundan la huelga general contra la reforma laboral y evidencian el descontento social contra los recortes. Los sindicatos dan un mes para negociar al Ejecutivo, que minimiza la repercusión de los paros.

Queremos amosarvos as portadas dos catro xornais de tirada nacional que fan referencia especialmente ao fracaso, segùn eles, desta folga. Chama poderosamente a atención que a comparen coa anterior, en tempos de Zapatero. E sobre todo destacan os incidentes producidos por piquetes pouco informativos, que por desgracia sempre aparecen.

 

 

 

 

Para este blog unha folga xeral sexa secundada maioritariamente ou non é sinal de fracaso. Fracaso nas conversacións anteriores a ela, fracaso dos gobernos que non fixeron nada ou moi pouco por evitala. Fracaso dos sindicatos (non depende totalmente deles) pois non conseguen que os seus plantexamentos sexan escoitados. 

Podes ver cada xornal premendo en cada titular.

SEGUIMENTO DA FOLGA (sindicatos e Xunta)

                                                   VALORACIONS DESIGUAIS


Os sindicatos UXT e CCOO de Galicia cifraron nun 90% "de media" o seguimento da folga xeral ás 9.00 horas de onte, mentres a Confederación Intersindical Galega (CIG) fala de paralización " total" da industria e dos servizos na Comunidade autónoma.
A quenda de noite, segundo informaron UXT e CCOO nun comunicado conxunto, transcorreu "con normalidade e case sen incidentes destacables, excepto os derivados de actuacións policiais".

O seguimento da folga, segundo ambos os sindicatos, situouse en cerca do 90% nas principais vilas e cidades galegas, así como nas grandes empresas industriais e de servizos.
Á vista destes datos, CCOO e UXT destacan que se superan os resultados de participación das folgas anteriores"


Na mesma liña, a CIG valora o seguimento da folga xeral á primeira hora da mañá "ao constatarse a paralización total da actividade industrial, do transporte público e dos servizos de recollida de lixos nas principais cidades galegas". A CIG indica que as empresas máis importantes de Galicia apenas rexistran actividade, e citan o caso de Citroën en Vigo; Zara Loxística, Repsol e Alcoa na Coruña; Alcoa en Lugo; Dalfor e Adolfo Domínguez en Ourense; Navantia en Ferrol; Grupo Televés, Papeleira de Brandia e Castrosúa en Santiago, e Celulosas en Pontevedra.

Da mesma forma destaca que os portos e as lonxas de peixe tampouco teñen actividade, do mesmo xeito que os aeroportos e o servizo de trens.


VALORACIÓN DA XUNTA
A Xunta de Galicia cifrou nun 35% o seguimento da folga na Administración autonómica e os seus organismos dependentes, segundo informa nun comunicado a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza con datos ás 10.00 horas. Así mesmo, engade que os servizos mínimos están a cumprirse "na súa totalidade" e destaca a ausencia de incidentes.

En concreto, sinala que a porcentaxe media de participación nas distintas consellerías da Xunta e nos seus centros dependentes elevouse ao 34,93%, "sendo do 34,44% no ámbito da Administración xeral e do 36,44% nos organismos dependentes das distintas consellerías", indica.
No caso da sanidade, asegura que a folga foi secundada nos centros asistenciais do Sergas por un 26,02%, cun seguimento desigual a nivel provincial. Así, o fixa no 24,80% na provincia da Coruña; no 17, 96% en Lugo; no 23,07% en Ourense e no 31,80 na provincia de Pontevedra.

29 de marzo de 2012

MAIS DE 20 MILLÓNS DE SEGUIDORES

                                              LADY GAGA LIDER EN TWITTER

A diva do pop Lady Gaga converteuse na primeira tuitera en alcanzar a cifra de máis de 20 millóns de seguidores no seu perfil na popular rede social, segundo a páxina de estatísticas Twitter Counter.


Máis de 20.147.000 millóns de usuarios seguen á controvertida artista na popular rede social, onde lle seguen de cerca as contas do cantante Justin Bieber (18.136.000) e Katy Perry (15.765.000). En agosto de 2010, Lady Gaga desbancou a Britney Spears como raíña de Twitter ao atesourar 5.746.000 seguidores, 36.000 máis que Spears, que agora ten uns 13 millóns e medio de fans nesta rede social.
 


Gaga alzouse como unha das artistas máis activas nas redes sociais: madriña do xogo para Facebook "FarmVille", onde estreou cancións do seu ''Born this way", tuitea persoalmente moitas das súas actualizacións en redes sociais, nas que se dirixe aos seus fans como "monstruos", conta con case 50 millóns de seguidores en Facebook e está presente en 800.000 círculos de Google +.


Ademais, todo apunta a que Lady Gaga lanzará pronto a súa propia rede social para aglutinar aos seus fans: "Little Monsters" (pequenos monstros), que segundo se pode ver nunha vista previa da páxina servirá para compartir imaxes ao estilo da páxina Pinterest, unha idea que non sorprende xa que é habitual que Gaga retuitee debuxos e traballos artísticos inspirados na súa imaxe.


O primeiro español na lista é Alejandro Sanz con máis de 5.000.000 de seguidores. 



28 de marzo de 2012

OS SINDICATOS ANIMAN Á MOBILIZACION

                                                                                                                                 Os sindicatos apuran as súas mensaxes de mobilización para que o vindeiro xoves a folga xeral conte cun amplo respaldo. Chaman á conciencia dos traballadores presentando a reforma laboral do actual goberno do PP como un documento político, no que se plasma a súa ideoloxía conservadora, pero que en ningún momento, din desde UXT, foi redactada pensando nos traballadores. Chamamento especial fan ó sector da hostalería, ós autónomos e pequeno comercio a secundar a folga, porque eles, din en UXT, acabarán sendo os principais prexudicados pola reforma ó reducirse a capacidade adquisitiva da poboación.




Tralas asembleas e reunións con traballadores que veñen mantendo nos últimos días, na UXT aseguran que unha gran parte da poboación está concienciada da necesidade de tomar parte na folgar. Incluso sectores máis afastados dos ámbitos sindicais. É por isto que desde UXT e CCOO confían en que a folga xeral será un éxito.
Ambas formacións insisten en que a reforma laboral trunca o pacto social, dando carta branca ós empresarios, desprezando o pacto de moderación salarial incluído no acordo que sindicatos e patronal asinaron o pasado 25 de xaneiro, ademais de culpar ó goberno central de empregalo como arma para calar ás formacións sindicais.

Ollo ás coaccións
Esa impresión de amplo apoio á folga é compartida polo sindicato CIG, que convoca o paro á marxe de UXT e Comisións. Nun escrito remitido ós medios aseguran que nas distintas empresas polas que están a pasar chamando á folga, estanse a atopar cunha boa acollida por parte dos traballadores, sobre todo nos sectores da construción, metal e da industria, nos que agoiran que os paros serán maiores. No polo oposto atópase o sector servizos así como o pequeno comercio ou a hostalaría, onde as manifestacións de seguimento de folga son ambiguas ou fanse con reservas.
O sindicato nacionalista advirte tamén de que se están a atopar con indicios de coacción a traballadores nalgunhas empresas, ó obrigarlles a asinar un documento manifestando se secundarán ou non a folga. Desde a CIG alertan que se trata de unha coacción á liberdade dos empregados e unha infracción administrativa, polo que se pode denunciar.
Ademais, inciden en que só as empresas que prestan servizos esenciais á comunidade están obrigadas a manter servizos mínimos, medios que ten que determinar a Autoridade Laboral. Á marxe destas entidades, nos demais centros de traballo só se poden impor servizos de mantemento de instalacións, pero nunca para manter a cadea produtiva. 

O dereito a folga tense que respetar ao igual que o dereito ao traballo, polo tanto agardemos que a de mañán sexa unha xornada de reivindicación dos traballadores fagan ou non folga.


Cartel dun comercio anunciando unha folga anterior
  
 

27 de marzo de 2012

UN NOVO PARTIDO POLITICO?



NACIONALISMO

Os galeguistas de centro dialogan para alcanzar unha ''confluencia política''

 

Dirixentes de varios partidos de centro galeguista ( APG, Converxencia XXI, PGD, PNG, TEGA) mantiveron un encontro para iniciar "un proceso de diálogo" para "traballar decidida e definitivamente na confluencia política e organizativa" destas organizacións.

Vazquez Padín
Á reunión asistiron Henrique Carvalho, presidente de Alternativa Popular Galega (APG); Carlos Vázquez Padín, secretario xeral de Converxencia XXI (CXXI); Alfredo Bea, secretario xeral do Partido Galeguista Demócrata (PGD); Rosendo Covelo, secretario de organización do PNG-PG; e Guillermo Sánchez Tojo, secretario xeral de Terra Galega (TEGA).


Freddi Bea
Nun comunicado conxunto, estas organizacións explican que "Galicia precisa un compromiso redobrado nestes momentos difíciles" e "esixe un novo impulso nestes momentos de crise, tanto económica como de identidade ".
Por iso, anuncian que inician "un proceso de diálogo que permita traballar decidida e definitivamente na confluencia política e organizativa" dos seus partidos.
 






R. Covelo
 Conclúen que se trata dun "proceso aberto a aqueles cidadáns e organizacións que teñan a Galicia como prioridade e o centro como espazo político de referencia".

26 de marzo de 2012

FC PORTO DRAGON FORCE EN CAMBADOS

           
           FC PORTO  DRAGON FORCE EN CAMBADOS


Os vindeiros dias 2,3, e 4 de abril vaise celebrar nas instalacións do Pombal un campus  de futbol dirixido tan só para os rapaces da base do Juventud de Cambados. Organizado polo clube local e o FC Porto.


 Este Campus surxe trala  reunión que os pais dos rapaces da base e membros do clube luso mantiveron o pasado dia 10 do presente mes.


O Campus será en horario de mañá e tarde. 
Durante eses tres dias os rapces e máis os seus pais coñecerán máis a fondo o traballo que realizan os monitores portugueses na sua escola "DRAGON FORCE".
O clube luso conta con varias escolas repartidas polo veciño país e no seu afán de crecer puxeron o ollo na capital do albariño co interés de poder medrar eles e os clubes que  queiran integrarse na dinámica de "DRAGON FORCE"
Para máis información sobre este posible acordo remítovos a anteriores artigos publicados nete mesmo blog. 


ACORDO CAMBADOS-PORTO SEGUE NO AIRE e  REUNION DOS PAIS DA BASE DO J. CAMBADOS


 

1º Xornada de Por Dereito: Ferramentas para a inclusión

 1º Xornada de Por Dereito: Ferramentas para a inclusión

Compartimos con todos vos a nova de POR DEREITO sobre as xornadas a celebrar próximamente na ILLA.

Temos o pracer de comunicarvos que Por Dereito vai celebrar as súa primeira xornada co título "Ferramentas para a Inclusión" co apoio inestimable do Concello da Illa e a Plataforma Inclusión TEA Sí.
O obxectivo é precisamente dar a coñecer ferramentas útiles para a inclusión real e efectiva das persoas con TEA e outras diversidades en tódolos ámbitos da vida: educativo, social e laboral.
 Presentaremos tres exemplos de inclusión educativa en centros ordinarios, inclusión efectiva e real, un exemplo de inclusión laboral e facilitadores da inclusión social.

  Os nosos amigos do ARASAAC virán dende Aragón para falarnos do portal de educación aumentativa da súa comunidade que tanto nos está axudando a tódolos niveis e de forma tan desinteresada.
Falando de inclusión temos que dicir que queda moitísimo por facer e a Plataforma Inclusión TEA Sí e Por Dereito estarán alí para falar deste tema.
 Animádevos e vide a estar con nós neste evento tan especial e tan interesante, asegurámosvos que non vos arrepentiredes.

Instruccións para a inscripción en :http://pordereito.blogspot.com.es/2012/03/formulario-de-inscripcion.html

 

23 de marzo de 2012

Día Mundial de la Metereología




Día Mundial de la Metereología
Barómetro
(Usado para medir
la presión atmosférica)
El Día Mundial de la Metereología Mundial se celebra el 23 de marzo y es la ocasión ideal para advertir acerca de los efectos que tiene la contaminación en el clima. El adelgazamiento de la capa de ozono ha provocado un calentamiento de la tierra que podría representar un aumento de la temperatura hasta de 4.5º C hacia el año 2100, si no se adoptan medidas preventivas.
Se teme que esto pueda provocar el deshielo de glaciares y zonas polares provocando que el nivel del mar se eleve a hasta en 95 centímetros, lo cual amenazaría la propia existencia de algunos países insulares con zonas bajas y planicies costeras.
Durante la celebración de un nuevo aniversario, debe resaltarse la importancia de comprender mejor la función de los océanos en el sistema climático, y la necesidad de contribuir en la preservación de este vital recurso natural como legado para las generaciones futuras.

Dada la vulnerabilidad del hombre ante los fenómenos y cambios climatológicos, contar con servicios metereológicos que puedan prevenir desastres es imprescindible. La Organización Metereológica Mundial (OMM) en conjunción con la Comisión Oceanográfica Intergubernamental de la UNESCO (Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura ) y otras organizaciones, realizan una vigilancia constante del los océanos a nivel mundial, por medio de satélites de observación, estaciones meteorológicas, aeronaves, boyas meteorológicas, etc.
Para hacer un balance de estos programas se institucionalizó el Día Mundial de la Metereología, ocasión propicia para realizar foros y seminarios que sirvan para analizar y conseguir soluciones a los problemas ambientales del mundo.
La Metereología es fundamental para predecir sequías, inundaciones y otro tipo de fenómenos que causan estragos a la humanidad. 



La Organización Mundial de la Meteorología
Desde la predicción meteorológica hasta la investigación sobre la contaminación del aire, pasando por el cambio climático, los estudios del agotamiento de la capa de ozono y la predicción de las tormentas tropicales, la Organización Meteorológica Mundial (OMM) coordina la actividad científica mundial para que la información meteorológica, y otros servicios lleguen con rapidez y precisión cada vez mayores al público, al usuario privado y comercial, a la navegación aérea y marítima internacional.
Las actividades de la OMM contribuyen a la seguridad de vidas y bienes, al desarrollo socioeconómico de las naciones y a la protección del medio ambiente.
Con sede en Ginebra, esta Organización cuenta con 185 Miembros, forma parte de las Naciones Unidas y es la voz científica y autorizada en cuanto concierne al estado y al comportamiento de la atmósfera y el clima de la Tierra.
El Convenio Meteorológico Mundial, por el que se creó la Organización Meteorológica Mundial (OMM), fue adoptado en la Duodécima Conferencia de Directores de la Organización Meteorológica Internacional (OMI) reunida en Washington en 1947.
Aunque el Convenio mismo entró en vigor en 1950, la OMM inició efectivamente sus actividades como sucesora de la OMI en 1951, y, a fines de este año quedó establecida como organismo especializado de las Naciones Unidas por acuerdo concertado entre las Naciones Unidas y la OMM.
Los fines de la OMM son facilitar la cooperación internacional en servicios y observaciones meteorológicos, promover el intercambio rápido de información meteorológica, la normalización de las observaciones meteorológicas y la publicación uniforme de observaciones y estadísticas.
También fomenta la aplicación de la meteorología a la navegación aérea y marítima, a los problemas del agua, a la agricultura y a otras actividades humanas, promueve la hidrología operativa y estimula la investigación y capacitación en meteorología.


Fuente: Organización Meteorológica Mundial de la Organización de Naciones Unidas.

VERBENAS EN GALEGO


Un proxecto inspirado en Los Tamara promoverá o uso do galego nas festas populares 

 

"Un pobo que non canta na súa lingua é un pobo sen identidade de seu". Pouco antes do seu pasamento, o músico e compositor Prudencio Romo, integrante da xa mítica orquestra Los Tamara, explicou maís ou menos con estas verbas nunha entrevista emitida pola TVG as razóns que o moveran a cantar en galego.
Tomando como referencia a súa lembranza, e tamén como homenaxe a súa figura, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística presentaron este serán en Santiago a iniciativa Mil festas para a lingua galega, coa que pretenden fomentar o idioma propio da comunidade nos múltiples festexos espallados por terras galegas -cífranos en máis de 7.000-. Neste empeño, contarán co apoio de máis de 30 concellos, institucións e entidades culturais e educativas, organizacións sindicais e artistas e intelectuais.

No seu afán, os promotores desta campaña prepararon xa un catálogo con recomendacións destinadas ás comisións de festa e consistorios, a fin de lograr unhas romerías "innovadoras, participativas" e, por suposto, "galeguizadas". Entre estes consellos destacan a exaltación da identidade territorial nos actos dos programas festivos, incentivar a presenza do himno e a bandeira, establecer unha cláusula nos contratos das orquestras para que inclúan no seu repertorio versións en galego -propoñen fixar unha porcentaxe do 20%- e se dirixan ao público nesta lingua, que a publicidade e o pregón sexan no mesmo idioma ou que se promocionen os produtos gastronómicos do país.
As propostas chegan incluso ao ámbito divino. Así, solicitan a colaboración dos cregos para que as liturxias programadas no marco destas festividades, como misas ou novenas, sexan tamén en galego. A finalidade é desterrar fasos mitos lingüísticos que aínda teñen moitos fregueses. Por suposto, os programadores gardaron tamén un oco nos seus plans para o recordo de Prudencio Romo, cun pequeno documental que pretenden que as orquestras de Galicia divulguen durante as súas actuacións nas verbenas.

PRESENTACIÓN
Na presentación, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou que esta proposta busca "incidir nun dos espazos que tradicionalmente son os máis proclives á socialización para moitos galegos". Deste xeito, animou a todos os axentes implicados a "recuperar estes escenarios lúdicos para facer máis presente o que sen dúbida é o elemento que caracteriza a nosa principal singularidade como pobo: a lingua galega".
Neste acto, García estivo acompañado por Xoaquín Monteagudo, presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, Manuel González González, secretario da Real Academia Galega; e Carlos Varela, fiscal superior de Galicia. Tamén estiveron presentes axentes dos distintos ámbitos da vida sociocultural do país, dado que a campaña atínxelles principalmente a eles, ao estar dirixida a un sector tan específico como é o da produción e organización de festexos.



Boa pedra de toque para o Xuven de cara ó playoff

                                                            XUVEN -FERROL



Pouco se xoga o Xuven esta fin de semana, porque xa é primeiro de grupo seguro, pero sen embargo, prevese un partido bonito no Pombal. Será a derradeira oportunidade para ver ós de Yago Casal xogando na casa antes do playoff. O rival, será un bo aperitivo para eses encontros decisivos. Visítalles o sábado o Recinor Ferrol, actual campión de liga e segundo clasificado a día de hoxe.
Xa está todo practicamente decidido na EBA pero o deste sábado non será un partido máis para o Establecimientos Otero. Ben é certo que os cambadeses serán primeiros, pase o que pase nestas últimas dúas xornadas ligueiras, pero os alicientes son varios. O primeiro, que o rival é o Recinor Ferrol, un dos equipos máis fortes da categoría nos últimos anos, campión o ano pasado, aínda que logo se quedaría sen o premio do ascenso ás primeiras de cambio. Desta volta os ferroláns chegan segundos á cita cun balance de 13 victorias e 5 derrotas. Para eles o encontro é importante, xa que manteñen unha dura pugna por esa segunda praza con Marín, co que está non só igualados a triunfos, senón tamén no basketaverage particular.

A motivación do rival será polo tanto alta. O Xuven debe buscar igualar ó máximo ese aspecto pensando que este será o derradeiro partido que disputarán ante a súa afección antes do primeiro playoff, que a día de hoxe lles enfrontaría ó SAB Torrelavega. E que mellor maneira de preparar un partido coma ese, que cunha boa pedra de toque como o Recinor Ferrol. Un equipo que secunda ó Xuven en practicamente tódalas estadísticas positivas. O seu único lunar, as máis de 16 perdas de balón por encontro.
Trátase dun equipo cunha gran profundidade de banquiño e moi veterano pero no que a súa principal figura é un rapaz de 21 anos, Juan Pablo Sutina, dos mellores da liga en anotación e valoración. As claves do encontro volverán a pasar pola intensidade dos locais, tanto no seu xogo de ataque, como sobre todo na defensa.
 

SE DENUNCIAS PODES SER DESPEDID@?

COMO XA NOS TEMIAMOS, LUIS ARAGUNDE "DECAPITA" A                      SECRETARIA DO CONCELLO 

 Hoxe queremos facernos eco da nova publicada polo noso blog amigo A TI MEU CAMBADOS na que se comenta o cesamento da secretaria municipal de Cambados

A continuación reproducimos o artigo tal e como o vemos publicado, para que vos saquedes as conclusións que vos parezan.


Onte a noite o BNG comunicanos mediante o seu blog unha das novas mais impactantes do Concello de Cambados, a “decapitación” da Secretaria do concello ,  Angela Maria Viqueira Allo, que ven a ser a segunda víctima do “Caso Costas” que está a poñer as claras os problemas que existen no area do urbanismo do Concello . Luis , temoroso perante o que "poidera cantar “ a outra funcionaria implicada ” decideuse polo mais doado , defenestrar a unha rapaza que viña
con gañas de facer algo de limpeza  nos sumidoiros do urbanismo cambadés. O BNG está así a amosar a pelicula definitiva dos feitos onde ven a dicir as claras, como xa comentaban  antes, que esto non era un problema entre duas compañeiras de traballo, este era un problema moito mais fondo  no que están implicadas moitas mais persoas, algunhas tan veteranas  que chegan a ser intocables (ate o de agora,  porque temos probas en contrario). 

a "GAÑADORA"
O BNG neste senso está a facer unha labor , ingrata, molesta pero fiscalizadora da vida municipal. É probable que estes vindeiros dias o BNG lle quite os colores a Aragunde por razóns que polo de agora non podemos descubrir.  Xa denunciabamos o día  16/03/12  neste mesmo blog textualmente  un agoiro que dicia “Parece ser, agás sorpresa maiuscula en contrario,  que estes dias vai ter lugar o cese doutro alto cargo  no Concello de Cambados, segundo as nosas informacións porque está a descubrir a “orixe” do “rollo do urbanismo”.  E o tempo, testemuña inapelabel, venos a dar a razon. ¡Ai Luisiño en que lios andas metido!, parecer ser que o urbanismo en Cambados estabache a dar unhas ganancias  coas que ti non pensabas cando estabas de tenente de alcalde, pero tranquilo que temos toda a pelicula dos feitos. En troques a prensa de Arousa, e dicir “Faro de Vigo, A Voz de Galicia, e Diario de Arousa” enchidas de coprporativismo co seu colega no concello, e coñecedores do problema “fanse de Cobas”.  O BNG, hoxe mesmo ven de presentar un escrito no Concello que di o seguinte: 
A "PERDEDORA"
"""Víctor Caamaño Rivas, portavoz do grupo municipal do BNG de Cambados,
EXPÓN: que  o grupo municipal do BNG acaba de ter coñecemento de que hoxe, día 23 de marzo, cesa no seu cargo a actual secretaria do concello, Ángela María Viqueiro Allo,  e toma posesión un novo secretario para ocupar a praza vacante. Recentemente, a citada Secretaria, viña de ter un conflito cunha funcionaria do departamento de obras do concello  que , incluso, propiciou unha demanda xudicial e, ademais,  é público que este conflito non era debido a unha cuestión  puntual, senón que ten a súa orixe  en determinados “vicios” do funcionamento do concello que vostede dirixe. Tamén era de coñecemento público que desde que se producira o referido  conflito, os días da Secretaria no concello non excederían o mes de marzo, razón pola que
SOLICITA: que,
"o FLOCLORICO"
1º.-  Se lle informe ao BNG cal foi o verdadeiro motivo que causou o cese da secretaria, Ángela María Viqueiro Allo.
2º.- Solicitamos, igualmente, que o novo secretario dispoña dun despacho único no concello que non comparta con ningún outro traballador, como viña sucedendo ata o de agora, para que calquera consulta dos representantes políticos ou de veciños e veciñas, poida ser realizada con total confidencialidade; como debe ser.
En Cambados a 23 de marzo de 2012
Asinado: Víctor Caamaño Rivas
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CAMBADOS"""
Continuará..........................................

22 de marzo de 2012

Ruta Real do Pai Sarmiento

                         CAMIÑO XACOBEO PONTEVEDRA- SALNES


O camiño, coñecido como Ruta Real do Pai Sarmiento, era o antigo enlace entre a cidade do Lérez coa comarca do Salnés.
O vindeiro sábado 31 de marzo estrearase o segundo e último tramo do camiño Xacobeo que une a cidade de Pontevedra coa comarca do Salnés. O primeiro, desde a cidade do Lérez ata Meis, abríase o pasado dez de marzo cunha expedición na que participaron algúns dos impulsores desta iniciativa: Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Deputación de Pontevedra, Mancomunidade do Salnés e a Asociación Cultural de Campañó.

 
Este segundo tramo do camiño partirá do Mosteiro de Armenteira para culminar, despois de catro horas de andaina e 23,6 quilómetros de distancia, na estación marítima de Vilanova. Con esta iniciativa, os seus promotores pretenden rescatar o camiño que unía Pontevedra e o Salnés antes da construción da Ponte da Barca, a coñecida como Ruta Real do Pai Sarmiento, que se remonta ó ano 1745.
Esta variante do camiño Xacobeo portugués constitúe a unión entre as rutas terrestres e marítima de peregrinaxe, polo que os seus impulsores pretenden que sirvan tamén para poñer en valor a paisaxe e monumentos que se levantan ó seu paso. 

Aqueles que desexen participar na ruta deberán estar o sábado 31 de marzo ás oito e media da mañá no Mosteiro de Armenteira. De alí partirá a expedición para percorrer a Ruta da Pedra e da Auga, os Muíños de Barrantes, o sendeiro de Ribadumia, Pontearnelas ou a Ruta Valleinclaniana para rematar na rada vilanovesa, onde aqueles que queiran poderán embarcar no catamarán para participar dun xantar a bordo. 


                                                                
A Ruta do Viño Rías Baixas presenta o seu Pasaporte Especial Semana Santa 
                                                                                                           Trátase da última iniciativa posta en marcha por este organismo co obxectivo de promocionalo atractivo da Ruta.
Pasaporte Especial Semana Santa. Este é o nome da nova iniciativa que ven de pór en marcha a Ruta do Viño Rías Baixas de cara a promocionalos atractivos da mesma durante esta época do ano e conseguir así gran afluencia de visitantes. Deste xeito, todos aqueles que dispoñan dunha destas credenciais poderán gozar de 55 propostas diferentes que ofrecen os 39 establecementos participantes do Salnés, Ribeira do Ulla e O Rosal. 


Entre as propostas que se ofrecen inclúense prezos especiais en restauración, visitas gratuítas a adegas, obsequios de regalo e grandes descontos. O único que terá que facer o visitante é descargalo pasaporte na páxina web da ruta ou adquirilo en cada destino e contactar previamente con eles. Unha vez alí cada entidade será a encargada de selar a nosa credencial.
E para coñecela Ruta antes de visitala e de maneira sinxela, este organismo ven de por en marcha unha Guía Móbil. Trátase dunha aplicación móbil a través da cal se pode acceder a toda a información sobre establecementos, patrimonio ou recursos 
gastronómicos das Rías Baixas. 


Poderáse obter o Pasaporte nas oficinas de turismo, nos establecemento participantes e descargandoo da web: http://www.rutadelvinoriasbaixas.com/sites/default/files/archivos/2012/03/pasaporte_semana_santa.pdf
E a guía móbil en:
http://www.rutadelvinoriasbaixas.com/apps.html

Péchase o percorrido das etapas pontevedresas da Volta

 

                                                        "LA VUELTA" 2012 NO SALNES
 
Xa está pechado o percorrido das tres etapas da Volta a España que atravesarán a provincia de Pontevedra. Na comparecencia desta mañá non houbo sorpresas e confirmáronse os trazados que se viñeron anunciando en anteriores datas. En total serán 30 os concellos pontevedreses que verán pasar o pelotón ciclista. Unha primeira etapa en liña entre Ponteareas e Sanxenxo, a contrarreloxo Cambados-Pontevedra e a saída de Vilagarcía con final no Mirador do Ézaro, que pasará por Caldas, Cuntis, Moraña ou A Estrada. 

 
A Volta fará catro noites en Pontevedra, unha marea de 2.500 persoas que estarán na provincia eses días. Datos que destacaba Javier Guillén, Director xeral de Unipublic, a empresa organizadora do evento, que depositou a súa confianza aquí logo dos bos resultados obtidos o ano pasado.
Pola súa parte, Rafael Louzán anunciou a celebración durante os meses de maio e xuño de 12 marchas cicloturistas, organizadas tamén co apoio de Unipublic, que atravesarán 15 concellos da provincia e que baixo o lema 'Únete á Volta', pretende sacar 25.000 bicicletas ás estradas pontevedresas.

 
Asimesmo o Presidente provincial anunciou que nas vindeiras semanas realizaranse dous actos oficiais de presentación destas etapas, nos que pretende contar cos alcaldes de tódolos concellos polos que pasará a rolda ciclista.

21 de marzo de 2012

AS CONTAS DOS PARTIDOS POLÍTICOS

                     COMO SE FINANCIAN LOS PARTIDOS POLITICOS?


 En el año 2006 los partidos políticos recibieron 10,6 millones de euros en donaciones privadas, de las cuales el 90% fueron “anónimas”. Pero no sabemos qué ha pasado en 2007, ni en 2008, ni en 2009, ni en 2010. No sabemos cuales son los actuales vínculos de los partidos con empresas y bancos. ¿Por qué? Porque el Tribunal de Cuentas, el órgano encargado legalmente de supervisar esa financiación, no ha publicado todavía los informes correspondientes a esos años. ¿Por qué?










 
Nadie lo sabe. Lo que sí sabemos es que la Ley de Financiación de Partidos Políticos del año 2007 dispone que los partidos deben presentar sus cuentas anuales antes del 30 de junio del año siguiente, y da un plazo de otros 6 meses al Tribunal de Cuentas para emitir un informe sobre la financiación de cada partido. A pesar de ello, el último informe presentado por el Tribunal corresponde al ejercicio 2006 y fue publicado en el año 2010.


Por eso Miguel y Sarai han creado una petición para pedirle al Tribunal de Cuentas que publique ya esos informes. Sólo si nos unimos para denunciar esta situación y aumentamos la presión pública podremos arrojar luz sobre este oscuro tema y fortalecer nuestra democracia.
 
 
La transparencia es una de las garantías de una democracia en buen estado. Saber quién financia a los partidos políticos es esencial para conocer los intereses que puedan interferir en su labor. El Tribunal de Cuentas es el órgano encargado de velar por esa transparencia, pero debido a su falta de acción no sabemos si los partidos que se presentaron a las últimas elecciones generales cumplieron la ley, si han aceptado donaciones ilegales, si les han "perdonado" deudas los bancos o si han superado los límites establecidos para las donaciones privadas. 
 




20 de marzo de 2012

Éxito rotundo da I edición de 'Albariño e Vieiras, excelente maridaxe'



VIEIRAS E ALBARIÑO



Tonino Botana e J L Aragunde


Unhas oitenta persoas déronse cita na primeira edición destas xornadas que superaron tódalas expectativas dos organizadores.
Adegueiros, restauradores, hostaleiros, profesionais do sector, etc. Ata un total de 80 persoas déronse cita nas xornadas promocionais enogastronómicas ‘Albariño e Vieiras, excelente maridaxe’ que se celebraron os días 16 e 17 de marzo en Cambados.
Unhas cifras que desde o concello valoraron moi positivamente e que se apreciaron tanto nas actividades técnicas como nas demostracións culinarias. Pola súa banda, a afluencia ós concertos tamén foi consideradas.

 
 
Uns resultados que, sen dúbida, superaron tódalas expectativas de participación. Ademais, segundo Mané Galiñanes, conseguiron un dos obxectivos que pretendían con estas xornadas: desestacionalizala promoción destes produtos da época estival.
Ante este éxito, desde o concello xa confesaron que esta será a primeira de moitas outras edicións. Ademais, adiantaron que están traballando noutras iniciativas de promoción. Por unha banda, estarán na feira Enotur que se vai a celebrar en Madrid e, por outra, agardan poder acoller este ano o Congreso Nacional da Asociación Española de Ciudades del Viño.