O camiño, coñecido como Ruta Real do Pai Sarmiento, era o antigo enlace entre a cidade do Lérez coa comarca do Salnés.
O
vindeiro sábado 31 de marzo estrearase o segundo e último tramo do
camiño Xacobeo que une a cidade de Pontevedra coa comarca do Salnés. O
primeiro, desde a cidade do Lérez ata Meis, abríase o pasado dez de
marzo cunha expedición na que participaron algúns dos impulsores desta
iniciativa: Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Deputación de
Pontevedra, Mancomunidade do Salnés e a Asociación Cultural de Campañó.
Este
segundo tramo do camiño partirá do Mosteiro de Armenteira para
culminar, despois de catro horas de andaina e 23,6 quilómetros de
distancia, na estación marítima de Vilanova. Con esta iniciativa, os
seus promotores pretenden rescatar o camiño que unía Pontevedra e o
Salnés antes da construción da Ponte da Barca, a coñecida como Ruta Real
do Pai Sarmiento, que se remonta ó ano 1745.
Esta
variante do camiño Xacobeo portugués constitúe a unión entre as rutas
terrestres e marítima de peregrinaxe, polo que os seus impulsores
pretenden que sirvan tamén para poñer en valor a paisaxe e monumentos
que se levantan ó seu paso.
A Ruta do Viño Rías Baixas presenta o seu Pasaporte Especial Semana Santa |
Trátase da última iniciativa posta en marcha por este organismo co obxectivo de promocionalo atractivo da Ruta.
Pasaporte
Especial Semana Santa. Este é o nome da nova iniciativa que ven de pór
en marcha a Ruta do Viño Rías Baixas de cara a promocionalos atractivos
da mesma durante esta época do ano e conseguir así gran afluencia de
visitantes. Deste xeito, todos aqueles que dispoñan dunha destas
credenciais poderán gozar de 55 propostas diferentes que ofrecen os 39
establecementos participantes do Salnés, Ribeira do Ulla e O Rosal.
Entre
as propostas que se ofrecen inclúense prezos especiais en restauración,
visitas gratuítas a adegas, obsequios de regalo e grandes descontos. O
único que terá que facer o visitante é descargalo pasaporte na páxina
web da ruta ou adquirilo en cada destino e contactar previamente con
eles. Unha vez alí cada entidade será a encargada de selar a nosa
credencial.
E
para coñecela Ruta antes de visitala e de maneira sinxela, este
organismo ven de por en marcha unha Guía Móbil. Trátase dunha aplicación
móbil a través da cal se pode acceder a toda a información sobre
establecementos, patrimonio ou recursos
gastronómicos das Rías Baixas.
Poderáse obter o Pasaporte nas oficinas de turismo, nos establecemento participantes e descargandoo da web: http://www. rutadelvinoriasbaixas.com/ sites/default/files/archivos/ 2012/03/pasaporte_semana_ santa.pdf
E a guía móbil en:
http://www. rutadelvinoriasbaixas.com/ apps.html
gastronómicos das Rías Baixas.
Poderáse obter o Pasaporte nas oficinas de turismo, nos establecemento participantes e descargandoo da web: http://www.
E a guía móbil en:
http://www.
1 comentario:
Poderáse obter o Pasaporte nas oficinas de turismo, nos establecemento participantes e descargandoo da web: http://www.rutadelvinoriasbaixas.com/sites/default/files/archivos/2012/03/pasaporte_semana_santa.pdf
E a guía móbil en:
http://www.rutadelvinoriasbaixas.com/apps.html
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.