Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de marzo de 2012

1º Xornada de Por Dereito: Ferramentas para a inclusión

 1º Xornada de Por Dereito: Ferramentas para a inclusión

Compartimos con todos vos a nova de POR DEREITO sobre as xornadas a celebrar próximamente na ILLA.

Temos o pracer de comunicarvos que Por Dereito vai celebrar as súa primeira xornada co título "Ferramentas para a Inclusión" co apoio inestimable do Concello da Illa e a Plataforma Inclusión TEA Sí.
O obxectivo é precisamente dar a coñecer ferramentas útiles para a inclusión real e efectiva das persoas con TEA e outras diversidades en tódolos ámbitos da vida: educativo, social e laboral.
 Presentaremos tres exemplos de inclusión educativa en centros ordinarios, inclusión efectiva e real, un exemplo de inclusión laboral e facilitadores da inclusión social.

  Os nosos amigos do ARASAAC virán dende Aragón para falarnos do portal de educación aumentativa da súa comunidade que tanto nos está axudando a tódolos niveis e de forma tan desinteresada.
Falando de inclusión temos que dicir que queda moitísimo por facer e a Plataforma Inclusión TEA Sí e Por Dereito estarán alí para falar deste tema.
 Animádevos e vide a estar con nós neste evento tan especial e tan interesante, asegurámosvos que non vos arrepentiredes.

Instruccións para a inscripción en :http://pordereito.blogspot.com.es/2012/03/formulario-de-inscripcion.html

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.