Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de marzo de 2012

Boa pedra de toque para o Xuven de cara ó playoff

                                                            XUVEN -FERROL



Pouco se xoga o Xuven esta fin de semana, porque xa é primeiro de grupo seguro, pero sen embargo, prevese un partido bonito no Pombal. Será a derradeira oportunidade para ver ós de Yago Casal xogando na casa antes do playoff. O rival, será un bo aperitivo para eses encontros decisivos. Visítalles o sábado o Recinor Ferrol, actual campión de liga e segundo clasificado a día de hoxe.
Xa está todo practicamente decidido na EBA pero o deste sábado non será un partido máis para o Establecimientos Otero. Ben é certo que os cambadeses serán primeiros, pase o que pase nestas últimas dúas xornadas ligueiras, pero os alicientes son varios. O primeiro, que o rival é o Recinor Ferrol, un dos equipos máis fortes da categoría nos últimos anos, campión o ano pasado, aínda que logo se quedaría sen o premio do ascenso ás primeiras de cambio. Desta volta os ferroláns chegan segundos á cita cun balance de 13 victorias e 5 derrotas. Para eles o encontro é importante, xa que manteñen unha dura pugna por esa segunda praza con Marín, co que está non só igualados a triunfos, senón tamén no basketaverage particular.

A motivación do rival será polo tanto alta. O Xuven debe buscar igualar ó máximo ese aspecto pensando que este será o derradeiro partido que disputarán ante a súa afección antes do primeiro playoff, que a día de hoxe lles enfrontaría ó SAB Torrelavega. E que mellor maneira de preparar un partido coma ese, que cunha boa pedra de toque como o Recinor Ferrol. Un equipo que secunda ó Xuven en practicamente tódalas estadísticas positivas. O seu único lunar, as máis de 16 perdas de balón por encontro.
Trátase dun equipo cunha gran profundidade de banquiño e moi veterano pero no que a súa principal figura é un rapaz de 21 anos, Juan Pablo Sutina, dos mellores da liga en anotación e valoración. As claves do encontro volverán a pasar pola intensidade dos locais, tanto no seu xogo de ataque, como sobre todo na defensa.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.